lunes, 13 de abril de 2009

Hai moitas razóns para visitar a biblioteca

É DE BALDE: Non hai que pagar nin un céntimo por todos os servizos que ofrece.

VARIEDADE DE PRODUTOS: Libros, xornais, revistas, películas, música, audiolibros, auriculares, servizos de ordenadores con acceso a Internet, información das novidades, boletíns con recomendacións de lectura...
FACILIDADE NOS PRÉSTAMOS: Só tes que dispoñer do carné de socio ou socia e xa
podes levar en préstamo libros, películas e CDs de música. E lembra sempre podes facer a renovación dun libro que non puideses rematar de ler.
INFORMACIÓN XERAL DISPOÑIBLE: Podes buscar todo tipo de información para os teus traballos de clase ou de teu interese persoal a través de todos os seus recursos dispoñibles.

PARA TODO TIPO DE PÚBLICO: É un espazo que poden utilizar tanto o alumnado como o profesorado para estudar, traballar ou ler. E incluso a túa familia accederá ao noso
material facéndose socios e socias.

AMBIENTE CÓMODO: Tedes á vosa disposición mesas para o traballo en grupo, postos individuais e sofás de lectura informal.

UBICACIÓN CERCANA: Non tes que desprazarte. Está no propio lugar de traballo. Máis cómodo, imposible!

CONSULTA NA TÚA PROPIA CASA: Todos los recursos da biblioteca ( libros, películas e CDs de música) están catalogados en Internet polo que desde calquera ordenador podes localizar o material que che interese e coñecer o seu estado: dispoñible ou emprestado.

SEMPRE Á ÚLTIMA: No moble de novidades atoparás todas as novas adquisicións que se van facendo así como os boletíns que a biblioteca elabora.

1 comentario:

Bibliobaronceli dijo...

Tedes un agasallo para vós no noso blog. Esperamos que vos guste. Un saúdo de Serafín.

Related Posts with Thumbnails