lunes, 28 de junio de 2010
domingo, 27 de junio de 2010
As contas claras
A biblioteca non quere marchar de vacacións sen facervos partícipes dos movementos dos fondos durante este último curso.
Como vedes na imaxe, o número de préstamos acadou unha moi boa cifra: 3789.
Os libros (2567), que outro ano máis seguen sendo os gañadores, supoñen un 68% sobre o total dos préstamos; seguidos das películas (1140) con un 30%. No apartado de "outros" van a música e as revistas que cos seus 82 préstamos, representan un 2%.
Outro dato a ter en conta é os préstamos acadados na campaña de verán: desde o 1 de xuño ata o día 23 foron nada máis nin nada menos que 503 préstamos, maioritarimente de libros ( 467).
Nel podemos comprobar como ano tras ano aumenta a cantidade total de préstamos.
Seremos quen de superar esta última cifra para o vindeiro curso?
Pode que si. No IES As Mariñas temos o san costume de ler, de ver películas e de escoitar música. Tamén nas vacacións!!
martes, 22 de junio de 2010
Os libros máis lidos
A biblioteca non quere rematar este curso sen encheros seus andeis. E, que mellor que facelo coas lecturas máis prestadas neste ano? Botémoslle unha ollada, hai para todos os gustos:
Mil soles espléndidos, O neno do pixama de raias, La soledad de los números primos, A tres metros sobre el cielo, e La extraña desaparición de Esme Lennox empatan no número de préstamos e sitúanse na cabeza da lista.
El símbolo perdido, La mujer de verde, Cometas en el cielo, Rosas blancas para Claudia, Perdona si te llamo amor, Cartas de inverno, La lluvia antes de caer e Marcas de nacimiento rematan a listaxe dos 24 libros máis lidos.
La ladrona de libros séguelles de cerca acadando un merecidísimo segundo lugar.
Crepúsculo, e a súa saga (léase Eclipse, Luna Nueva e Amanecer) resístense a deixar os primeros postos de lectura e colócase no terceiro posto.
Los sangre azul, Cazadores de sombras, La reina en el palacio de las corrientes de aire, Tengo ganas de ti, Las crónicas de Narnia, La cocina del azafrán, Los ojos amarillos de los cocodrilos e A cociña de larpeiros fan pandilla para xuntarse na cuarta posición.
Atlas de una añoranza imposible quédase só no quinto lugar.
El símbolo perdido, La mujer de verde, Cometas en el cielo, Rosas blancas para Claudia, Perdona si te llamo amor, Cartas de inverno, La lluvia antes de caer e Marcas de nacimiento rematan a listaxe dos 24 libros máis lidos.
Estiveron a piques de entrar na listaxe: Todo por una chica, El olvido que seremos, Ensayo sobre la ceguera, Medianoche e Adicción, Las reinas de África, El ladrón del rayo, La casa del propósito especial, Inés del alma mía, El lector, Alas de fuego,...
A maior parte, por non dicir toda, destes libros están agora nas vosas casas agardando que os abrades para, tamén nas vacacións, adentraros noutros mundos e noutras vidas. Gozade deles!
Etiquetas:
Biblioteca,
Libros
lunes, 21 de junio de 2010
Bookcrossing Betanzos-Mugardos
Por fin chegou o día!
Marcos, Sergio, Paula, Adrián, Jessica e Iván, todos alumnos de 1º B da ESO, percorreron o Parque do Pasatempo de Betanzos buscando os mellores recunchos para deixar libros e pequenos agasallos.
E diredes, quen serán @s destinatari@s?
O alumnado do clube de lectura do IES de Mugardos, que hoxe pola tarde chegará para atopalos.
Pero, coidado! non vai ser doado, aínda que, para facilitar o traballo, hai unhas pistas a seguir.
Boa sorte e boas lecturas!
jueves, 17 de junio de 2010
A biblioteca de Sonia
Sonia, que hoxe veu moi contenta do exame da selectividade, non quere irse do instituto sen antes deixarnos a súa biblioteca particular.
Como boa lectora a súa selección é variada. Deste xeito atopamos algo de novela histórica ( La comerciante de libros, Los pilares de la tierra, Un mundo sin fin, La catedral del mar, Os libros arden mal...), lecturas xuvenís ( Rebeldes, Llamando a las puertas del cielo...), clásicos (El mercader de Venecia, El Aleph...), misterio ( Asesinos sin rostro, El código da Vinci...), imprescindibles (¿Que me queres, amor?... ) e últimas novidades na nosa biblioteca ( La lluvia antes de caer, La carretera...).
Moitas grazas, Sonia, non só polas túas recomendacións senón tamén por todo o que tes colaborado connosco nesta biblioteca, no blogue e no club de lectura. Dende aquí desexámosche moi boa sorte!
Etiquetas:
O alumnado fala de libros
miércoles, 16 de junio de 2010
Últimas noticias!
¿Aínda non pasaches pola Biblio para elixir as túas lecturas de verán?
¿Non sabes que libros escoller?
Apresúrate, que as estanterías empezan a baleirarse. ¡ Xa levamos 364 préstamos este mes!
E, se tes dúbidas: ¡ déixate aconsellar!!!!
Lembra: Podes levar ata 10 títulos.
martes, 15 de junio de 2010
Pepa A Loba de Carlos G. Reigosa
Agora tócalle a Noemí, Carolina, Patricia, Alba e Sara o turno das recomendacións. Todas elas mulleres como a protagonista do libro.
“Esta novela gustoume porque reflexa á perfección as inxustizas ás que estaban sometidos os labregos polos caciques da época, porque me achega máis ao pasado do pobo galego e ao seu sufrimento, por facerme ver como eran condenados por “delictos” que os propios fidalgos lles “obrigaban” a cometer para poder levar un cacho de pan á boca. Porque en obras coma estas vense as dúas caras do pobo galego: por un lado, os caciques asoballadores e, polo outro, os galegos sufridores”.
Noemi Bascoy
"Este libro empeceino a ler hai anos e pareceume aburrido. Pero agora que o volvín ler, a miña opinión cambiou radicalmente. Pareceume unha boa novela pola forza e valentía que tiña a protagonista, Pepa, alcumada a Loba, despois dos duros golpes que a vida lle dera, xa dende ben nova, pois na infancia perdera a súa nai, viuse obrigada a facer traballos impropios da súa idade... e aínda así, Pepa fíxose unha muller valente, que loitou polos seus ideais ata o fin da súa vida, contra todo e contra todos, sempre á marxe da xustiza e das leis”.
Carolina Brandariz
“A lectura da novela é gratificante... gustoume porque dende un principio enganchoume, engaioloume... isto puido ser porque se trataba dunha lenda e entón iso tiroume máis ou porque o escritor fixo ben o seu labor”.
Patricia Centoira
“En canto ao tema, interesoume, xa que se fai “xustiza” ás “inxustizas” da época, e non se poderían resolver doutro xeito que non fose “tomar a xustiza pola man”.
Patricia Centoira
“En canto ao tema, interesoume, xa que se fai “xustiza” ás “inxustizas” da época, e non se poderían resolver doutro xeito que non fose “tomar a xustiza pola man”.
Alba Fernández
“A obra é moi interesante dende un punto de vista psicolóxico e histórico. As enormes diferenzas sociais “enxendraban” persoas como Pepa a Loba, traumadas e infelices. A obra conta o momento dunha persoa que, dende moi pequena, tivo que desenvolver o seu espírito de supervivencia, unha muller que loitou pola igualdade, aínda que dun xeito, ao meu xuízo, moi radical. A reivindicación está ben, pero sentimentos como a rabia desembocan en problemas como o de Pepa ou outras situacións atemporais e irrefreables que non obedecen a ningún tipo de raciocinio nin de sentido común”.
Sara Vales
lunes, 14 de junio de 2010
Ollos de auga de Domingo Villar
Non hai problema, Miguel, Iván, Andrea e Tania aconséllante:
“Pareceume, realmente, unha novela moi interesante, completa e orixinal. Presenta mortes, suspense, amores paixonais, desencontros, humor (a través de Rafael Estévez) e moitas cousas máis, que fan que, cando vas lendo, te introduzas nunha historia tan rechamante como é esta”.
Miguel Roca“É interesante e, sobre todo, o que máis te engancha é a ansia de saber quen matou a Lois... Non é un asasinato normal, o modo en que atopan a Reigosa é algo macabro e impresionante, unha morte digna dalguén cruel e con desexos de vinganza”.
Iván Mosquera
“As novelas detectivescas non son a miña preferencia; sen embargo, este libro non me disgustou...o que fixo que me gustase foron os pequenos detalles nos que eu sempre me fixo moito: as sardiñas con cachelos, o viño das parras do pai de Leo, a area da praia, o olor da herba cortada, o silencio das rúas de Vigo pola noite, as cuncas de viño do bar Elixio, a cara pálida de Iria Ledo, a maneira de ser de Arthur, a suor de Estévez, a camisa de liño que levaba, a ausencia de Alba...”
“A través dun simple asasinato, introduce na historia múltiples críticas que, por veces, poden pasar case desapercibidas. Ao tempo, apórtanos cultura musical, gastronómica, xeográfica, ten un compilatorio de saberes, sobre todo galegos, que son asombrosos e fascinantes”
viernes, 11 de junio de 2010
Plan, eu si que leo
Sexas como sexas, temos unha tarifa plana para ti. Pasa pola biblioteca e leva 10 libros durante todo o verán, sen recarga nin custos adicionais. Oferta válida ata o 23 de xuño o fin de existencias.
Etiquetas:
Biblioteca,
Exposicións,
Libros
jueves, 10 de junio de 2010
Escribindo ao xeito de Séchu Sende
Algunhas alumnas de 1º Bac Tecnolóxico animáronse a escribir tomando como punto de partida un relato de Made in Galiza, libro no que o autor, dun xeito moi crítico, fai unha análise da situación da lingua galega. Este é o resultado:
EXPECTORANTE DA RABIA E CALMANTE DA FURIA
COMPOSICIÓN:
1000 gr de latín
500 gr de árabe
200 gr de xermánico
1 kg de castrapeo
1 kg de retranca
100 gr de confianza
200 gr de desconfianza
1000 gr de positivismo (“malo será...”)
3000 gr de predición (“vas caer, vai chover”)
Produto elaborado pola combinación de expertos romanos, árabes, xermanos (moi amigos entre si) e un chisco de pobreza, prexuízo, inferioridade social, vergoña e represión.
1000 gr de latín
500 gr de árabe
200 gr de xermánico
1 kg de castrapeo
1 kg de retranca
100 gr de confianza
200 gr de desconfianza
1000 gr de positivismo (“malo será...”)
3000 gr de predición (“vas caer, vai chover”)
Produto elaborado pola combinación de expertos romanos, árabes, xermanos (moi amigos entre si) e un chisco de pobreza, prexuízo, inferioridade social, vergoña e represión.
INDICACIÓNS:
Segue as indicacións da Real Academia Galega, a non ser que a túa zona lingüística o faga dun xeito diferente.
-Situacións críticas de perigosidade de “ostias”.
-Clase de Galego (e de Filosofía).
-Na montaña galega, e en Casa Pacucho (“Salvádeme siempre”), especialidade en churrasco e sobremesas variadas (flan con nata, nata con flan).
POSOLOXÍA:
Adultos: dose normal, xa que están fortes coma buxos.
Nenos: en grandes doses, sobre todo na “idade do pavo”.
CONTRAINDICACIÓNS:
Inxerido en grandes doses pode producir grandes incomunicacións co mundo exterior.
Pode producir tamén indixestión, mesturado con outras linguas.
ADVERTENCIAS:
Non se recomenda a súa utilización en contextos formais.
Cada 1000 gr desta lingua conteñen 500 gr de palabras obscenas, polo que debe usarse con moita precaución.
INCOMPATIBILIDADES:
-Feixoada ou bilingüismo.
-Pijos de La Coru.
EFECTOS SECUNDARIOS:
Non deben producirse coas doses axeitadas. En casos moi extremos, discriminación lingüística.
INTOXICACIÓN E TRATAMENTO:
En caso de sobredose pode provocar pesadez estomacal. Se é así, consultar a RAE ou o ILGA.
PRESENTACIÓN:
En lotes pequenos, dispoñibles por vía oral e/ou escrita.
DEBE MANTERSE AO ALCANCE DE TODOS E, SOBRE TODO, DOS NENOS E NENAS.
Este traballo foi realizado por: Cristina Blanco, María Naveira, Andrea Rivera e Cristina Roel.
Segue as indicacións da Real Academia Galega, a non ser que a túa zona lingüística o faga dun xeito diferente.
-Situacións críticas de perigosidade de “ostias”.
-Clase de Galego (e de Filosofía).
-Na montaña galega, e en Casa Pacucho (“Salvádeme siempre”), especialidade en churrasco e sobremesas variadas (flan con nata, nata con flan).
POSOLOXÍA:
Adultos: dose normal, xa que están fortes coma buxos.
Nenos: en grandes doses, sobre todo na “idade do pavo”.
CONTRAINDICACIÓNS:
Inxerido en grandes doses pode producir grandes incomunicacións co mundo exterior.
Pode producir tamén indixestión, mesturado con outras linguas.
ADVERTENCIAS:
Non se recomenda a súa utilización en contextos formais.
Cada 1000 gr desta lingua conteñen 500 gr de palabras obscenas, polo que debe usarse con moita precaución.
INCOMPATIBILIDADES:
-Feixoada ou bilingüismo.
-Pijos de La Coru.
EFECTOS SECUNDARIOS:
Non deben producirse coas doses axeitadas. En casos moi extremos, discriminación lingüística.
INTOXICACIÓN E TRATAMENTO:
En caso de sobredose pode provocar pesadez estomacal. Se é así, consultar a RAE ou o ILGA.
PRESENTACIÓN:
En lotes pequenos, dispoñibles por vía oral e/ou escrita.
DEBE MANTERSE AO ALCANCE DE TODOS E, SOBRE TODO, DOS NENOS E NENAS.
Este traballo foi realizado por: Cristina Blanco, María Naveira, Andrea Rivera e Cristina Roel.
Etiquetas:
Lingua e Literatura Galega,
O alumnado fala de libros
lunes, 7 de junio de 2010
Xa temos a buxaina!
Esta fin de semana fomos a Madrid a recoller a "peonza de bronce" que nos foi concedida nos IV Premios Edublogs na categoría de Bibliotecas Escolares.
Acompañáronnos Andrea e Cristina, alumnas de 1º de bacharelato, como representantes desa parte do alumnado que colabora neste blogue. O premio é, como non podía ser menos, para tod@s el@s tamén.
A viaxe non puido comezar mellor: aloxámonos no Barrio das Letras! Xusto ao carón da casa de Cervantes e a poucos metros da de Lope de Vega!
O sábado pola mañá acudimos á entrega de premios que foi moi emotiva. Gozamos con Alfonso Alcántara que nos demostrou que "Los blogs son unos maleducados", puxémoslle cara ás compañeiras bibliotecarias premiadas (Mireu que fem a la nostra biblioteca, Ars Legendi e A Biblioteca do Colmeiro) e recollemos a nosa buxaina.
Pola tarde visitamos a Feira do Libro de Madrid que cumpría 69 anos. A de escritoras e escritores coñecidos que alí vimos! : Camilla Lëckberg, Claudia Gray, Antonio Muñoz Molina, Javier Reverte, Eduardo Mendoza, Almudena Grandes, Asa Larsson, Julia Navarro ...
O domingo foi día de comtemplación: achegámonos ao Museo Reina Sofía para ver o Guernica; en CaixaForum impresionounos a exposición de Fotopress 09 e maravillounos a de Miquel Barceló. Aproveitamos tamén para achegarnos á Estación de Atocha e visitar a homenaxe ás vítimas do 11 M.
Ademais diso paseamos, comimos, rimos moito, pasamos moita calor e gozamos non só do premio senón tamén de Madrid. Se tedes dúbidas, preguntádelle a Andrea e a Cristina, de seguro que vos animan a que colaboredes neste blogue: ten premio!
Etiquetas:
Biblioteca,
Premios,
Viaxes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)