Como remate da actividade da multiculturalidade que estes días inundou o centro, a biblioteca pon en marcha o pasapalabra multicultural.
- Pode participar todo o alumnado do centro.
- O concurso consiste en cubrir este folleto coas respostas correctas,os datos persoais e despois depositalo na furna que hai na biblioteca.
- Para a búsqueda das respostas pódense consultar os libros e ordenadores da biblioteca.
- O prazo para a entrega das solucións acabará o día 30 de abril ás 11,30 da mañá.
- O premio consistirá nunha cesta con produtos de distintos países.
- Se houbese máis dun folleto con todas as respostas acertadas, sortearíase o premio entre os acertantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario