sábado, 28 de febrero de 2009

A clase

“Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.”


François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos.

A película baseada na novela e do mesmo título, rodouse nun instituto real onde os rapaces e as rapazas, os seus pais e nais e os seus profesores e profesoras, fixeron de actores e achegaron aspectos da súa vida que dotou a película dun maior realismo e autenticidade. Só o personaxe do profesor corresponde a un actor, que é ademais mestre e autor do libro.

Outras clases:


La clase (Entre les murs): Nominada a mellor película en fala non inglesa.









viernes, 27 de febrero de 2009

Mulleres con premio

Kate Winslet foi unha das premiadas nos últimos Oscars polo seu papel de Hanna na película El lector baseada no libro escrito por Bernhard Shlink do que xa falamos non unha, senón dúas veces neste mesmo blogue.

E Penélope Cruz conseguiu o seu premio pola súa interpretación de Mª Elena na película Vichy Cristina Barcelona.


Barcelona? Quen dixo Barcelona? Coas ganas que teño eu de ir alí, de pasear polo barrio gótico e visitar La catedral del Mar, de comprobar se é certo ou non a existencia do cemiterio dos libros olvidados, de pasear polo ensanche vendo os edificios modernistas de Gaudí e de practicar o inglés falando cos turistas que abarrotan a cidade. Eso sí, tamén collerei na biblioteca a guía visual de Cataluña para preparar ben a viaxe.

The Reader (El lector): Mellor actriz

Vichy Cristina Barcelona: Mellor actriz de reparto

jueves, 26 de febrero de 2009

Nacer con 80 anos

A película El extraño caso de Benjamin Button baséase nun relato escrito por F. Scott Fitzgerald en 1922 e inspirado nunha cita do escritor Mark Twain: "A vida sería infinitamente máis alegre se puidésemos nacer con 80 anos e nos achegásemos gradualmente aos 18".

Se queres ler o relato orixinal clica na imaxe e asi poderás comprobar as similitudes e diferenzas co filme que narra a historia dun neno que nace con 80 anos e, que a medida que pasa o tempo vai sendo máis xove ata que chega a converterse nun bebé.


Tamén no conto "O neno suicida", incluído no libro Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, aparece a figura dun recén nacido vello.



El curioso caso de Benjamin Button: Mellor deseño de producción , mellor maquillaxe e perruquería e mellores efectos especiais

miércoles, 25 de febrero de 2009

Que é un slum?

Na India coñécese como slum calquera barrio marxinal de calquera da súas grandes cidades.
Son asentamentos absolutamente precarios onde un é capaz de esquecer calquera resquicio de condición humana, polo menos por comparación aos seus semellantes da gran urbe. Nin educación, nin sanidade, nin seguridade, nin protección social, nin oportunidades de emprego, nin electricidade, nin auga potable. Só letrinas compartidas por centos de persoas e chabolas de lata, plástico e bambú duns 10 metros cadrados onde viven familias de oito ou dez membros.

Na India máis da metade da poboación urbana (un 55%) vive nun slum.

Na película Slumdog millonaire, máxima galardonada nos últimos oscars, recóllense as condicións de vida neses barrios e as consecuencias terribles que a miseria ten sobre os nenos e as nenas.

Tamén e desde a biblioteca podemos achegarnos a esa realidade a través do libro Sonrisas de Bombay, escrito por Jaume Sanllorente, un barcelonés que a partir dunha viaxe á India e da impresión que lle causou a desprotección deses nenos e nenas, decidiu instalarse en Bombay e dedicar a súa vida a loitar contra a pobreza.

Dúas formas, a película e o libro, de invitarnos a coñecer as vidas dos máis desfavorecidos.


Slumdog Millonaire: Mellor película, mellor director, mellor guión adaptado, mellor canción, mellor banda sonora, mellor montaxe, mellor fotografía e mellor son.

sábado, 21 de febrero de 2009

Gañadores dos concursos "Darwin".

Xa temos gañadores! A participación foi masiva! O nivel foi excelente! O xurado tívoo realmente difícil!
Aquí tedes as caras de felicidade de Meri e Sergio logo de recibir os premios "Mira que ben ollo!" e "O pasapalabra evolucionista"



viernes, 20 de febrero de 2009

Darwin ponse a careta

A teoría evolucionista de Darwin segue o seu camiño. E se non, aí vai unha mostra. Velaquí tedes a tripulación do Beagle e mais a Darwin e a Emma douscentos anos despois.

jueves, 19 de febrero de 2009

Xogando con Darwin á evolución

Axuda a que un pequeno grupo de animais perdure durante un millón de anos adaptándose aos cambios ambientais. Tamén poderás acceder a un xogo tipo test sobre Darwin e a evolución.

E ademais, practicando o teu inglés. Que che divirtas!


miércoles, 18 de febrero de 2009

Rhinoderma darwinii

A ra de Darwin é un anfibio moi pequeno (3 ou 4 cm de largo) de cor verde, café ou incluso amarela co ventre negro brillante e manchas brancas. Estas cores, asociadas ao veneno no mundo animal, evítanlle ser devorada por outros animais. Ademais a súa forma, parecida a unha folla, proporciónalle unha boa camuflaxe.





O seu método de reprodución é único entre os anfibios, xa que as femias poñen os ovos en "racimos" de 30 ou 40 unidades, depositándoos na terra e o macho, cando ve que os pequenos cágados adquiriron o tamaño adecuado, trágaos e sen pasalos ao aparato dixestivo, deposítaos nunha bolsa gutural.

Cando os cágados medran, a bolsa dilátase, permitindo a protección das crías e manténdoas a salvo de calquera perigo. Despois de tres semanas, expúlsaos da súa boca.

A ra, que actualmente está en perigo de extinción, foi descuberta por Darwin na súa estancia en Chile, durante a viaxe do Beagle.

martes, 17 de febrero de 2009

Mira que ben ollo!


O ilustrador Carlos Puche recreou as observacións de Darwin sobre a anatomía do ollo, que é resultado da selección natural. Desde as primeiras células fotosensibles ata os ollos capaces de rotar en todas as direccións e protexidos por párpados, existiu un cúmulo de modificacións que, lonxe dun deseño preconcebido, é produto de cambios azarosos seleccionados pola natureza.

Na ilustración da dereita hai grandes diferenzas entre os ollos das diversas especies.

Serías quen de adiviñar a quen pertencen?

Caimán Gato 1 Formiga Falcón Cabalo Ra 1 Peixe Humano León Chimpancé Azor Araña Gato 2 Galápago Ra 2
Entre os acertantes deste xogo no que puidestes participar durante este mes a gañadora foi Ada Meritxell Álvarez Vilariño de 1º de Bacharelato Sociais.

Información recollida do suplemento Magazine

lunes, 16 de febrero de 2009

Fas un puzzle?


Darwin ofrécenos a súa cara máis colorista para comezar a semana. Será que tamén se alegra destes días de sol?


Clica na imaxe e intenta refacela.



Canto tempo che levou?



Ves como non era tan difícil!




domingo, 15 de febrero de 2009

Cales vivirán máis?

O Departamento de Bioloxía axudado polo seu alumnado, especialmente o PDC 4º, elaboraron un mural onde aparecen os precursores da Teoría da Selección Natural, as bases darwinistas desta teoría e os fundamentos da chamada teoría neodarwinista ou teoría sintética da evolución.

Tamén fixeron unha montaxe onde uns coellos, unha aguía e un oso nos fan pensar sobre a evolución. A pregunta que queda no aire é: Cales vivirán máis?

Teredes a oportunidade de coñecer as respostas máis científicas e imaxinativas xa que van ser publicadas neste mesmo blogue. Ata entón, ide pensando as posibles respostas.







O departamento de Bioloxía quere agradecer a colaboración recibida.

sábado, 14 de febrero de 2009

Emma e Charles

Darwin era un mozo solteiro que pensaba dunha forma burguesa sobre o matrimonio, pero logo de sopesar concienzudamente os pros e os contras decide casar, polo que se dispón á busca da muller adecuada.

Non tivo que buscar moi lonxe. A elección recaeu sobre a súa curmá Emma Wedgwood, a quen coñecía desde a infancia.

A parella casa o 29 de xaneiro de 1839 na igrexa de Maer. Os primeiros anos de matrimonio, vívenos en Londres para trasladarse posteriormente ao que sería o seu domicilio definitivo: Down House, no condado de Kent. Aquí organízanse ao seu xeito, compaxinando a vida campestre coas posibilidades que ofrece a proximidade de Londres.

Emma e Charles tiveron 10 fillos.

Ao final da súa vida Darwin escribiu sobre a súa esposa: "A súa bondade, chea de comprensión cara a min, foi inalterable, e soportaba coa maior paciencia as miñas eternas queixas sobre o malestar e as incomodidades... Admírame o ter a inmensa sorte de que ela, unha persoa que polas cualidades morais era infinitamente superior a min, aceptase ser a miña muller. Durante a miña vida, que sen ela tería sido en moitas épocas desgraciada e pesarosa polas enfermidades, foi para min unha sabia conselleira e un ledo consolo".

Información recollida nesta páxina


Este ano será a estrea da película Creation que reflicte a vida de Darwin e os conflitos que houbo no matrimonio por mor das fortes crenzas relixiosas da súa muller.

viernes, 13 de febrero de 2009

Que mon@s estamos!

Recoñéceste?

Darwin seguro que diría que si, que somos todos e todas moi monas.

Cristina, a profe de plástica, xunto co seu alumnado estiveron a traballar arreo no panel que tedes ao carón da cafetaría.

Aquí tedes a algúns valentes que se enfrontaron aos seus devanceiros sen medo ningún.


jueves, 12 de febrero de 2009

Que dobre bicentenario!


CHARLES DARWIN

1831. Termina os seus estudos en Cambridge e enrólase na expedición científica que a bordo do HSM Beagle pretendía cartografar as costas de América do Sur.

1839. Contrae matrimonio coa súa prima Emma Wedgwood coa que tería 10 fillos.

1859. Logo de dedicar 20 anos a dar forma ás súas investigacións, Darwin publica A orixe das especies.

1860. As teorías evolucionistas son sometidas a debate nunha memorable sesión na Universidade de Oxford.

1882. O 19 de abril de 1882 Darwin morre en Downe (Inglaterra) e é enterrado na Abadía de Westminster, en Londres.

ABRAHAM LINCOLN

1842. Contrae matrimonio con Mary Todd.

1860. Convértese no décimosexto presidente de Estados Unidos e o primeiro do Partido Republicano.

1863. No Discurso de Gettysburg, unha das súas grandes demostracións de oratoria, anuncia a emancipación dos escravos.

1865. No mes de marzo, inicia o seu segundo mandato presidencial consecutivo.

1865. O 14 de abril é asasinado por John Wilkes Booth, un actor e simpatizante do Sur, mentres asistía a unha representación no Teatro Ford, en Washington.

Información recollida do suplemento de El Mundo

martes, 10 de febrero de 2009

O solitario George

Este que vedes aquí, son eu: George, o solitario George.

Queredes coñecer máis cousas de min?, pois lede con atención:

Son unha tartaruga xigante das Illas Galápagos pertencente á especie Geochelone nigra abingdoni. Levamos na Terra máis de 30 millóns de anos.
O de Solitario vén porque son a derradeira da miña especie.


Estou no mellor momento da vida xa que só teño 106 anos, aínda que espero vivir ata os 200 ou máis que é a esperanza de vida dos que son coma min.

No parque onde vivo comparto espazo con dúas fermosas tartarugas (femias) dunha especie parecida á miña coa esperanza de que poidamos procrear. Pero, malia que os ovos foron moi ben coidados, non chegaron a eclosionar. Pode que cando eu morra, a miña especie se extinga.

Meus pais coñeceron a Charles Darwin cando veu visitar as nosas illas. A de cousas que me teñen contado de cando estivo aquí! Ata se subía enriba deles…


Levo unha dieta moi sa: son herbívora. Os meus pratos favoritos son: herbas rastreiras, froitas, follas e cactus. A pesar disto, peso case 100 quilos...pero, claro, tede en conta que mido 1,45 por 1,40 m.

E preguntarédesvos: “Como é que a vosa especie está a piques de desaparecer?” Os homes dedicáronse a cazarnos, e especies invasoras como as cabras e as ratas axudaron a mermar a nosa comunidade.

lunes, 9 de febrero de 2009

O xuízo do mono

No verán de 1925, no estado de Tennessee(EEUU), un fanático predicador levou aos tribunais ao profesor de bioloxía John Scopes, por explicar na súa clase a teoría da evolución de Darwin.

O profesor non podía entender a súa situación. Estaba preso por ensinar ciencia, que era o seu traballo.

O xuízo, que tivo unha enorme transcendencia social, converteuse nunha batalla titánica, entre o avogado da defensa e da acusación.

A prensa bautizou o caso co nome que o identificaría para sempre: "O xuízo do mono".

A película “La herencia del viento”(1960), baseada neste acontecemento, tédela á vosa disposición na biblioteca.



Máis cine en "A nosa carteleira"

domingo, 8 de febrero de 2009

Discovering Darwin

Acaso pensabades que só eramos nós os que andabamos de homenaxes a Darwin ?


Mirade aí para os ingleses, seica lles gustou a nosa idea e están a facernos a competencia.


Se queres practicar o teu inglés clica aquí, poderás ata entrar na casa do naturalista.

sábado, 7 de febrero de 2009

Charles Darwin, o naturalista do Beagle


Que esqueciches coller un libro para esta fin de semana?

Que empezas a ter curiosidade en saber cousas dese tal Darwin, do que tanto falamos ultimamente?

Que queres terminar na casa o pasapalabra e aínda tes preguntas sen resolver?


Clica na imaxe e terás un libro, unha biografía e unhas respostas.

jueves, 5 de febrero de 2009

Viaxando con Darwin


Como parece que isto dos xogos vos gusta, non hai máis que ver como se vai enchendo a urna, ímosvos propoñer un novo: As maletas do coñecemento.Darwin.
Ten actividades para os que cursan a ESO e para os que xa están no Bacharelato. Aínda máis, tamén as hai para os que están empezando: os de primaria. Así que, se tedes irmáns máis novos que vós, tamén lles podedes botar unha man.

Outras páxinas nas que podedes xogar e ampliar os vosos coñecementos de zooloxía son:




miércoles, 4 de febrero de 2009

O pasapalabra evolucionista

Ao pasapalabra evolucionista podedes xogar todo o alumnado do centro, para iso só tedes que cubrir o folleto amarelo e depositalo na urna que hai xunto á conserxería.


-E, como facemos para atopar as respostas correctas?

- As respostas están nos libros, nas revistas, nos paneis, na rede e na pegada feita por Juan, profesor de historia deste instituto, que tamén quixo poñer o seu graíño de area.


Lembrade que o xogo acaba o vindeiro día 16 e que, entre os acertantes, sortearase un agasallo.

E por que non vas ser ti @ afortunad@?

martes, 3 de febrero de 2009

Darwin: animais e... libros


Interésache algún destes libros?

Non tes máis que pedilos na biblioteca


lunes, 2 de febrero de 2009

Meréceo!


O boletín deste mes, como non podía ser menos, está dedicado a Charles Darwin.

Nel podedes atopar os libros que falan da súa vida, da súa viaxe no Beagle, das súas investigacións, das súas teorías, dos seus colegas científicos...

E por suposto, hai lecturas para todas as idades.

Ah! Lendo con atención, tamén atoparedes as solucións a algunhas das cuestións que se vos plantexan nos concursos expostos na entrada do instituto.

domingo, 1 de febrero de 2009

Que sabes da túa orixe? De onde vés?

Que cousa!
Sabías que xa no século V a.C. un señor chamado Anaximandro dixo que os animais proviñan da auga e os homes dos animais? Por estraño que che pareza esta afirmación poderiámola considerar o primeiro paso do Evolucionismo.

Uns anos máis tarde... máis ou menos 600
No século I con Xesuscristo, o home faise fillo de Deus á súa imaxe e semellanza . Nin somos animais nin deuses: estamos na metade do camiño.

Por certo, e ti sabes o que é a Paleontoloxía?
Pois é unha ciencia que nace no século XVIII e que fala dos seres orgánicos desaparecidos a partir dos seus restos fósiles.

Neste século considerouse, a falta dunha teoría máis crible, que os fósiles atopados eran restos de animais deformes.

E apareceu Darwin...
Charles Darwin, no século XIX interpretou dunha forma radicalmente distinta estes achádegos e, a través da súa Teoría da Evolución, espallou a idea de que o home xa non é fillo de Deus senón dun mono.

Esta afirmación baséase na teoría da selección natural: aquelas especies que se adaptan mellor son as que sobreviven.

E para saber máis?
Só tes que visitar durante o mes de febreiro o vestíbulo do instituto.



Comezamos o mes Darwin!!

Rosalía de Castro gañou o debate.

Non vos trabuquedes. Non é que a nosa autora debatese. Non. Foi o equipo do IES Rosalía de Castro de Compostela o que, durante estes catro días debateu contra os seus contrincantes e gañou esta II Liga de Debate.

Tivérono difícil. Na final loitaban (coa palabra, eh!) contra os nosos amigos do IES Vilar Ponte de Viveiro: Vanesa, Sara, Diego e David, capitaneados por Anselmo.

Non eramos nós, pero sufriamos con eles e vivimos en primeira persoa as presentacións, as refutacións e as conclusións do tema:

¿Están as Administracións Públicas afrontando eficazmente o problema do consumo de drogas (legais e ilegais) nos adolescentes?

Parabéns para os Rosalianos, para todos os equipos que alí debateron. Parabéns para vós, o noso alumnado galego: vimos, nos vosos representantes na Liga, as mulleres e os homes que saben defender e loitar (coa palabra) a súa postura.
Related Posts with Thumbnails