Unha selección de libros e películas para estes días terroríficos
Tamén en pdf
Blog da biblioteca do IES "As Mariñas" de Betanzos

A min recomendoume empezar a lelo un amigo. Chamoume a atención que se leran ao revés, así comencei a engancharme. Xa temos na biblioteca a tradución galega do cómic oficial do Ano Internacional da Astronomía. Amósanos un retrato de Galileo feito en seis épocas claves para a historia da Astronomía. Galileo protagoniza cada unha delas á vez que nos presenta os descubrimentos que cambiaron o mundo:
En Babilonia aprende a escribir con arxila e ler o ceo.
En Alexandría mide a Terra con Eratóstenes usando un pau.
A beiras do Ganges, Ariabhata explícalle que a Terra vira sobre si mesma.
En Venecia mira máis aló e descobre un universo revolucionario.
En Greenwich coñece a Newton e Halley e o "seu" cometa.
E no ano 2009? Galileo regresou! Animate a coñecelo!
Pero non vos impacientedes, mentres agardades ao luns para pedilo en préstamo podedes ir botandolle unha ollada: