Te doy mis ojos e máis cine na nosa carteleira
jueves, 25 de noviembre de 2010
Te doy mis ojos
Te doy mis ojos e máis cine na nosa carteleira
martes, 23 de noviembre de 2010
Camiñan descalzas polas rochas

jueves, 30 de septiembre de 2010
Waris Dirie na nosa biblioteca
No ano 1998 escribiu o seu primeiro libro autobiográfico, Flor del desierto, onde narra a súa infancia no deserto de Somalia como integrante dunha familia nómada así como o trauma que lle provocou a ablación que lle practicaron sendo unha cativa. Con trece anos, o seu pai decide casala cun home moito maior ca ela, polo que Waris decide fuxir…
En 2001 publica o seu segundo libro, Amanecer en el desierto, continuación do anterior. Convertida xa nunha modelo internacional, volve ao seu país para reencontrarse coa súa familia.lunes, 8 de marzo de 2010
Lendo os xornais
Non imos deixar pasar o día sen facer ningunha mención á celebración de hoxe: Día Internacional da Muller. E para iso collemos os artigos da prensa que nos pareceron máis interesantes para poñelos á vosa disposición. Botádelles unha ollada, vale a pena!El País. Toda una vida trabajando:
Seguir lendo...
Galicia hoxe.Unha carreira de fondo:
"Cúmprense cen anos da Real Orde que lles permitiu ás donas accederen á universidade, decretada tras o nomeamento de Emilia Pardo Bazán como conselleira de instrución pública"
miércoles, 25 de noviembre de 2009
O amor non é a hostia
Aceptar o primeiro maltrato é o principio dunha longa humillación
Texto recollido da campaña de prevención de malos tratos para xoves
Lazo deseñado pola Biblioteca do CEIP de Pazos
lunes, 23 de noviembre de 2009
Dálle porta á violencia
Una de cada cuatro mujeres asesinadas por sus parejas tienen menos de 30 años
Las "relaciones tóxicas" comienzan con "pequeños detalles" como agobiar con mensajes al móvil o humillar en público
martes, 29 de septiembre de 2009
lunes, 21 de septiembre de 2009
Unha recomendación de lectura
La extraña desaparición de Esme Lennox é a historia dunha muller a quen lle tocou vivir nunha época que non era a súa; nunha época e nunha familia onde as apariencias tiñan máis importancia que a propia felicidade dos seus membros.O libro lese como se dun puzzle se tratase: as pezas encaixan á perfección, pero só ao final vese o resultado.
Ante el inminente cierre del viejo hospital psiquiátrico de Cauldstone, en Edimburgo, las autoridades comunican a Iris que debe haerse cargo de su tía abuela Esme Lennox, quien será puesta en libertad tras sesenta y un años de internamiento. El desconcierto inicial de la joven, que desconocía la existencia de la anciana, se verá pronto superado por una genuina curiosidad. ¿Qué circunstancia llevó a la reclusión de Esme cuando sólo tenía dieciséis años? ¿Por qué se ocultó su historia ante el resto de la familia durante décadas?
lunes, 25 de mayo de 2009
Irène Némirovsky na nosa biblioteca
Cando estoupou a Revolución bolchevique (1917) toda a familia estivo escondida durante un ano, ata que en 1919 conseguiron chegar a Francia.
Irène licenciouse na Sorbona e a partir dos 18 anos comezou a escribir.
En 1926 casou con Michael Epstein, con quen tivo dúas fillas: Denise e Elisabeth.
En 1940 e debido á súa orixe xudía, impedíuselle seguir publicando, aínda que ela seguiu escribindo relatos e novelas. Mais o 13 de xullo de 1942 foi detida e internada nun campo de concentración, levándoa aos poucos días a Auschwitz onde morreu de tifo o 17 de agosto dese mesmo ano.
Michael, seu home, tamén foi detido ao poco tempo e asasinado na cámara de gas.
As súas fillas, escondidas durante a guerra e protexidas por amigos da familia, gardaron nunha maleta todos os escritos da súa nai que foron publicados e coñecidos hai uns pocos anos.
Algúns deles gardámolos para vós na nosa biblioteca:
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing
sábado, 14 de marzo de 2009
Mulleres e Arte
E para rematar esta semana dedicada á muller propoñémosvos este precioso vídeo que recolle imaxes de retratos de muller ao longo da Historia da Arte.
Gozádeo!
viernes, 13 de marzo de 2009
Mulleres e música.
Velaquí algunha das voces femeninas que atoparedes na discoteca da nosa biblioteca.
jueves, 12 de marzo de 2009
Mulleres e Cine
miércoles, 11 de marzo de 2009
Emma, Luisa e mais Ana, tres adúlteras na nosa biblioteca
Foi en Francia, en 1857, cando tras a publicación de Madame Bovary iniciouse un subxénero de novela realista: a novela de adulterio. Estas novelas que teñen como protagonista a muller, reflicten a insatisfacción desta nunha época na que son frecuentes os matrimonios de interese e con homes de maior idade, polo que o adulterio é a vía de escape ao abatemento e a falta de expectativas.Ao cabo duns anos (1875) en Lisboa, Luisa, unha muller casada vítima da ociosidade, namórase do cínico e perverso Basilio. O autor desta historia é o portugués Eça de Queirós e o título da novela, El primo Basilio.
martes, 10 de marzo de 2009
Rosalía no Día da muller traballadora
Foi muller, e escritora, e como ela ben dixo en Las Literatas, non era doado, e como moitas outras mulleres, ergueu bandeiras nunha loita que continúa.
Por cuarto ano consecutivo tivemos, na biblioteca, a ocasión de escoitar a biografía da nosa autora. Desta volta, foron catro as voces, catro Rosalías, catro mulleres representando a unha e a todas.
Textos (que atoparedes no boletín confeccionado por Dores Cao) nas voces de: Amanda González (Rosalía nena-moza), Belén Rojas (Rosalía xove) Estefanía Ferreiro Alejandro Cortés Rocío García Pablo Aguiar Paula López Jessica Maroño Triana Martín Alba Míguez Alejandro Rodríguez Naveira Desirée Rodríguez Alejandro Rodríguez Trujillo Ada Meritxell Álvarez Noelia Diéguez Yuli Andrea González Nerea Maroño Sonia Martínez Estela Moscoso Violeta Rivas Alba Ríos Brais Vázquez
Acto organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración coa biblioteca.
lunes, 9 de marzo de 2009
A muller innovadora na ciencia
Con ela quérese demostrar que non é verdade que non existisen mulleres dedicadas á ciencia senón que ficaron ocultas. Por iso, preténdese reescribir a historia cun ollar novo para rescatalas do esquecemento e ver que a contribución feminina no ámbito científico-tecnolóxico foi importante.
Na biblioteca tés a túa disposición unha guía para facilitar o seu percorrido.
Para sacar á luz a ocultación da que foron obxecto as mulleres matemáticas
Para poñer de relevo os logros científicos no seu contexto histórico
Para estimular vocacións entre as rapazas
Porque a coeducación é labor de todas e todos
domingo, 8 de marzo de 2009
Viñetas reivindicativas
Campaña que ten como obxectivo favorecer o uso da linguaxe non sexista para lograr unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, acorde coa realidade que vivimos.
sábado, 7 de marzo de 2009
As presas do franquismo
La voz dormida achéganos ás vidas dunhas mulleres que decidiron asumir protagonismo para loitar por un mundo máis xusto.Mulleres que xogaron un importante papel nuns anos decisivos na historia de España.
Mulleres recluídas na prisión de Las Ventas que, construída para 400 mulleres, chegou a ter a 4.500 presas vivindo nas peores condicións.
En palabras da súa autora, Dulce Chacón:
"Es necesario señalar el protagonismo de la mujer, no sólo en las cárceles sino también en el maquis y en la lucha clandestina, o como apoyo fundamental en la sociedad del vencido. El papel de la mujer fue tratado siempre como secundario, y ninguna novela hasta hoy había recogido su lucha." "La mujer perdió dos veces. Perdió la guerra civil y perdió los derechos civiles que había logrado durante la República. En el primer caso, perdieron las mujeres republicanas, en el segundo, las dos, tanto republicanas como nacionales, porque fueron relegadas al ámbito doméstico. Hubo un organismo oficial que se llamaba la Sección Femenina, y que ensañaba a la mujer a ser ama de casa, descanso del guerrero y ángel del hogar.Esa pérdida la hemos arrastrado hasta hoy. La mujer tiene que mostrar su valía doblemente en cualquier campo, porque nuestra sociedad, la sociedad española, sigue siendo muy machista."
viernes, 6 de marzo de 2009
Pippi Calzaslargas
Pippi Calzaslargas, o seu verdadeiro apelido é Lasgstrump, é unha rapaza de 9 anos con moita imaxinación e a quen lle gusta vestirse, calzarse e peitearse ao seu xeito.