martes, 23 de noviembre de 2010

Camiñan descalzas polas rochas

No prólogo do libro:

Os relatos e as ilustracións foron creados polas autoras para contribuir coa campaña de Amnistía Internacional "Non máis violencia contra as mulleres", lanzada co obxetivo de poñer de relevo a gravidade e a dimensión do problema, e conseguir que os Estados asuman a súa responsabilidade ante esta violación dos dereitos humanos que é a máis estendida e que permanece oculta e impune.

A violencia contra as mulleres está presente en todas as sociedades do mundo, sexa cal sexa o seu sistema político ou económico. Non sabe de culturas, clases sociais nin etnias. Este escándalo cotiá maniféstase de diferentes maneiras e ten lugar en múltiples espazos, pero cunha raíz única: a discriminación universal que sofren as mulleres polo mero feito de selo.

Unha de cada tres mulleres no planeta sufriu abusos nalgún momento da súa vida a mans de axentes do Estado, membros da súa propia familia ou coñecidos. A violencia no ámbito familiar é a principal causa de morte e discapacidade entre as mulleres de 16 a 44 anos de idade.

A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflictos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos de Camiñan descalzas polas rochas.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails