Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de octubre de 2014

O caldo do Samaín

Atopa as solucións e búscaas na sopa de letras.

Cubre os teus datos na folla e  depositaa na caixa que hai na biblioteca.

O día 7 de novembro escollerase ao chou unha entre as que teñan todas as respostas correctas.

O gañador ou gañadora recibirá como premio un cheque regalo por valor de 20€ canxeable en calquera dos comercios da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Betanzos (ACEBE) máis un regalo sorpresa de dita asociación valorado noutros 20€.

Lembra, tes ata o día 6 de novembro para deixar na caixa o teu caldo!!!!!!!!

miércoles, 8 de mayo de 2013

O gañador do Pasapalabra



Por fin o pasado venres sorteouse entre os folletos acertantes o premio do concurso do Pasapalabra da multiculturalidade! 

Ante a atenta mirada de parte do alumnado,  a man inocente de Leticia Vales sacou o nome do gañador: Alex Yáñez de 1º B da ESO que levou para a súa casa o premio que consistía nunha cesta con libros, música e produtos típicos de diferentes países. 

Noraboa a todos os que participástedes e, en especial, ao gañador!

Esperámosvos para os seguintes concursos!


jueves, 18 de abril de 2013

O pasapalabra multicultural

Como remate da actividade da multiculturalidade que estes  días inundou o centro, a biblioteca pon en marcha  o pasapalabra multicultural. 

  • Pode participar todo o alumnado do centro.
  • O concurso consiste en cubrir este folleto coas respostas correctas,os datos persoais e despois depositalo na furna que hai na biblioteca.
  • Para a búsqueda das respostas pódense consultar os libros e ordenadores da biblioteca.
  • O prazo para a entrega das solucións acabará o día 30 de abril ás 11,30 da mañá.
  • O premio consistirá nunha cesta con produtos de distintos países.
  • Se houbese máis dun folleto con todas as respostas acertadas, sortearíase o premio entre os acertantes. 

lunes, 4 de marzo de 2013

Parellas na biblioteca

Chegou  febreiro e , case da man, apareceron o Antroido e San Valentín.
Este ano deixamos de lado os clásicos poemas de amor e organizamos un concurso. 
Había que formar parellas, todas elas famosas, unhas máis coñecidas ca outras. Tiñamos pintores, músicos, actores, científicos, escritores, personaxes da mitoloxía e ata dúas parellas de alumnos. Pero tanto os nomes como a información estaban todos revoltos e precisabamos poñer orde. Os valentes participantes puxeron todo o seu empeño e paciencia en facer as unións e contestar as preguntas sobre os protagonistas. Non era fácil.

As finalistas foron Alba Botana, Alba Blanco e Rocío Espiñeira, todas de 2º de ESO. E a sorte decantouse a favor de Rocío, que ten de premio dúas entradas de cine con chuches e palomitas.

NORABOA!!!!!

E grazas a todos por participar!

jueves, 13 de diciembre de 2012

Iván e Sergio van ao cine


-Sabedes quen foron  os gañadores do concurso Cine e Literatura?

-Pois... Iván e Sergio.

- E que tiñan de premio?

- Dúas entradas para o cine con dereito a palomitas, bebidas e golosinas.

- Para que película?

- Poden elixir a que queiran. Teñen todo o curso para decidir a película que máis lles apeteza.


Disfrutade do premio!

martes, 20 de noviembre de 2012

Concurso cine e literatura

Exposición libros e películas

Bases: 

Poderá participar todo o alumnado do centro, ben de forma individual ou por parellas.

O prazo do concurso será desde o día 19 de novembro ata o día 30.

No momento da inscrición, recollerase unha ficha onde irán escribindo as respostas das preguntas.

As preguntas, unha cada día, iranse poñendo no taboleiro exterior da biblioteca.

O día 30 será o prazo final para a entrega da ficha de respostas.

Haberá un premio para a ficha que teña todas as respostas correctas. En caso de haber varias farase un sorteo.  

miércoles, 24 de octubre de 2012

Concurso de cabazas


Ánimo, participa e non deixes pasar a ocasión!

martes, 8 de mayo de 2012

E o premio foi para...

O derradeiro venres rematou o prazo para presentar as respostas ao concurso de "Pasaparola" e hoxe a man inocente de Adrián  descubriu o gañador do premio.
A casualidade quixo que a única papeleta que tiña varios autores fose a elexida: así Fran, Dani e Alfredo, alumnos de 2º da ESO, repartíronse a cesta italiana.

Noraboa a todos, non só aos premiados senón tamén a todos os que participaron coa súa investigación na busca das respostas.
Ata a próxima viaxe!




lunes, 7 de mayo de 2012

A carta de Zacarías aos "olímpicos"

Noraboa a ti, Marta, polo excelente resultado obtido, pese á falta de tempo: cuarto lugar. Excelente.

Noraboa aos dous polo fenomenal traballo e empeño que puxestes.
E a ti, Alfredo, lamentar esa mala sorte cos erros e a falta de tempo, pero animarte a seguir traballando con esa boísima actitude e capacidade de análise crítico.
É un tremendo orgullo ser o voso profesor.
Saúdos e parabens tamén aos vosos pais, que teñen que estar moi satisfeitos da vosa traxectoria escolar.

Fernando Zacarías, profesor de Matemáticas.


jueves, 3 de mayo de 2012

Olimpiada matemática e feira matemática 2012

Despois de rematar a fase de centro, no que o alumnado de 2º ESO traballou en varias sesións a resolución de problemas e elixiu ás dúas persoas que representarían ao grupo e ao Centro na Olimpiada do 2012 para este nivel, Alfredo Crespo Otero e Marta Esther Varela Rodíguez defenderon con enerxía e traballando ata o final, a participación deste ano.
Había moitos participantes nesta fase de zona (máis de 70) de diversos centros, sendo de dous o número máximo permitido, por cada grupo de ESO.
Nuns días saberase, que participantes pasan á final de toda Galicia, que este ano se celebrará en Vigo.
Sexa cal sexa o resultado felicitámonos por ter participado neste evento e felicitamos ao grupo de segundo de ESO polo traballo realizado e a Marta e Alfredo polas ganas e empeño que puxeron no seu traballo.
Por outro lado o vindeiro sábado 12 de maio, terá lugar a VI Feira matemática en Palexco (A Coruña) e na que o nos Centro vai volver participar como en edicións anteriores.
Tódalas persoas que queiran visitala poden facelo en horario de 11 a 19 horas.

viernes, 20 de abril de 2012

Pasaparola

Que non sabes o que é? Que tes dúbidas de como participar? Que descoñeces as bases do concurso?



A biblioteca poncho doado:


Pode participar todo o alumnado do centro.



O concurso consiste en cubrir o folleto coas respostas correctas e os datos persoais, e despois deposítalo na urna que haberá na biblioteca.



Para a busca das respostas pódese consultar os libros, películas, cds e ordenadores da biblioteca.



O prazo para entrega das solucións acabará o día 4 de maio ás 11,30 da mañá.



O premio consistirá nunha cesta con produtos italianos e libro, película e música relacionada co país.


Se houbese máis dun folleto con todas as respostas acertadas sortearíase o premio entre os acertantes.


Así que xa sabes: pásate pola biblioteca, pregunta, colle o folleto, consulta e investiga as respostas e deixa as solucións na urna.



Moita sorte!


sábado, 3 de marzo de 2012

Estes son os protagonistas



Tres deles enfrotaranse á derradeira proba en tan só 15 días. Ánimo!

miércoles, 29 de febrero de 2012

Novos talentos



O IES “As Mariñas” participa na 4ª edición do Concurso NOVOS TALENTOS organizado por Coca-Cola.
Seis alumnos e alumas de 2º da ESO foron finalistas nunha primeira fase: Daniel Costa, Alfredo Crespo, Kelly Estramil, Adrián Popescu, Noelia Roel e Marta Varela.
Tras longas deliberacións do xurado, composto polo departamento de lingua galega e literatura e mais a colaboración especial de Xulio Loureiro, saíron elixidos tres representantes para participar na fase seguinte. Son Adrián Popescu, Noelia Roel e Alfredo Crespo. Parabéns!



O 16 de marzo medirán os seus talentos con representantes de toda Galicia, no “Liceo La Paz” da Coruña.




O premio é unha viaxe que pode ser a calquera parte do mundo. Anúnciase no último momento, así que... sorpresa!




O tempo para elaborar a redacción será de dúas horas e o tema, escollido para a ocasión, anunciarase nese momento.




Os nosos concursantes terán sesións de "adestramento".




Noraboa e sorte!

viernes, 10 de febrero de 2012

Somos finalistas!




Las tres Gracias (Laura, Lucía e Sofía), As Nereidas (Sonia e Cecilia) e Artemis e Atenea (Paula e Yamila) son os nomes dos equipos que acaban de quedar finalistas do concurso Odisea 2012 organizado pola Sociedade de Estudos Clásicos de Galicia.


O concurso consiste en responder durante catro días a unha batería de preguntas que nesta edición estaban relacionadas con "As viaxes no mundo clásico".


Agora temos que esperar ao desempate que será o vindeiro día 15.

A nosa noraboa para todos os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades por participar nesta actividade, en especial para Os Olímpicos (Diego e Jacobo) porque moralmente eles tamén foron finalistas.



jueves, 27 de octubre de 2011

A cabaciña lectora




Xa veredes que ben están as outras que están preparadas para o desfile de mañá






Como podedes observar a nosa cabaciña está lendo o libro "A illa do tesouro" de Robert L. Stevenson.

jueves, 6 de mayo de 2010

Conseguímolo!

A nosa noraboa ao 1º e 2º premios que foron para Mireu què fem a la nostra biblioteca e Ars legendi e para todos os que participaron no concurso. Ben o merecen!

martes, 20 de abril de 2010

Somos finalistas!

Acabamos de enterarnos, e non nos podemos resistir a facervos partícipes da nosa alegría: Somos finalistas dos Premios Edublogs 2010 na categoría de Blogs de Bibliotecas Escolares!

Compartimos os nervios da espera do resultado final con:

A BIBLIOTECA DO COLMEIRO

ARS LEGENDI

BIBLIOLUCES

BIBLIOTECA ESCOLA LA JOTA

BIBLIOTECA MIGUEL DE CERVANTES IES SUEL

BIBLIOTECA VIVA

EL BAÚL DE LADY BOOK

EL CALETA TAMBIÉN LEE

MIREM QUE FEM A LA NOSTRA BIBLIOTECA


Ademais, estes días, tamén recibimos un triple agasallo: Os blogues Bibloranca, A biblioteca do Colmeiro e Arquivos do trasno outorgáronnos o premio "Vale a pena ficar de olho nesse blog!" Moitas grazas aos tres.

sábado, 21 de febrero de 2009

Gañadores dos concursos "Darwin".

Xa temos gañadores! A participación foi masiva! O nivel foi excelente! O xurado tívoo realmente difícil!
Aquí tedes as caras de felicidade de Meri e Sergio logo de recibir os premios "Mira que ben ollo!" e "O pasapalabra evolucionista"



viernes, 27 de junio de 2008

Cilok.net


Ana, Cristina e Lucía, alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas deste centro, recollerán o vindeiro día 5 de xullo en Ribadeo o premio que conseguiron no Certame de Cooperativismo no Ensino.

O seu traballo, a creación dunha empresa desde a concepción da idea ata a posta en marcha da mesma, converteunas durante 6 meses en auténticas emprendedoras, non só polo labor levado a cabo, senón tamén polas ganas e empeño postos desde un principio.

Cilok.net, a súa empresa, é un cíber-locutorio pero tamén conta cun pequeno espazo dedicado á venda de agasallos personalizados.

Elas son o exemplo das nosas futuras empresarias. Idea, esforzo compartido, paixón.

Noraboa, mozas!

miércoles, 27 de febrero de 2008

Buscamos mascota para a nosa biblioteca

Tantos anos de lecturas compartidas e aínda non temos mascota.

Queremos que sexas ti, quen a cree.

Por iso decidimos, xunto coa desinteresada colaboración do Departamento de Plástica, convocar un concurso.

BASES:
-Pode participar o alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO.

-Os traballos deberán incluír algún motivo relacionado co tema da lectura, e nalgunha das súas partes aparecerá a lenda: "Biblioteca IES As Mariñas".

-Prazo de entrega dos traballos ata o día 18 de abril inclusive.

-Os traballos presentaranse en tamaño A4 en sobre pechado. Dentro deste sobre grande irá outro menor co nome, apelidos e grupo do alumno o alumna.

-Entregádelle á vosa profesora de Plástica o voso traballo. Ela faránolos chegar á biblioteca.

-Establécense un primeiro premio de 40€ e un accésit de 20€ que se trocarán por libros, música, películas, material deportivo ou útiles de pintura.

-Os premios entregaranse o 23 de abril, Día do Libro, na biblioteca.

-O xurado estará composto polo equipo da biblioteca e de dirección.

Por suposto, o autor ou autora da mascota elexida terá o recoñecemento oficial da biblioteca como creador ou creadora da mascota.
Related Posts with Thumbnails