Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de noviembre de 2014

Comezamos a viaxe!

O próximo xoves, 20 de novembro, os rapaces de 3º A e B da ESO asistirán á presentación do libro "Los viajes de Shackleton a la Antártida" na libraría Biblos de Betanzos. 
Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar " A Antártida" que  organiza e coordina  a biblioteca para este curso.


jueves, 21 de marzo de 2013

A caza do ghazafello

Pom-pom-pom, ghazafellos ao caixón!

Queredes ir cazar ghazafellos con Lois, o protagonista do noso libro,  e o seu can Palleiro a unha Fraga máxica? Como que non existen eses animais? Denis M. dinnos como son:


Poderíase dicir que parecía un xabaril anano con ás de morcego e... Non, pensándoo mellor era máis ben un cruzamento entre hámster e piraña cun certo aire a bubela. Tampouco. Para ser máis exactos parecía un corvo con fociño de roedor e unha crista branca na cabeza semellante á dun hippy-frauta... En fin, para que enganarnos? O certo é que o condenado non se lle parecía a ningún becho coñecido.

Pero, ollo!

Se algún día queredes abrir as portas dunha Fraga máxica, pensádeo ben... Porque no seu interior non só ides atopar animais falantes, fadas e trasnos.

Tamén hai monstros!

domingo, 17 de junio de 2012

Sobrevivir entre libros

Na Nova Colón, unha das librarías que visitou o club de lectura na súa excursión á Coruña, unha muller le durante 36 horas seguidas no escaparate:

jueves, 19 de abril de 2012

Un viaggo per L' Italia

A biblioteca proponche unha magnífica viaxe por Italia da que poderás gozar sen moverte da túa butaca.

Só tes que coller en préstamo algún dos libros, películas, revistas ou cds de música e achegarte ás súas paixases, as súas xentes, os seus sóns, as súas historias, as súas orixes, aos seus personaxes máis famosos… Todo isto poderalo descubrir na nosa guía de lectura.









lunes, 24 de octubre de 2011

Lecturas para o Samaín











Unha selección de libros e películas para estes días terroríficos



Tamén en pdf

lunes, 3 de octubre de 2011

Primeiras recomendacións do curso

Leticia Rosende, alumna do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, comezou o curso levando algunha das novidades da biblioteca e, como lle gustaron moito, quere facernos partícipes das súas lecturas.

Las chicas de alambre de Jordi Sierra i Fabra


Ya hacía tiempo que no leía un libro que enganchara desde el momento uno, que tuviera tanta esencia e informara de todo lo que hay detrás de cada modelo, de cada persona. Lo que más me impactó fue el tema de la anorexia en niñas tan jóvenes y todo por seguir el modelo de su actriz, de su heroína, de su ídolo. Yo recomiendo leer este libro, porque, la verdad, está muy interesante.




Pomelo y limón de Begoña Oro


Este libro es muy divertido e intrigante, sobre todo porque se recrea a través de una niña de 14 años que escribía en su blog y hablaba de las cosas que suelen hablar las niñas: amor, chicos,...


Lo más fuerte es que está contando su propia historia sentimental. Si lo llegáis a leer, meteros en los enlaces que pone en el libro y así entenderéis mejor toda la historia.

jueves, 16 de junio de 2011

Que lemos?

Facemos reconto do máis lido na nosa biblioteca nestes últimos meses (desde que comenza o curso en setembro ata o 31 de maio) e mostrámolo na seguinte librería:





  1. Suite francesa, Irène Némirovsky


  2. El tiempo entre costuras, María Dueñas


  3. Temblor, Maggie Stiefvater


  4. Perdona si te llamo amor, Federico Moccia


  5. La vida secreta de las abejas, Sue Monk Kidd


  6. Canciones para Paula, Blue Jeans


  7. Comer, rezar, amar, Elizabeth Gilbert


  8. A cociña de larpeiros, Benigno Campos


  9. ¿Sabes que te quiero?, Blue Jeans


  10. El ladrón del rayo, Rick Riordan


  11. El pequeño gran libro de la ignorancia, John Lloyd


  12. A praia dos afogados, Domingo Villar

  13. Tengo ganas de ti, Federico Moccia

  14. A cabeza de medusa, Marilar Aleixandre

  15. Rastro, Maggie Stiefvater

miércoles, 25 de mayo de 2011

Da lectura

Esta vez non é unha novela. Sándor Márai sorpréndenos cunha serie de reflexións e consellos sobre diversos aspectos da vida humana: da xustiza, da tentación, da música, da fortuna, da imaxinación, do poder da alma...

Isto é o que nos di sobre a lectura:




Cando leas, le intensamente. Máis incluso: intenta ler con maior intensidade da que o propio autor puxo na súa obra. Le con entrega, paixón e atención, implacablemente. Se cadra, o autor utiliza demasiadas palabras, mais ti le só as xustas. Se parco en palabras cando leas. Concéntrate en cada verba, unha tras outra, para adiante e para atrás, escoitando atentamente o libro, seguindo as pegadas que te conducen á súa parte máis profunda. Préstalles atención aos sinais secretos que o propio autor non percibiu e deixou escapar conforme avanzaba na inmensidade da súa obra. Non leas xamais con desprezo, coma quen non quere a cousa, coma aquel a quen convidan a un banquete de deuses e coa punta do garfo petisca na comida sen entusiasmo. Le con elegancia e sobriedade. Le coma se estiveses no patíbulo e o libro que tes nas túas mans fose o último que che levou á túa cela o carceleiro. Le coma se fose unha cuestión de vida o morte, porque a lectura é o mellor regalo do ser humano. Ten en conta que de todos os seres vivos, o ser humano é o único que le.

jueves, 19 de mayo de 2011

viernes, 15 de abril de 2011

Las hermanas Bunner


Dúas irmáns, Ann Eliza e Evelina, rexentan unha mercería no Nova York de finais do século XIX. A súa idade e as expectativas que nesa época se esperaba das mulleres, marcan a súa futura traxectoria que parece estar escrita de antemán. Mais un feito inesperado, o agasallo dun reloxo da irmá maior á pequena e o trato co reloxeiro, troca as súas vidas.




Edith Wharton, máis coñecida por escribir a "Idade da inocencia" que foi levada ao cine, sitúanos coas súas descripcións no ambiente desa época: percibimos o arrencedo do baixo onde viven as irmáns, escoitamos a campaíña da tenda cando alguén entra, recoñecemos aos persoaxes secundarios que aparecen no relato e sentimos a renuncia de Anna Eliza e a fustración das dúas irmáns.

martes, 22 de marzo de 2011

Lejos de Toledo


O profesor Albert Cohen, experto bizantinólogo, regresa de Israel ao seu Plóvdiv natal para participar nun congreso.

Unha vez alí, irá rememorando a súa infancia nesta cidade búlgara, entretecendo os seus recordos co reencontro cos seus coñecidos que aínda viven.

Preséntasenos, entón, toda unha galería de personaxes entrañables e inolvidables: Abraham o Borrachón, o seu avó, a avoa Marzal (xudeus descendentes dos expulsados de Toledo en 1492 polos Reis Católicos), o fotógrafo Kostas Papadopoulos (que coa súa cámara participaba en todos os eventos importantes, públicos e privados), o músico Manush Aliev, o mestre Stóichev... e todos os habitantes do barrio do Cementerio do Medio onde convivían xudeus, musulmáns e ortodoxos.

Hai unha mestura de sentimentos que deixa unha sensación extraña no lector: a amargura ante a situación persoal dos personaxes únese ao humor con que se contan as historias da nenez. Pero sempre queda un pouso de tristeza polo "paraíso perdido".

miércoles, 23 de febrero de 2011

Nada


Nada de Janne Teller, acábase de publicar en España precedida dunha grande polémica: escrita pola autora para un público adolescente e con varios premios no seu haber, foi prohibida nalgunhas escolas europeas e recomendada noutras.

Pierre Anthon deixa o colexio ao descubrir que a vida non ten sentido. Subido a unha árbore bérralles aos seus compañeiros que nada importa. Estes deciden reunir cousas que teñan significado para demostrarlle a Pierre que está equivocado.

Ata onde pode chegar a "misión" dese grupo de rapaces?

Un libro con moitas lecturas, moitas preguntas, moitas cuestións para debater. Un libro que non deixara indiferente a quen o lea.

jueves, 20 de enero de 2011

Lecturas para 4ª de ESO

O Departamento de Galego anímavos a ler a través desta relación de obras que se irán apliando e/ou cambiando en cursos sucesivos, segundo vaian aparecendo novidades no mercado.
Comezamos con lecturas recomendadas para 4º de ESO, o que non quere dicir que sexan exclusivas para este nivel.
Sería moi interesante que, despois da lectura, fixésedes un breve comentario persoal para colgar no blogue da Biblioteca.
Adiante!


domingo, 10 de octubre de 2010

Mario Vargas Llosa

Non podemos pechar a semana sen facer mención ao último premio Nobel de Literatura: o escritor peruano Mario Vargas Llosa.

Se queres achegarte a súa obra ou reler algún dos seus libros, na nosa biblioteca podes atopar:

Conversación en la Catedral Elogio de la madrastra La guerra del fin del mundo La fiesta del Chivo Travesuras de una niña mala Los cachorros Los jefes

jueves, 30 de septiembre de 2010

Waris Dirie na nosa biblioteca

Waris Dirie é unha modelo somalí que traballou para firmas tan coñecidas como Chanel, Revlon, Levi`s ou Benetton. No ano 1997 foi nomeada embaixadora de Nacións Unidas para os dereitos da muller en África co obxectivo de denunciar a práctica da mutilación xenital feminina que ela mesma sufriu na nenez.

No ano 1998 escribiu o seu primeiro libro autobiográfico, Flor del desierto, onde narra a súa infancia no deserto de Somalia como integrante dunha familia nómada así como o trauma que lle provocou a ablación que lle practicaron sendo unha cativa. Con trece anos, o seu pai decide casala cun home moito maior ca ela, polo que Waris decide fuxir…

En 2001 publica o seu segundo libro, Amanecer en el desierto, continuación do anterior. Convertida xa nunha modelo internacional, volve ao seu país para reencontrarse coa súa familia.

Na biblioteca poderás atopar estes dous libros e tamén a película Flor del desierto baseada na novela.

Se queres achegarte máis á problemática sufrida por milleiros de nenas ás que se lles practica a mutilación xenital, tamén tes á túa disposición a película Moolaadé.



lunes, 27 de septiembre de 2010

Aviso urxente

Non temos tempo para ler tantos libros que nos chegan!!!!!!!

Por iso buscamos intrépidos lectores que nos boten unha man para ler e recomendarvos as seguintes novidades.
Premede nas imaxes e atoparedes información sobre elas.


Related Posts with Thumbnails