miércoles, 21 de octubre de 2009

Cine non apto para cardíac@s

Nosferatu
Jonathan Harker é un avogado enviado ao castelo do Conde Drácula para pechar a compra dunha casa en Wismar. Pero o Conde é unha ánima en pena que vive do sangue humano e que, namorado dunha fotografía da esposa de Jonathan, viaxa a Wismar, levando consigo morte e destrución.

Déjame entrar
Oskar é un rapaz de 12 anos que sofre continuamente o acoso dos seus compañeiros de clase máis fortes. O seu desexo de ter un amigo parece facerse realidade cando coñece a Eli , unha rapaza da súa mesma idade que acaba de mudarse á casa do lado. Pero Eli é unha rapaza misteriosa: é moi seria, está moi pálida, só sae polas noites e aparentemente non lle afectan as temperaturas xeadas. Unha serie de desaparicións e asasinatos inexplicables coinciden coa chegadade Eli.

Drácula
Antes de converterse nun vampiro, o conde Drácula era o príncipe Vlad que, ao enterarse da morte da súa amada, vendeulle a súa alma ao demo. Así pasou o tempo ata que catro séculos máis tarde, en Londres, atopa a Mina, a reencarnación do seu antigo amor. Sen dubidalo, articulará un ambicioso plan para ir na súa busca e recuperala.

HellBoy
En 1939, o xoven profesor Broom destruíu unha muller vampiro que se bañaba no sangue de inocentes para permanecer nova. Agora, alguén en Nova York está intentando traela de regreso e o profesor Broom decidiu enviar a HellBoy e outros axentes a investigalo.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails