lunes, 25 de febrero de 2008

Rosalía máis viva ca nunca

Así a sentimos nos nosos corazóns este luns, 25 de febreiro, na nosa biblioteca.

Rosalía voz, cando alumnos e alumnas do centro recitaban:
“Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal(...)”

“Non me olvides, queridiña,
se morro de soidás...
tantas leguas mar adentro...
¡miña casina, meu lar!”

“Castellanos de Castilla,
tratade ven aos gallegos;
cando van, van como rosas,
cando vén, ven como negros (...)”

Rosalía canto, cando os instrumentos e as voces se unían en:
“Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa (...)

(Tamén podedes escoitar está canción aquí)

Rosalía remozada, cando Monse nos dramatizou a súa vida:
“Nacín tal día como o de onte, hai xa moitos anos, un 24 de febreiro de 1837 (...)”

Rosalía madura, na interpretación de Dores:
“Algúns creron que a miña tristura tiña que ver coa orixe bastarda e sacrílega; pero non é certo, os golpes serían duros e chegarías despois. Escoitade....(...)”

Que mellor día que o de Rosalía para comezar a andaina deste blogue, non credes?

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

bueno pois q moi ben x montse,q foi moi valente a facer de rosalia estando aqui d practicas...jejeje....

Q a xente tense que animar q os veteranos xa se van a xubilar e teñen que deixar descendencia...
Ó principio dáche moita vergoña pero soamente te tes que centrar no teu texto e xa esta...

Estefania

Pois iso q tedesvos q animar todos xq a verdade pasase moi ben todos xuntos e xuntas...

Moi ben por a xente da biblioteca...

biblioteca dijo...

Grazas aos alumnos e alumnas que recitaron e interpretaron os versos de Rosalía. Estes son os seus nomes:
De 1º ESO:
Laura Agilda López
Lucía Arcay López
Noelia Beade Pérez
Laura Centoira Yáñez
Mª Inmaculada Cruceiro García
Cristina Gómez Pedreira
Claudia López Sánchez
Eva Rodríguez Díaz
De 4º ESO:
Estefanía Ferreiro Presedo
Rocío García Hidalgo
Paula Gómez Taín (guitarra)
Adrián Castrillón Sánchez
Rocío García Pedreira (guitarra)
Sonia Martínez Rilo
Alba Míguez Presedo
Alejandro Naveira
Desirée Rodríguez Manso
De 1º BACHARELATO:
Mónica Loureiro Varela
Adrián Fernández Cao (clarinete)
Unha mención especial para as profesoras e o profesor: Montse, Zacarías e Iolanda. Pero sobre todo, graciñas a Dores, coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística por facer da biblioteca un lugar de encontro entre as nosas letras e o noso alumnado.

biblioteca dijo...

Se queredes ver o programa completa non tedes máis que picar en "Día de Rosalía" dentro da sección "Días especiais" deste mesmo blogue

Related Posts with Thumbnails