jueves, 30 de abril de 2009

A nosa cadea de libros

Esta é un dos aneis da cadea de libros que se está a crear co Eu leo, ti les,...
Tod@s lemos!



Novecento Corazón de tinta Onde o sol adormece El nombre de la rosa Drácula Cazadores de sombras El laberinto de la rosa La marca del escorpión A miña planta de laranxa lima O inferno de Marta Julie y los lobos Harry Potter y el misterio del príncipe Son un cabalo Consumir preferentemente Poderosa Unha estrela no vento Crepúsculo El reino del dragón de oro El Quijote Poetízate Nuestra especie Crime en Compostela Cartas de inverno Memorias de Idhún (La resistencia)...

miércoles, 29 de abril de 2009

Poesía de cartón

Onte, Raúl Vacas, autor do libro de poemas Consumir preferentemente, reuniuse con As Mariñas Lectoras.

Pero Raúl non veu falar do seu libro, última lectura do clube, senón que veu ensinarnos a ser un pouco poetas, e para iso sacou da súa maleta obxectos sorprendentes. Algúns deles podedes velos nas seguintes imaxes:






Con el aprendimos que a poesía pode estar en calquera cousa e en calquera lugar.

martes, 28 de abril de 2009

Hai libros...

Hai libros que son unha aposta segura cando llos recomendas a alguén.
Hai libros que resisten o paso do tempo e das modas.
Hai libros que cando se terminan, custa deixalos outra vez no andel.
Hai libros que lembras sempre.
Hai libros que se renovan porque: "Eu xa o terminei pero agora estao lendo miña nai"
Hai libros…

El amor en los tiempos del cólera de Gabriel García Márquez, pertence a esta categoría de libros. De feito encabeza a lista das 10 mellores novelas da lingua española do último cuarto do século XX.

E ti, que libro incluirías?

sábado, 25 de abril de 2009

A paixón de ler

Os que gozan da lectura entenderano perfectamente, e os que aínda non chegastes a ese punto: ¿Non sentides envexa da paixón que pode chegar a espertar un bo libro?


jueves, 23 de abril de 2009

Libros que falan de libros

Algúns libros, entre outras moitas cousas, falan de libros. Na nosa biblioteca hai uns cantos deses. Esta é unha pequena escolma, pero se sabedes dalgún que non estea aquí, avisádenos, e incluirémolo.


miércoles, 22 de abril de 2009

Día do libro

O día mundial do libro celébrase o 23 de abril, data en que morreron tres escritores de sona: o español Miguel de Cervantes y Saavedra, o inglés Willian Shakespeare e o cronista peruano Inca Garcilaso de la Vega. Os tres faleceron en 1616.

A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da Unesco no ano 1995 coa idea de rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e autoras, e alentar a todos e todas, en especial aos máis xóvenes a descubrir o placer da lectura e respetar a irremplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

En Cataluña, día de Sant Jordi, é tradicional regalarlle unha rosa á persoa que merque un libro.

martes, 21 de abril de 2009

O libro e os dereitos humanos

Para o ano 2009 a Unesco suxire que se traballe o tema do vínculo entre edición e educación, cunha énfase sobre o rol do libro no desenvolvemento dunha educación de calidade, e sobre a unión entre o libro e os dereitos humanos.

Nós, que somos moi mandadiñas e facéndolle caso á Unesco, elaboramos un boletín con recomendacións de libros que leva por título: O libro e os dereitos humanos.

Botádelle unha ollada! de seguro que atopades algo do voso interese


Ollo! Fixádevos que cambiamos o formato de "Boletíns e guías". Agora aparecen todos os publicados, só tedes que clicar naqueles que vos interesen.

lunes, 20 de abril de 2009

Somos finalistas!

Si, acabamos de sabelo: Somos finalistas nos Premios Edublogs 09 na categoría de Blogs de Centros!

O vindeiro 4 de maio coñeceranse os gañadores finais. Na espera acompáñannos outros blogues das bibliotecas escolares galegas:




Noraboa para todos eles!

domingo, 19 de abril de 2009

Eu leo, ti les,...

A exposición de libros deste mes, mes do libro, farémola entre todas aquelas persoas que queiran festexar o goce da lectura.

- E como podemos colaborar?

- Moi doado. Só tedes que
recomerdalle un libro a unha persoa que creades que lle vai gustar. Para iso, na biblioteca, temos uns folletos para cubrir co nome de quen recomenda e a quen recomenda. A condición é que o libro ten que estar entre os nosos fondos.

- Unha vez cuberto o folleto e collido o libro, pegades o folleto na corticeira da biblioteca e deixades o libro na mesa. E xa está!

- Agora tócalle a quenda á persoa elexida.

Pode participar toda a comunidade educativa, pero ollo! só terá opción a premio o alumnado.

jueves, 16 de abril de 2009

Claude Monet

Gústache? Queres saber máis de Claude Monet?

Podes facelo na biblioteca ou lendo as páxinas da wikipedia ou artehistoria

Podes tamén contemplar a súa obra con máis detalle nesta páxina

martes, 14 de abril de 2009

É de ben nacidos ser agradecidos.



Temos novas de recibirmos desde os blogues das bibliotecas CEIP de Andrade , do IES Fernando Esquío de Neda e do IES Castro de Baronceli de Verín os premios Olla que blog Maneiro! e Selo Violeta .




Sentímonos moi honrados e non queremos ser desagradecidos, pero póñenos nunha moi difícil situación o feito de termos que elixir outros blogues xa que consideramos que o labor que realizan todos eles ben merece eses premios.

lunes, 13 de abril de 2009

Hai moitas razóns para visitar a biblioteca

É DE BALDE: Non hai que pagar nin un céntimo por todos os servizos que ofrece.

VARIEDADE DE PRODUTOS: Libros, xornais, revistas, películas, música, audiolibros, auriculares, servizos de ordenadores con acceso a Internet, información das novidades, boletíns con recomendacións de lectura...
FACILIDADE NOS PRÉSTAMOS: Só tes que dispoñer do carné de socio ou socia e xa
podes levar en préstamo libros, películas e CDs de música. E lembra sempre podes facer a renovación dun libro que non puideses rematar de ler.
INFORMACIÓN XERAL DISPOÑIBLE: Podes buscar todo tipo de información para os teus traballos de clase ou de teu interese persoal a través de todos os seus recursos dispoñibles.

PARA TODO TIPO DE PÚBLICO: É un espazo que poden utilizar tanto o alumnado como o profesorado para estudar, traballar ou ler. E incluso a túa familia accederá ao noso
material facéndose socios e socias.

AMBIENTE CÓMODO: Tedes á vosa disposición mesas para o traballo en grupo, postos individuais e sofás de lectura informal.

UBICACIÓN CERCANA: Non tes que desprazarte. Está no propio lugar de traballo. Máis cómodo, imposible!

CONSULTA NA TÚA PROPIA CASA: Todos los recursos da biblioteca ( libros, películas e CDs de música) están catalogados en Internet polo que desde calquera ordenador podes localizar o material que che interese e coñecer o seu estado: dispoñible ou emprestado.

SEMPRE Á ÚLTIMA: No moble de novidades atoparás todas as novas adquisicións que se van facendo así como os boletíns que a biblioteca elabora.

jueves, 9 de abril de 2009

Mendel el de los libros


Jakob Mendel é un libreiro de vello que exerce o seu oficio no café Gluck, en Viena. Alí, durante vinte e cinco anos, instálase todos os días ás sete e media e, sempre na mesma mesa, rodéase de libros. Pero as cousas van trocar, non só para Mendel senón tamén para o vello café.


Stefan Zweig na nosa biblioteca: Carta a una desconocida, Erasmo de Rotterdam, Ardiente secreto, La mujer y el paisaje.

miércoles, 8 de abril de 2009

Imprenta Babel

Imprenta Babel trasládanos aos difíciles anos da ditadura franquista para contarnos a infancia e adolescencia de Pol Albión, un escritor catalán que está a piques de publicar a súa nova novela en formato dixital.

Pero Imprenta Babel é, fundamentalmente e como podemos ler na contraportada do libro, unha homenaxe á era Gutenberg, aos tempos en que a literatura se vendía na trastenda das librarías e líase ás agachadas, aos anos en que participar da maxia da literatura significaba xogar a liberdade e a vida.

Imprenta Babel é un libro de Andreu Carranza que nos fala daquelas persoas que expuxeron as súas vidas para que os libros non deixasen de formar parte das nosas vidas. E fálanos tamén dos censores da época, aqueles que decidían o que se podía e non se podía ler, aplicando criterios como o atribuído ao entón Ministro de Información, Arias Salgado: “La novela es un género que sólo merece la publicación si marido y mujer, en un matrimonio legítimamente constituido, pueden leérsela el uno al otro sin ruborizarse mutuamente y sobre todo sin excitarse”.

A illa do tesouro, O gardián entre o centeo, As aventuras de Tom Sawyer, A volta ao mundo en oitenta días, O extraño caso do doutor Jekyll e mister Hyde ou O corazón das tebras, son algúns dos títulos que asoman polas páxinas de Imprenta Babel. Cualquera destes títulos poderédelos mercar hoxe en calquera libraría ou pedilos en préstamo en cualquera biblioteca e, por supuesto, lelos libremente en calquera sitio.
Que gocedes da súa lectura!

sábado, 4 de abril de 2009

Aínda que...

... nos gusta moito a nosa biblioteca, temos que recoñecer que as hai mellores.



jueves, 2 de abril de 2009

O paxaro que trae a boa sorte

Para que todas e todos entendamos mellor a que se destina cada euro que entregamos cando mercamos unha postal para o Bubisher ou cando lle pedimos a alguén que nola compre.





Desde esta biblioteca, cremos que todas estas persoas voluntarias merecen un recoñecemento polo seu labor desinteresado. Parabéns polo voso traballo! Graciñas por levarlles o frescor das palabras!

Related Posts with Thumbnails