jueves, 21 de marzo de 2013

A caza do ghazafello

Pom-pom-pom, ghazafellos ao caixón!

Queredes ir cazar ghazafellos con Lois, o protagonista do noso libro,  e o seu can Palleiro a unha Fraga máxica? Como que non existen eses animais? Denis M. dinnos como son:


Poderíase dicir que parecía un xabaril anano con ás de morcego e... Non, pensándoo mellor era máis ben un cruzamento entre hámster e piraña cun certo aire a bubela. Tampouco. Para ser máis exactos parecía un corvo con fociño de roedor e unha crista branca na cabeza semellante á dun hippy-frauta... En fin, para que enganarnos? O certo é que o condenado non se lle parecía a ningún becho coñecido.

Pero, ollo!

Se algún día queredes abrir as portas dunha Fraga máxica, pensádeo ben... Porque no seu interior non só ides atopar animais falantes, fadas e trasnos.

Tamén hai monstros!

martes, 12 de marzo de 2013

Unha volta aos clásicos



O pasado martes, como en anos anteriores, o alumnado de Humanidades de 1º e 2º de Bacharelato acudiron ao Festival de Teatro Grecolatino que, dende hai trece anos, se vén celebrando no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e está organizado pola Delegación Galega da Sociedade de Estudos Clásicos. 
Esta vez acompañounos tamén o alumnado de PD4.

O grupo coruñés  "Noite Bohemia" do IES de Zalaeta sorprendeunos gratamente coa posta en escena  da traxedia grega Ifigenia en Áulide de Eurípides.
E, pola tarde, rímonos a cachón cos personaxes e as moi divertidas situacións da comedia Cásina de Plauto.

Coma sempre, os clásicos demostráronnos que, os sentimentos humanos seguen a ser os mesmos por moitos séculos que pasen.

viernes, 8 de marzo de 2013

Cita coas estrelas

 

Ademais do Antroido e San Valentín, en febreiro tiñamos dúas citas importantes co séptimo arte, os Premios Goya en España e os Óscars en Estados Unidos.
Como o  cine ocupa un lugar importante na nosa biblioteca, non quixemos deixar pasar a oportunidade de rendirlle a nosa humilde homenaxe expoñendo fora libros que fan referencia ao cine, películas premiadas en anos anteriores e as premiadas
neste ano 2013.

É tanto o éxito que xa case non quedan películas na exposición!



  • Blancanieves  (Mellor película)
  • Lo imposible  ( Mellor dirección)
  • Grupo 7  (Mellor actor revelación)
  • Hijos de las nubes (Mellor película documental)
  • Intocable  ( Mellor película europea)
  • Las aventuras de Tadeo Jones (Mellor película de animación)
  • Aquél no era yo (Mellor cortometraxe de ficción)

lunes, 4 de marzo de 2013

Parellas na biblioteca

Chegou  febreiro e , case da man, apareceron o Antroido e San Valentín.
Este ano deixamos de lado os clásicos poemas de amor e organizamos un concurso. 
Había que formar parellas, todas elas famosas, unhas máis coñecidas ca outras. Tiñamos pintores, músicos, actores, científicos, escritores, personaxes da mitoloxía e ata dúas parellas de alumnos. Pero tanto os nomes como a información estaban todos revoltos e precisabamos poñer orde. Os valentes participantes puxeron todo o seu empeño e paciencia en facer as unións e contestar as preguntas sobre os protagonistas. Non era fácil.

As finalistas foron Alba Botana, Alba Blanco e Rocío Espiñeira, todas de 2º de ESO. E a sorte decantouse a favor de Rocío, que ten de premio dúas entradas de cine con chuches e palomitas.

NORABOA!!!!!

E grazas a todos por participar!
Related Posts with Thumbnails