lunes, 14 de junio de 2010

Ollos de auga de Domingo Villar

Non sabes que libro coller para ler nas vacacións?
Non hai problema, Miguel, Iván, Andrea e Tania aconséllante:

“Pareceume, realmente, unha novela moi interesante, completa e orixinal. Presenta mortes, suspense, amores paixonais, desencontros, humor (a través de Rafael Estévez) e moitas cousas máis, que fan que, cando vas lendo, te introduzas nunha historia tan rechamante como é esta”.
Miguel Roca

“É interesante e, sobre todo, o que máis te engancha é a ansia de saber quen matou a Lois... Non é un asasinato normal, o modo en que atopan a Reigosa é algo macabro e impresionante, unha morte digna dalguén cruel e con desexos de vinganza”.
Iván Mosquera

“As novelas detectivescas non son a miña preferencia; sen embargo, este libro non me disgustou...o que fixo que me gustase foron os pequenos detalles nos que eu sempre me fixo moito: as sardiñas con cachelos, o viño das parras do pai de Leo, a area da praia, o olor da herba cortada, o silencio das rúas de Vigo pola noite, as cuncas de viño do bar Elixio, a cara pálida de Iria Ledo, a maneira de ser de Arthur, a suor de Estévez, a camisa de liño que levaba, a ausencia de Alba...”
Andrea Deibe

“A través dun simple asasinato, introduce na historia múltiples críticas que, por veces, poden pasar case desapercibidas. Ao tempo, apórtanos cultura musical, gastronómica, xeográfica, ten un compilatorio de saberes, sobre todo galegos, que son asombrosos e fascinantes”
Tania Vilariño

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails