lunes, 30 de marzo de 2009

Bubisher


As Mariñas Lectoras sacan o seu lado máis solidario e queren colaborar no proxecto Bubisher coa venta dunhas postais.

O curso pasado, o clube de lectura dedicou parte das súas lecturas a achegarse á problemática dos campamentos saharauís, e foi tal o impacto que nos provocou, que cando soupemos do proxecto Bubisher tamén quixemos implicarnos nel. Pero…

- Como podemos colaborar?
- Xa o teño! Faremos unhas postais e co diñeiro recaudado axudaremos a levar libros ao Sahara.
- Boa idea! Pero necesitaremos unhas boas fotos para ilustralas.
- Eu coñezo unha persona que pode cedernos algunha das que fixo cando visita os campamentos.
- Está ben, pero as fotos soas… Non será mellor acompañalas dun texto?
- E se falamos con Gonzalo Moure? Mandámoslle as fotos, e que sexa el quen lles dea voz ás imaxes. Que vos parece?
- Adiante!

E, meu dito, meu feito. As mariñas lectoras sacan o seu lado máis solidario para colaborar co Bubisher. Así que, se alguén do clube se vos achega para vendervos unhas postais, xa sabedes, contaxiádevos da súa xenerosidade e amosádelles a vosa faceta máis solidaria. Así todas e todos os d'As Mariñas poñeremos o noso graíño de area nun deserto que precisa libros.
Grazas a Gonzalo Moure e a Sabela Lorenzo por darnos a oportunidade de colaborar neste proxecto.



BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

7 comentarios:

Catuxa dijo...

Noraboa pola vosa iniciativa! Dareille unha gran alegría a coordinadora do proxecto, Luisa Sanchez.

Bubisher dijo...

Graciñas, Gracias, Sukram, Grazie, Merçi, Thanks, Obrigado, Danke.
Non sei decilo en máis linguas.
Non sei decilo millor. Si poidera berraría.
Luisa, Coordinadora de Voluntarios Bubisher.

bibliocervo dijo...

Nós estamos na Mariña, pero de Lugo, é unha mágoa que non cheguen aquí esas postais porque de boa gana que mercabamos algunha para axudar e disfrutar delas.
Moitos saúdos e moi boa idea tivestedes para axudar.
María, dende Cervo,Lugo.

Poemario por un Sahara Libre dijo...

Muchas gracias queridos, un abrazo.

Anónimo dijo...

Es una maravilla esta red de conexiones. Viva As Mariñas Saharauis.
Gonzalo.

biblioteca dijo...

Gracias a las personas que ponéis a funcionar proyectos solidarios y que permiten que otras podamos hacer una pequeña aportación en la tarea de construir un mundo más justo.

Patricia dijo...

Una iniciativa preciosa.

Related Posts with Thumbnails