sábado, 10 de abril de 2010

Tarde de compras

Como ben sabedes, na biblioteca tedes a oportunidade de facer as vosas peticións de adquisicións de libros, películas e música a través dun formulario que atoparedes no casilleiro onde tamén están os marcapáxinas.

Pois ben, este venres puxemos ao día as vosas propostas de cine e música, é dicir: fomos de compras.

Adrián, xa podes coller en préstamo a película Planet 51 máis o cd de música Europa, el mejor pop 2010.

Carolina, Siete almas espera por ti na biblioteca.

Darío, todos os teus dexesos cumplidos: El día de mañana e 2012 xa teñen sitio no andel das pelis.

A proposta de Cristina, profe de relixión, foi para El señor de la guerra.

Luna nueva, pediuna Claudia pero xa ten lista de espera.

Escapóusenos un anónimo e aínda así lle fixemos caso: Titanic.

A propia biblioteca non se puido resistir: Ágora, El secreto de sus ojos e todo un clásico como El bueno, el feo y el malo.

Jorge e mais Víctor levaban tempo esperando Puerto presente de Macaco.

Podedes vir recoller os vosos pedidos!

Máis cine na nosa carteleira!

Grazas Maitena polo debuxo, esperamos que saibas disculparnos por cambiarlle o texto.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails