jueves, 25 de febrero de 2010

Home

Home, un documental para ver, gozar e reflexionar neste


Gustouche? Queres velo enteiro? Témolo na biblioteca

martes, 23 de febrero de 2010

Hmmm!

A cociña de Larpeiros deu o pistoletazo de saída; as 150 receitas do popular cociñeiro e o seu percorrido pola cociña tradicional galega é un dos libros máis demandados polas familias do noso alumnado e, como o boca a boca, nunca mellor dito, é a mellor publicidade, a pregunta que comezou a rular foi: tedes libros de cociña?

Logo chegou Una cocina tan grande como el mundo coa que temos a oportunidade de darlle a volta ao mundo, descubrindo países e culturas a través de 60 receitas, todas cunha preparación tan sinxela que non é preciso ser un expert@ entre os fogóns.

Pero a pregunta seguiu sendo a mesma, só que trocou o matiz : tedes máis libros de cociña?

E por iso agora decidimos ampliar a oferta con dous títulos que nos amosan como cociñar de máis de 100 xeitos diferentes dous alimentos moi cotidiáns na nosa dieta: as patacas e a pasta. Apetece, non si? Pois xa sabedes: dicídeo nas vosas casas e achegádevos á biblioteca para levalos en préstamo: Patatas, más de 100 irresistibles recetas e Buen provecho, pasta.

lunes, 22 de febrero de 2010

Agora ímonos a Rusia

Con O neno do pixama de raias teriamos que facernos a mesma pregunta que no seu día nos fixemos coa saga Crepúsculo: hai alguén no instituto que aínda non o lese?

E é que John Boyne conseguiu, con esta novela, que moitos adolescentes se achegasen e opinasen sobre un feito histórico como o nazismo a través dun libro que, ademais, entusiasmoulles.

Agora, Boyne, repite a xogada con La casa del propósito especial, unha obra que se adentra na revolución bolxevique e na execución da familia Romanov.
O protagonista, Georgie Danilovich, conta a súa vida desde que, cando con dezaseis anos, abandona a súa pequena aldea para formar parte da garda persoal de Alexis Romanov, o único fillo varón do zar Nicolás II; ata que, na súa vellez, está ao coidado da súa muller, Zoya, enferma nun hospital de Londres.
Pero Georgie e Zoya gardan un segredo, un segredo que non están dispostos a revelar.

viernes, 19 de febrero de 2010

A biblioteca de Andrea

Andrea, alumna de 1º de Bacharelato, visita cada día a biblioteca deste instituto. Ás veces ven estudar, outras recoller lecturas para ela ou para a súa nai e, algunhas, facernos simplemente unha visita.

Andrea é toda unha especialista na II Guerra Mundial. Encántalle este tema e cando imos de compras e vemos algún libro sobre este acontecemento, sempre pensamos nela.

Por todo isto é normal que na súa biblioteca aparezan títulos como: Paradero desconocido, Reencuentro, La ladrona de libros, El diario de Ana Frank, Cuando Hitler robó el conejo rosa, Maus, Una vez, Entonces e El niño con el pijama de rayas.

Tamén quixo poñer nos seus andeis películas da mesma temática. Para ela as imprescindibles son: El gran dictador, La vida es bella e El pianista.

Se tamén sodes "adict@s" a este tema, xa sabedes: atoparedes estes libros e películas na biblioteca.

martes, 16 de febrero de 2010

Un Entroido de corazón

Aquí tedes imaxes do noso
Entroido namoreiro

jueves, 11 de febrero de 2010

Unha historia de amor

Atopámolo no blogue Milladoiro. Encantounos e dixémonos... que mellor que este corto ruso, premiado nos Oscar 2009, para ilustrar estes días tan namoradeiros?
Dito e feito. Aquí o tedes:



martes, 9 de febrero de 2010

Premios Edublogs 2010


Este blogue, que é un pouco de todas e todos aqueles que facemos da biblioteca do instituto un lugar especial, preséntase aos Premios Edublogs 2010.

E diredes, cal é o motivo?

Pois ben sinxelo! Queremos estar xunto con outros blogues de bibliotecas escolares que traballan polo mesmo ca nós: para poder atopar esas lecturas que axudan a coñecer outros mundos, ou eses libros que fan máis doado o estudo dalgunhas materias, ou esas películas que fan sentir outras realidades, ou esas músicas que invitan a soñar, ou ese encontro con outros lectores cos que poder compartir os nosos gustos; ou simplemente, para poder atopar ese espazo real rodeado de libros, do que é espello cada blogue das bibliotecas escolares, e que ten a suficente calidez coma para que os pés nos leven a el.

viernes, 5 de febrero de 2010

Amor polos libros

Para @s amantes dos libros?
Para @s que buscan lecturas de amor?
Para uns e para outras
Esta guía é para tod@s


martes, 2 de febrero de 2010

Jan estivo alí


Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo deste cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia.

O libro, escrito por Xosé Neira Cruz, complétase cunha pequena información sobre o cadro así como doutras pinturas das que o debuxante, David Soler, botou man para ilustrar o libro.

Related Posts with Thumbnails