Só tes que coller en préstamo algún dos libros, películas, revistas ou cds de música e achegarte ás súas paixases, as súas xentes, os seus sóns, as súas historias, as súas orixes, aos seus personaxes máis famosos… Todo isto poderalo descubrir na nosa guía de lectura.
Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas
jueves, 19 de abril de 2012
Un viaggo per L' Italia
A biblioteca proponche unha magnífica viaxe por Italia da que poderás gozar sen moverte da túa butaca.
Só tes que coller en préstamo algún dos libros, películas, revistas ou cds de música e achegarte ás súas paixases, as súas xentes, os seus sóns, as súas historias, as súas orixes, aos seus personaxes máis famosos… Todo isto poderalo descubrir na nosa guía de lectura.
Só tes que coller en préstamo algún dos libros, películas, revistas ou cds de música e achegarte ás súas paixases, as súas xentes, os seus sóns, as súas historias, as súas orixes, aos seus personaxes máis famosos… Todo isto poderalo descubrir na nosa guía de lectura.
viernes, 9 de marzo de 2012
Óscars na biblioteca
Pero de cine do bo, de aquelas películas que no seu momento recibiron un ou máis Óscars nas categorías de mellor dirección, película, actor, actriz, vestiario, banda sonora, guión... E non podían faltar, por suposto, os libros sobre cine e aqueles nos que se basearon algunhas das pelis.
Tedes un montón para elixir.
Deixádevos acompañar polo cine.
Etiquetas:
Cine,
Cine e literatura,
Exposicións,
Premios
lunes, 24 de octubre de 2011
viernes, 21 de octubre de 2011
A vindeira semana en As Mariñas...
vaise pasar moito medo.
Comidas terroríficas, lecturas de pánico, películas que che faràn tremer, desfile de cabazas, contos de medo, os mundos dos mortos... e para rematar tod@s comeremos castañas.
Non cho podes perder!
Etiquetas:
Biblioteca,
Cine,
Cociña,
Días especiais,
Lingua e Literatura Galega
jueves, 19 de mayo de 2011
martes, 8 de febrero de 2011
Todo cine
Na nosa páxina de cine podedes atopar ademais información detallada de moitas películas, guías didácticas, clasificacións temáticas, curiosidades, enlaces de interese, trailers e a posibilidade de facer de "crític@s" a través dos comentarios.
Cine, cine, cine
más cine por favor,
que toda la vida es cine,
y los sueños
cine son
Luis Eduardo Aute
miércoles, 2 de febrero de 2011
jueves, 25 de noviembre de 2010
Te doy mis ojos
Unha noite de inverno, unha muller, Pilar, sae fuxindo da súa casa. Leva consigo apenas catro cousas e ao seu fillo, Juan. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seu sol, di, e ademais, "deulle os seus ollos"... Ao longo da película, os personaxes irán reescribindo ese libro de familia no que está escrito quen é quen e que espérase que faga pero no que todos os conceptos están equivocados e onde di fogar lese inferno, onde di amor hai dor e quen promete protección produce terror.
Premios Goya 2004: Mellor película, mellor dirección, mellor guión orixinal, mellor interpretación masculina protagonista, mellor interpretación femenina protagonista, mellor interpretación femenina de reparto e mellor sonido.
Te doy mis ojos e máis cine na nosa carteleira
Etiquetas:
Cine,
Días especiais,
Mulleres
jueves, 14 de octubre de 2010
jueves, 30 de septiembre de 2010
Waris Dirie na nosa biblioteca
No ano 1998 escribiu o seu primeiro libro autobiográfico, Flor del desierto, onde narra a súa infancia no deserto de Somalia como integrante dunha familia nómada así como o trauma que lle provocou a ablación que lle practicaron sendo unha cativa. Con trece anos, o seu pai decide casala cun home moito maior ca ela, polo que Waris decide fuxir…
En 2001 publica o seu segundo libro, Amanecer en el desierto, continuación do anterior. Convertida xa nunha modelo internacional, volve ao seu país para reencontrarse coa súa familia.Na biblioteca poderás atopar estes dous libros e tamén a película Flor del desierto baseada na novela.
Se queres achegarte máis á problemática sufrida por milleiros de nenas ás que se lles practica a mutilación xenital, tamén tes á túa disposición a película Moolaadé.
Etiquetas:
África,
Biografías,
Cine,
Dereitos humanos,
Libros,
Mulleres
lunes, 24 de mayo de 2010
Ponte a proba!
Queres demostrarlles aos teus amig@s que es un empedernid@ cinéfil@?
Queres deixar coa boca aberta a túa profesora de historia cos teus coñecementos de arte?
Queres impresionar a túa moza, ou o teu mozo, cos teus dotes músicais?
Queres facer unha competición de coñecementos cos teus compañeir@s de clase?
Queres demostrarlles a teu pai e a túa nai todo o que se aprende no IES As Mariñas?

sábado, 10 de abril de 2010
Tarde de compras
Pois ben, este venres puxemos ao día as vosas propostas de cine e música, é dicir: fomos de compras.
Adrián, xa podes coller en préstamo a película Planet 51 máis o cd de música Europa, el mejor pop 2010.
Carolina, Siete almas espera por ti na biblioteca.
Darío, todos os teus dexesos cumplidos: El día de mañana e 2012 xa teñen sitio no andel das pelis.
A proposta de Cristina, profe de relixión, foi para El señor de la guerra.
Luna nueva, pediuna Claudia pero xa ten lista de espera.
Escapóusenos un anónimo e aínda así lle fixemos caso: Titanic.
A propia biblioteca non se puido resistir: Ágora, El secreto de sus ojos e todo un clásico como El bueno, el feo y el malo.
Jorge e mais Víctor levaban tempo esperando Puerto presente de Macaco.
Podedes vir recoller os vosos pedidos!
Máis cine na nosa carteleira!

Grazas Maitena polo debuxo, esperamos que saibas disculparnos por cambiarlle o texto.
miércoles, 10 de marzo de 2010
Os premios Óscar están na biblioteca
De seguro que sabedes que Kathryn Bigalow se converteu, a pasada noite do domingo, na primeira muller que recibiu un Óscar á mellor dirección coa película En tierra hostil.
Pode ser que tamén saibades que estoutro filme, Up, levou dous premios: á mellor película animada e á mellor banda sonora.
Pode ser que tamén saibades que estoutro filme, Up, levou dous premios: á mellor película animada e á mellor banda sonora.
O que pode ser que descoñezades é que esta encantadora película, para todas as idades, xa está na biblioteca. Mentres esperades a pedila, podedes ir botandolle unha ollada ao trailer:
Outros premios foron para as cintas El secreto de tus ojos (mellor película en fala non inglesa) e Precious (mellor actriz de reparto e mellor guión adaptado). As dúas baseadas en cadanseu libro (El secreto de tus ojos e Push) que tamén temos na biblioteca. Se tedes curiosidade en lelos, adiantámosvos a sipnose:
(Editorial Alfaguara)
Precious Jones tiene dieciséis años, es negra y casi analfabeta, y espera su segundo hijo. El primero lo tuvo a los doce años, y el padre de ambos es su propio padre. Vive en Harlem con su madre, una reclusa obesa y cruel que mira la televisión sin cesar, devora la comida que la jovencita le prepara y la somete a los más denigrantes abusos. Forzada a abandonar la escuela, Precious acaba en un instituto para casos desesperados. Pero allí está la señorita Rain que le dará la oportunidad de recuperar su dignidad. (Editorial Anagrama)
Etiquetas:
Cine,
Cine e literatura,
Premios
viernes, 5 de febrero de 2010
Amor polos libros
Para @s amantes dos libros?
Para @s que buscan lecturas de amor?
Para uns e para outras
Esta guía é para tod@s
Etiquetas:
Amor,
Cine,
Guías de lectura,
Libros
miércoles, 27 de enero de 2010
A orde de factores si altera o produto
O venres estréase a película Invictus dirixida por Clint Eastwood e baseada no libro El factor humano de John Carlin.Hoxe estréase na biblioteca o libro El factor humano que inspirou Invictus, a última película de Clint Eastwood.
Que mellor para coñecer esta historia real, centrada en Nelson Mandela, que ler o libro antes de ver a película?
Para saber máis: Entrevista con John Carlin
Outras películas do mesmo director que tes á túa disposición na biblioteca
Etiquetas:
África,
Cine,
Cine e literatura,
Historia,
Libros
martes, 12 de enero de 2010
Para combater o frío...
Que mellor que un bo libro ou unha entretida película para ler ou ver quentiñ@s na casa?
Como estamos de rebaixas podes remexer entre as novidades de xaneiro
miércoles, 2 de diciembre de 2009
jueves, 26 de noviembre de 2009
Que? Canto?
Como todos os anos, gústanos ir vendo, de cando en vez, aquilo que máis se presta na nosa biblioteca así como saber a frecuencia coa que se fai. E os números, como outras veces, dannos unha alegría: no que vai de curso, pouco máis de dous meses, xa van feitos 951 préstamos.
Tamén, coma sempre, os libros son os que gañan a partida (603), seguidos a unha certa distancia polas películas (321) para quedar un pouco máis rezagados os documentos sonoros (27).
E pasando aos títulos, e falando de libros, podemos atopar cousas tan interesantes como La soledad de los números primos (non está máis de dous días seguidos no seu andel), A tres metros sobre el cielo (a lista de espera crece cada día), La ladrona de libros (xa todo un clásico na nosa biblioteca), La saga Crepúsculo ( facendo lector@s día a día), La reina en el palacio de las corrientes de aire ( aínda permanece a estela Larsson)...

Slumdog Millonaire está na cabeza la lista das películas máis prestadas. Logo van El niño de pijama de rayas, El mundo de Sofía e El curioso caso de Benjamin Button.
Etiquetas:
Biblioteca,
Cine,
Libros
martes, 10 de noviembre de 2009
Un novembro cheo de novidades
Flavia de los extraños talentos (Alan Bradley) O lobishome de Candeán (Paula Carballeira) La historia de la escritura (Carol Donoughue) La ciudad de los libros soñadores (Walter Moers) Elegida ( 3ª parte da triloxía de La casa de la noche de P.C. e Kristin Cast) Os megatoxos e os templarios da luz (3º libro de Os megatoxos de Anxo Fariña) e Mister cuadrado ( Un recorrido por el sorprendente mundo de la geometría de Anna Cerasoli).
E as películas: Bienvenidos al norte, Vals con Bashir e Monsieur Batignole.
miércoles, 21 de octubre de 2009
Cine non apto para cardíac@s
Jonathan Harker é un avogado enviado ao castelo do Conde Drácula para pechar a compra dunha casa en Wismar. Pero o Conde é unha ánima en pena que vive do sangue humano e que, namorado dunha fotografía da esposa de Jonathan, viaxa a Wismar, levando consigo morte e destrución.
Déjame entrar
Oskar é un rapaz de 12 anos que sofre continuamente o acoso dos seus compañeiros de clase máis fortes. O seu desexo de ter un amigo parece facerse realidade cando coñece a Eli , unha rapaza da súa mesma idade que acaba de mudarse á casa do lado. Pero Eli é unha rapaza misteriosa: é moi seria, está moi pálida, só sae polas noites e aparentemente non lle afectan as temperaturas xeadas. Unha serie de desaparicións e asasinatos inexplicables coinciden coa chegadade Eli.
Drácula
Antes de converterse nun vampiro, o conde Drácula era o príncipe Vlad que, ao enterarse da morte da súa amada, vendeulle a súa alma ao demo. Así pasou o tempo ata que catro séculos máis tarde, en Londres, atopa a Mina, a reencarnación do seu antigo amor. Sen dubidalo, articulará un ambicioso plan para ir na súa busca e recuperala.
HellBoy
En 1939, o xoven profesor Broom destruíu unha muller vampiro que se bañaba no sangue de inocentes para permanecer nova. Agora, alguén en Nova York está intentando traela de regreso e o profesor Broom decidiu enviar a HellBoy e outros axentes a investigalo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)