Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de octubre de 2011

Hoxe, 5 de outubro : Día mundial da docencia

En 1993, a Internacional da Educación (IE), que agrupa case catrocentos sindicatos en máis de cento setenta países, e a Unesco declararon o 5 de outubro Día Mundial da Docencia como homenaxe ao papel central que o profesorado ten na educación das novas xeracións e no desenvolvemento dos países, e como recoñecemento á contribución vital que supón a docencia para os nenos e nenas, a mocidade e as persoas adultas durante todo ese longo proceso de aprendizaxe que é a vida. A educación é un ben común, un compromiso social que distingue e marca o progreso dun país.




Para saber máis

miércoles, 14 de abril de 2010

Sabías que...?

As Misións pedagóxicas foron un proxecto educativo moi innovador que levou a cabo a Segunda República (14 de abril de 1931- 1 de abril de 1936) e que achegou a cultura aos lugares máis recónditos da xeografía española.
Mentres estiveron vixentes chegaron a crear máis de 5000 bibliotecas e visitar preto de 7000 lugares.
O seguinte documental fala da súa orixe ( Institución Libre de Ensinanza) e o seu traballo.


Related Posts with Thumbnails