Mañá pecha as portas o "mercadillo solidario" que temos instalado na cafetería do instituto, así que, preparádevos para as últimas compras.
Como ben sabedes todo o recaudado se repartirá entre Intermon e Médicos sin fronteras para axudar a Haití na súa recuperación despois do terrible terremoto acontencido hai uns meses.
Moitas grazas a todas e a todos aqueles que participastes doando, comprando, decorando, publicitando e atendendo este mercadiño. E moitas grazas tamén para Bibloranca que nos deixou en préstamo o lema: Non o fagas por ti, faino por Haití.