Borja, alumno de Electricidade deste centro, é un gran lector que aproveita os recreos e calquera outro momento libre, para achegarse á biblioteca e gozar do libro que ten entre mans.
Pero, ollo!, nunca di que non a calquera proposta de colaboración: deixa o libro na mesa e aí o tes disposto a montar unha exposición de libros, facer un artigo para o blogue recomendando lecturas, ou axudar na decoración da biblioteca.
Como podedes comprobar na súas preferencias están a fantasía e as sagas. Algúns dos libros tomounos en préstamo da biblioteca (As leyendas de Otori, Alas negras e Alas de fuego, El nombre del viento, Corazón de tinta, Sangre de tinta e Muerte de tinta), pero outros son adquisicións propias comoLas crónicas de Dragonlance ( El retorno de los dragones, La tumba de Huma e La reina de la oscuridad).
Outra vez, grazas Borja pola túa colaboración e ás túas propostas de lectura. De seguro que @s amantes deste tipo de literatura darán boa conta delas, sobre todo se ven o entusiasmo con que as les.
Unha das celebracións deste ano será o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández polo que pode ser un bo momento para lembrara súa vida, coñecer os seus poemasou rebuscar parte da súa obrana biblioteca.
Nanas de la cebolla é un emotivo poema que Miguel, desde o cárcere, dedicou ao seu fillo despois de coñecer a través dunha carta da súa muller Josefina, que só lle podía alimentar con pan e cebola neses duros momentos da guerra civil española.
Hai uns anos, Joan Manuel Serrat tivo o acerto de poñerlle música:
O equipo gañador de Falamos, achéganos o seu relato do acontecido no certame.
A ledicia pola vitoria do noso equipo é compartida por toda a Comunidade Educativa das Mariñas, como nos fixeron saber. Nós valoramos este tipo de actividades como moi interesantes para complementar a nosa formació, porque nos serven para aprender a investigar, a contrapor posicións, a escoitar, a saber defender argumentos en público ou a traballar en equipo.
Contámosvos: o venres 15 de xaneiro de 2010 celebrouse na E.T.S. de Náutica da Coruña o torneo de debate FALAMOS convocado pola Concellalía de Normalización Lingüística e organizado pola AS-PG. O tema de debate foi: O GALEGO, UN DEREITO OU UNHA OBRIGA?, e nel participamos oito equipos de distintos Institutos da comarca da Coruña. Os debates foron sucedéndose ao longo do día, desde as 8.45 da mañá en que confrontamos ideas o equipo do noso centro, As Mariñas de Betanzos e o Zalaeta de Coruña. Os 8 equipos estabamos organizados en dous grupos e o mellor de cada un deles disputaba a final, que foi entre o noso e o Monte das Moas, gañando finalmente o certame AS MARIÑAS de Betanzos. O equipo está integrado por Cristina González, Samuel Ois, Sergio Fernández, Sonia Martínez e Dores Cao (a capitá), e premiáronos nada menos que cunha viaxe a Lisboa e tamén unha colección de libros de Biblos . O equipo finalista levou cadanseu MP4 e os lotes de libros. Ademais a nosa Sonia Martínez Rilo obtivo o 2º premio á mellor oradora (un MP4 e un lote de libros). Imos recordar algúns dos argumentos que alí expuxemos a respecto deste tema tan de actualidade e que nos preocupa especialmente:
“Meus pais ensináronme unha lingua: o galego. Foron eles os que me agarimaron en galego e pouco a pouco dende a miña gorxa saían palabras que compoñían frases e que ao final serán todas esas frases o compoñente e legado que deixarei aos que veñan despois de min. Polo tanto, tamén teño a obriga de honrar a esas persoas que co galego legáronme un dos patrimonios máis importantes que ten un individuo: O IDIOMA, por iso, grazas, e estarei para sempre obrigado con vós.”
“Nós non estamos dispostos a renunciar a eses dereitos que, por desgraza, moito tempo levou conseguir. Alá cada un coas súas incompetencias, complexos e irresponsabilidades. Pero nós temos moi clara unha cous:, somos galegos, falamos galego e defenderemos o dereito a utilizar o noso idioma porque, en realidade, estamos a defender os nosos dereitos como cidadáns e ao mesmo tempo o máximo patrimonio colectivo que temos. E a iso, non renunciaremos xamais”.
E xa para finalizar esta fermosa aventura, o equipo das Mariñas queremos agradecer aos que fixeron posible este certame, así como o do pasado ano e como non as dúas Ligas Galegas de Debate, porque todos eles foron experiencias formativas, vivencias que completaron as mochilas invisibles da nosa aprendizaxe e as nosas vivencias. Tamén lembramos con moito agarimo aos que formaron parte do equipo en anteriores edicións: a Adrián Fernández, a Mónica Loureiro e a Adriana Yáñez, así como a todas as persoas que dunha ou doutra maneira nos axudastes, como sodes moitas non imos citarvos, sobre todo porque se nos pode esquecer algún nome, pero grazas pola axuda. Con todo temos que citar uns nomes que foron decisivos, sen eles non tería sido o mesmo; con moito agarimo e gratitude o agradecemento máis especial a Xurxo Fernández, a Iolanda Méndez, a Francisco Bran, anterior director das Mariñas, e a Miguel Vilela, o noso prezado director.
Sam está a punto de cumplir los dieciséis años y su pasión es el skate. Vive en el norte de Londres con su madre, una joven divorciada. A pesar de los temores de la adolescencia, a Sam las cosas no le van del todo mal. Ha superado el período de la separación de sus padres y los problemas con las odiadas matemáticas. Y ha conocido a Alicia, se han enamorado, y están en los eufóricos días del primer amor y de la primera vez. Pero, a pesar de tanta excitación, el chico no se siente muy optimista. En su familia siempre tropezaron con el primer peldaño, y a veces ni siquiera encontraron la escalera, entre los suyos parece haber un gen que les impide cumplir los sueños de ascender en la escala social. Y Sam se enterará de lo que todo el mundo sabe, que lo que más secretamente tememos siempre sucede. O sea que tendrá que vérselas con una iniciación a la vida muy movida. Y unos cuantos peldaños con los que tropezar...
Nick Hornby lo ha vuelto a hacer. Ha escrito una novela sólida, irónica y divertida, muy urbana, en la que los lugares nos suenan y los diálogos entre los adolescentes suenan frescos y nada impostados: una novela de adolescentes que todos debemos leer. (El placer de la lectura)
La última novela de Nick Hornby, Todo por una chica, representa la pura realidad: lo que le pasa al protagonista podría pasarle a cualquier adolescente; de ahí surge parte del gran éxito que está teniendo esta novela. Me pregunté al acabarlo por qué este libro estaba gustando tanto a jóvenes y a adultos por igual, y me di cuenta de que es así porque Nick retrata muy bien a los adolescentes y estos se sienten totalmente identificados, no sólo con sus personajes jóvenes, sino con la relación paterno-filial, con las descripciones que hace sobre el amor y el deseo y con la amistad.(Dosdoce)
Desde a biblioteca queremos darlle a noraboa a Cristina, Samuel, Sergio e Sonia que, xunto coa capitá Dores, trouxeron para o noso instituto dous importantes premios nesta competición de debate 2010:
1º Premio:equipo vencedor do torneo, dotado cunha viaxe de 5 días a Lisboa.
Ademais Sonia Martínez Rilo obtivo o 2º premio á mellor oradora (mp4 e un lote de libros de Biblos)
Que non os recoñecedes? Clicade na foto e veredes as súas caras e os seus nomes. O equipo prometeunos unha crónica detallada para estes días. Esperamos por ela.
Coa saga Cazadores de sombras está a pasar algo moi parecido ao que pasou coa de Crepúsculo: colocadiña no seu andel agardou pacientemente ata que un día una lectora reparou en Ciudad de hueso, o primeiro libro da triloxía, e decidiu levalo en préstamo.
Gustoulle moito e escribiu un artigo neste blogue recomendando a súa lectura. O "boca a boca" comezou a funcionar e o libro pasou de man en man sen apenas descanso.
A aparición de Ciudad de ceniza foi todo un acontecemento entre @s seguidor@s da saga. O libro desapareceu a fume de carozo do moble de novidades para seguir o mesmo camiño que o seu antecesor.
Agora sae o terceiro, Ciudad de cristal, e xa ten lista de espera aberta para lelo. Verónica, a primeira en anotarse, xa poderá recollelo o luns.
A Marcha Radetzky, composición orquestral de Johann Strauss, é a peza coa que sempre remata o Concerto de Aninovo de Viena. O director dirixe o público que aplaude ao compás da música.
Estaremos nós cos mesmos ánimos para retomar o curso? Por soposto que si
A felicitación do Bubisher para todas e todos nós:
FELIZ 2010
A TODOS LOS QUE HABÉIS HECHO QUE EL PEQUEÑO PÁJARO DE LA BUENA SUERTE VUELE
La noche aquieta y calla. La paz besa en la frente a los que duermen en la jaima. El pájaro de la buena suerte vela. Alerta extiende sus alas. Cada día su vuelo es más hermoso, más seguro, alimentado por la fe y la fuerza de quienes lo mantenéis vivo. Su latido es el aliento de los que sentís que la esperanza de un pueblo viene dada a través del conocimiento. Que la inocencia preserva la esperanza y la ilusión, y que la opresión no puede robar al hombre sus sueños de libertad.
El Bubisher reparte sueños gracias a los que colaboráis con él de una u otra forma. El Bubisher sigue provocando sonrisas, abriendo los corazones y las mentes de los niños que se cobijan bajo sus alas. Ellos son nuestro mejor regalo y nuestra mayor empresa.
Por delante queda un largo año de trabajo e ilusión que esperamos seguir compartiendo con vosotros.
Gracias a todos por vuestras manos abiertas, como alas.
" O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina. Do mesmo xeito que ninguén nos pode obrigar a namorarnos, ninguén nos pode obrigar a amar un libro. Son cousas que ocorren por razóns misteriosas. Pero do que si estou convencido é de que hai un libro que agarda por cada un de nós. Nalgún lugar da biblioteca hai unha páxina que se escribiu para nós"
Alberto Manguel
Na categoría de Bibliotecas Escolares
Correo
Colaboracións
Publicar no blogue
Catálogo
Fondos, novidades, os máis emprestados,...
Como atopar o que busco
Guía de uso da biblioteca
Como buscar? Como atopar? Préstamos e devolucións. Normas
Formación de lectores
Para coñecer a fondo e os fondos da nosa biblioteca