sábado, 8 de diciembre de 2018

NO NADAL, POLO MENOS UN LIBRO

😎😎😎 
😎😎😎 Como en anos anteriores o alumnado e profesorado ten a oportunidade de escoller ata 10 libros para levar durante as vacacións do Nadal. Dende a biblioteca aconselláranse lecturas e empaquetáranse os libros que esteran expostos na entrada do centro, esperando que os seus "propietarios" as recollan.

Aquí tedes unha pequena guía de lecturas para estas festas. Botádelle unha ollada e elexide aqueles libros que vos gustaría ter como agasallo ou  decídenos cales queredes que se merquen para a biblioteca. 💝



👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀
Esta semana iremos recordando e propoñendo libros que xa non son novidades pero siguen sendo de actualidade.

viernes, 12 de diciembre de 2014

25 de novembro

O alumnado de 1º da ESO-A traballou coa súa títora Vanessa Pita o tema da violencia de xénero. Este é o cartel que puxeron no corredor da súa aula e que se foi  enchendo coas palabras elexidas por eles.


viernes, 14 de noviembre de 2014

Comezamos a viaxe!

O próximo xoves, 20 de novembro, os rapaces de 3º A e B da ESO asistirán á presentación do libro "Los viajes de Shackleton a la Antártida" na libraría Biblos de Betanzos. 
Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar " A Antártida" que  organiza e coordina  a biblioteca para este curso.


viernes, 24 de octubre de 2014

O caldo do Samaín

Atopa as solucións e búscaas na sopa de letras.

Cubre os teus datos na folla e  depositaa na caixa que hai na biblioteca.

O día 7 de novembro escollerase ao chou unha entre as que teñan todas as respostas correctas.

O gañador ou gañadora recibirá como premio un cheque regalo por valor de 20€ canxeable en calquera dos comercios da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Betanzos (ACEBE) máis un regalo sorpresa de dita asociación valorado noutros 20€.

Lembra, tes ata o día 6 de novembro para deixar na caixa o teu caldo!!!!!!!!

jueves, 3 de abril de 2014

"La casa de las palabras"



 Los sueños de Helena
Eduardo Galeano

A la casa de las palabras, acudían los poetas.
Las palabras, guardadas en viejos frascos de cristal, esperaban a los poetas y se les ofrecían, locas de ganas de ser elegidas: ellas rogaban a los poetas que las miraran , que las olieran, que las tocaran, que las lamieran.
Los poetas  abrían los frascos, probaban palabras con el dedo y entonces se relamían o fruncían la nariz.
Los poetas andaban en busca de palabras  que no conocían, y también buscaban palabras que conocían y habían perdido.

jueves, 27 de marzo de 2014

Festival de Teatro Grecolatino de Lugo 2014


Como en años anteriores, volvimos a disfrutar de una jornada de teatro muy placentera. Esta vez fue el grupo "El ruiseñor" de A Coruña el que nos deleitó con dos muestras del teatro clásico de la Atenas del siglo V a. C. Sufrimos con las mujeres troyanas que, al final de la contienda, fueron repartidas como esclavas a los jefes griegos. En esta tragedia Eurípides nos enseña cómo en una guerra no hay vencedores y vencidos, todos pierden. Por la tarde, ya más relajados, compartimos risas con los personajes de "Asambleístas", de Aristófanes. Sobre el escenario vimos algo que en la Atenas clásica era impensable y que  provocaba por ello la risa: que la mujer ocupara el poder.


 

lunes, 11 de noviembre de 2013

Samaín de contos. "Día de medos alonxados"


Comezamos forte. Para alonxar medos, tres funcións no mesmo día. A nosa Dores quería que venceramos os nosos medos nun día terrorífico, como é para algúns o samaín, a noite dos mortos, a data perfecta para “dar vida” a dous relatos de medo de Ánxel Fole.

Clase tras clase de literatura, monería tras monería e riso tras riso, a biblioteca do instituto converteuse para nós no escenario dun teatro: alí ao fondo, detrás dunha estantería estaba o cemiterio e a súa porta era unha escaleira. Deixamos voar a imaxinación: dun pao, unha escopeta; dun marco, un cadro e dunhas magdalenas… un bo manxar no medio da representación.

Chegou o día da función, que gran día: Dores recordaba sempre o mesmo, VOZ!            –berraba dende detrás dunha estantería. Quedoume claro que no teatro hai que falar despacio e con voz. Entraron os rapaces para vernos e todo comezou.

Unhas máis nerviosas, outras menos, todas disfrutamos, ata Laura que se negaba a falar máis da conta, saíu moi contenta e con ganas de repetir. Das función temos algunhas anécdotas das que o público non se dá conta ou non se quere dar: Estíbaliz co can polo chan, Dores facendo de cabalo, tirando o café…

O abundante público no Instituto e o familiar na libraría proporcionounos unha experiencia que queda no recordo, e fotos da breve pero seguro que lonxeva historia deste grupo de literatura.
 
Laura Calvo


O 30 de outubro, un día antes do samaín, representamos relatos de A. Fole, primeiro para alumnado de 1º da ESO e logo para o de 2º. Todas estabamos nerviosas, aínda que ao fin pasámolo moi ben e disfrutamos moito do momento. Á tardiña repetimos en Biblos, unha librería de Betanzos onde estabamos algo máis nerviosas que pola mañá. O público riu moito e parecía que o estaban a pasar tan ben coma nós. Ao finalizar fomos tomar algo xuntas ao Lanzós e comentamos o día, vimos fotos e rimos… Unha boa experiencia que merece a pena repetir.
Antía Paz
 
 
Erguinme como outro mércores, aínda que este ía ser diferente porque me esperaba unha longa ponte ao acabar o día, tamén porque tiña tres actuacións ou porque acababa o curso de encadernación.
Ao chegar ao instituto todas estábamos na biblioteca antes de soar a serea para xa a primeira hora representar os contos “Os difuntos falaban castelao” e “Viña do alén!” da obra de Ánxel Fole Á lus do candil e pouco a pouco íase ocupando a nosa biblioteca con alumnado da ESO. Nas primeiras funcións faltou Estíbaliz, xa que estaba examinándose do carné, que por certo aprobou e foi substituída por Dores… Estabamos nerviosas, pero a medida que entrabamos en acción a tensión ía deixando paso ao disfrute… un día entretido, disfrutando como nenas.
Bárbara Fernández
 
Ao comezo de cada actuación atacábanos os nervios, polo menos a min, pero a medida que nos iamos metendo no papel, ían desaparecendo. A verdade é que en cada unha das funcións démonos conta de que a xente o pasaba moi ben e que disfrutaban co que faciamos. Foi unha boa experiencia que espero que repitamos proximamente.
Claudia López
 
Levanteime da sesta e o primeiro que se me pasou pola cabeza foi “non quero ir”. Amañeime e preparei as cousas de mala gana, pero ao chegar a Biblos cambiou a cousa: foi entrar e notar un ambiente novo para min, novas sensacións que me fixeron cambiar de opinión inmediatamente. Estaba algo nerviosa, pero eran nervios bos.
Estíbaliz Seoane
 
O pasado 30 de outubro foi a nosa primeira representación diante do público. Comezamos moi forte e con moitas ganas. Eran dous contos de medo que máis que medo foron motivo de risa. Dúas boas historias de Ánxel Fole que comezamos como unha diversión e acabamos compartíandoas con outros. Non sei como o pasarían coa nosa interpretación, pero eu polo menos disfrutei como unha nena.
Inma Couceiro
 
Primeiro representamos para o alumnado de 1º e logo de 2º da ESO e a verdade é que o pasei moi ben. Logo, ás 7:30 tiñamos que estar en Biblos para coñecer o espazo e como distribuírnos nel. Eu xa pensara que esa última función das 8 da tarde non me ía costar facela, pero en canto chegou a hora da verdade púxenme dos nervios, máis que nas outras dúas; pero a miña conclusión final é que sen dúbida repetiría.
Laura Lendoiro
Pola tarde fixemos a última actuación do día, esta vez na librería Biblos. Alí xogabamos con desventaxa porque non coñecíamos o espazo, pero a verdade é que non nos costou moito adaptarnos.
Ao principio a min a idea de actuar para un público non me gustaba moito, de feito ata pensei en non facelo; pero a verdade é que teño que recoñecer que se non participara agora mesmo estaría arrepentida porque o pasei moi ben e rin moito durante os ensaios e nas tres funcións.
Nerea Costoya
 

viernes, 28 de junio de 2013

Carta dunha nai



   El curso ha terminado y es el momento de hacer balance de la experiencia vivida este año.

Cuando decidimos que nuestro hijo estudiase en As Mariñas, mucha gente creía que nos equivocábamos, que no era una buena elección, pero hoy, tras la experiencia acumulada, esa decisión superó con creces nuestras expectativas. Sólo tenemos palabras de agradecimiento para tod@s los que hacen posible que este Centro sea un  lugar agradable, donde te permiten que te impliques, donde tu opinión sí cuenta, donde se preocupan de que nuestros hijos sean felices. A lo largo del curso te das cuenta que son como una gran familia, donde tod@s son importantes, y donde todo fluye en armonía.  Que esta gran labor continue, GRACIAS!!!!!!!

                                                            

martes, 25 de junio de 2013

464 libros van de vacacións



Como en anos anteriores o alumnado e profesorado tivo a oportunidade de escoller ata 10 libros para levar durante as vacacións de verán. Dende a biblioteca aconselláronse lecturas e empaquetáronse en bolsas de distintas cores que estiveron expostas na entrada do centro, esperando que os seus "propietarios" as recolleran.
 
En total foron 464 libros os que saíron dos estantes para acompañar as familias.
 
Ademais este curso acadamos novo record: 3582 préstamos!!!
 
Dende aquí queremos desexarvos unhas felices lecturas!
 

domingo, 23 de junio de 2013


Hola a tod@s:

 


Como moit@s sabedes, temos un AMPA nova no centro. Unha das nosas iniciativas é crear un “Banco de Libros”, no que vos invitamos a participar, xa que nos parece que nestes tempos de crise, tod@s debemos aportar o noso gran de area. O vindeiro día 26 poñeremos a disposición de tod@s un Stand , onde recolleremos os libros que xa non precisedes. Esperamos a  vosa colaboración. Dende a AMPA desexamosvos que disfrutedes das vaccións de verán.


O verán xa está aquí
Non te vas namorar?
Pero antes de todo iso
Os teus libros ¡a reciclar!

Pasearás pola praia
Os bichos che picaran
Pero antes de todo iso
Os teus libros debes doar

Comerás moitos xeados
Ás rebaixas acudiras
Pero antes de todo iso
Tes que pensar nos demais

Porque temos a crise enriba
E os cartos voaran
Pero antes de todo iso
Os teus libros tes que dar



PORQUE  ISTO  É IMPORTANTE
ASÍ PODERÁS AFORRAR
SI TOD@S CEDEMOS OS LIBROS
TI TAMEN TE BENEFICIARÁS



viernes, 14 de junio de 2013

Tocar la vida


Del 22 al 26 de abril se celebró "la semana de la conciencia con la pobreza" y, como no podía ser de otra manera, en el IES As Mariñas, se organizó un rastrillo solidario a favor de La Cocina Económica de A Coruña y de la ONG CESAL.
Dentro de estas jornadas se realizaron para diferentes cursos charlas sobre voluntariado, en las que Joaquina, profesora del centro, y Emi, madre de un alumno de 1º, nos acercaron al mundo del voluntariado, contando su propia historia, en Etiopía (Joaquina) y Perú (Emi) donde colaboraron como voluntarias. Han intentado mediante imágenes y a través de su testimonio acercarnos la cara de la pobreza de una manera diferente: anécdotas, vivencias, etc. sacando la parte positiva de esta experiencia que logró marcarlas para siempre, intentando inculcar a los alumn@s valores solidarios, respeto, compromiso, no sólo como voluntarios, sino en su día a día con sus compañeros, familia, amigos, profesores...porque se debe ser voluntari@ todos los días, intentando hacer felices a los que nos rodean. 

Emi e Joaquina cun grupo de 1º de Bacharelato
El que alguien "toque"mi vida es un privilegio, tocar la vida de alguien es un honor, pero ayudar a que otros toquen sus propias vidas...es una de las experiencias más hermosas de la vida.

Unha vez máis artigo feito por Emi.

miércoles, 12 de junio de 2013

Matracas





Carmen, Laura e Alex, alumnos do IES As Mariñas, gracias o entusiasmo e dedicación do seu profesor de matemáticas, acaban de presentarse a un exame na facultade de matemáticas, onde seleccionarán a 25 nen@s dun total de 355 que se presentaron de toda Galicia, para participar no proxecto ESTALMAT-GALICIA, que ten por obxetivo, preparar futuros científicos, que ademáis de coñecer métodos e técnicas, aprecien as matemáticas polo seu papel no desenvolvemento da ciencia en xeral e da cultura.


Parabens os tres e moita sorte!!!!

Grazas, Emi, pola túa colaboración neste blog

jueves, 30 de mayo de 2013

Unha boa nova



Alfredo Crespo, alumno de 3º de ESO do IES As Mariñas, o noso xove escritor vén de gañar nada menos que o 1º premio (300 €) con varios poemas e o accésit (150€) cun relato no III Concurso de Creación Literaria do Concello de Betanzos. 
E toda a Comunidade Educativa das Mariñas dálle a noraboa polo éxito e comparte con el a ledicia, aínda que xa nos ten afeito sao seu bo facer que xa lle supuxeron máis recoñecementos e éxitos. 
Toda unha promesa literaria e un orgullo: NORABOA!!!!!

miércoles, 15 de mayo de 2013

Letras galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño



Os departamentos de galego do IES Catabois e As Mariñas xuntáronse un ano máis para elaborar unha guía de lectura sobre o homenaxeado nas letras galegas: Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor galego. 



miércoles, 8 de mayo de 2013

O gañador do Pasapalabra



Por fin o pasado venres sorteouse entre os folletos acertantes o premio do concurso do Pasapalabra da multiculturalidade! 

Ante a atenta mirada de parte do alumnado,  a man inocente de Leticia Vales sacou o nome do gañador: Alex Yáñez de 1º B da ESO que levou para a súa casa o premio que consistía nunha cesta con libros, música e produtos típicos de diferentes países. 

Noraboa a todos os que participástedes e, en especial, ao gañador!

Esperámosvos para os seguintes concursos!


martes, 23 de abril de 2013

La Lectura

He pasado una gran parte de mi vida sumergido en la lectura como un buzo pasa gran parte de la suya sumergido en el agua. Con la misma felicidad con que a los seis o siete años leía un tebeo de Pulgarcito o del Capitán Trueno leo ahora un libro sobre el planeta Venus, o una novela de Bernard Malamud que acabo de encontrar en un puesto callejero, o un reportaje del periódico, o una antología de poemas de William Carlos William. Entonces, cuando estaba en la escuela, me imaginaba el momento de volver a casa y ponerme de nuevo a leer mis tebeos, y esa expectativa me daba una dicha tan intensa, tan secreta, que era consciente de no poder transmitírsela a nadie. Vivía en una casa y en un medio social en los que apenas nadie sabía leer con fluidez ni escribir correctamente, y en el que los libros eran una rareza; pero tuve la suerte inmensa de que mis mayores accedieran a alimentar generosamente mi vicio precoz, en parte por una reverencia antigua hacia el saber y las palabras escritas, en parte por puro cariño.

Antonio Muñoz Molina

jueves, 18 de abril de 2013

O pasapalabra multicultural

Como remate da actividade da multiculturalidade que estes  días inundou o centro, a biblioteca pon en marcha  o pasapalabra multicultural. 

  • Pode participar todo o alumnado do centro.
  • O concurso consiste en cubrir este folleto coas respostas correctas,os datos persoais e despois depositalo na furna que hai na biblioteca.
  • Para a búsqueda das respostas pódense consultar os libros e ordenadores da biblioteca.
  • O prazo para a entrega das solucións acabará o día 30 de abril ás 11,30 da mañá.
  • O premio consistirá nunha cesta con produtos de distintos países.
  • Se houbese máis dun folleto con todas as respostas acertadas, sortearíase o premio entre os acertantes. 

miércoles, 17 de abril de 2013

A nosa multiculturalidade






Aproveitando a variada orixe do noso alumnado, o departamento de Orientación organizou, en colaboración cos títores da ESO e da biblioteca, unha semana adicada á multiculturalidade na que os rapaces e rapazas dos distintos cursos  fixeron unhas magníficas exposicións  sobre os puntos tratados. 

Así fomos descubrindo as costumes, danzas,música, gastronomía, monumentos... dos distintos países que nestes días sentimos especialmente cercanos. 

lunes, 15 de abril de 2013

Hmm....!!!

O pasado venres puidemos disfrutar dos postres que as familias do alumnado doutros países trouxeron ao instituto como colofón a unha semana adicada á multiculturalidade.

Toda unha regalía para os ollos e unha delicia para os paladares.

Agardamos polas receitas de tan sabrosos pratos. 

Moitas grazas!

miércoles, 3 de abril de 2013

Cuentos de la Mitología Griega IV


Inma Couceiro, de 1º Bach. Humanidades, cóntanos a historia de Hesíone en primeira persoa:

Mi nombre es Hesíone, os voy a contar por lo que tuve que pasar.
Troya fue invadida por un monstruo que Poseidón había mandado y, para calmar al dios, mi padre tenía que sacrificarme. Allí estaba yo muerta de frío y de miedo.Cerré los ojos y cuando los abrí allí estaba el monstruo, muy cerca de mí, y luchando contra él había un hombre, Hércules. Él lo mató y me liberó, me devolvió a mi padre y yo me enamoré de él esperando que pidiera mi mano como recompensa, pero no fue así. Mi padre no quiso darle lo que pedía y juró venganza. Pasó un tiempo y vino con un ejército  a matarlos a todos excepto a mí. Mi amor se había convertido en odio al ver cómo mataba a mi familia y a mis seres queridos. Rogué por mis hermanos pero sólo conseguí salvar la vida de Príamo. Fue una catástrofe, mi hermano se hizo rey y en cuanto a mí... me llevaron como botín de guerra y me entregaron a un soldado amigo de Hércules llamado Telamón.
Y así fue mi historia y la de cómo mi hermano Príamo se convirtió en rey de Troya.

Esta e outras historias podes atopalas neste libro do que Inma nos da o seu parecer:

La mitología siempre me gustó mucho y me gustan todas las historias que leo relacionadas con ella. 
Este libro cuenta la historia de Troya. Es una de las historias que más me gustan, junto con la de Persy Jackson. 
En cuanto a redacción me gustó porque se entiende bien, no tiene saltos en el tema y es muy fácil de leer y, lo más importante, de entender.

jueves, 21 de marzo de 2013

A caza do ghazafello

Pom-pom-pom, ghazafellos ao caixón!

Queredes ir cazar ghazafellos con Lois, o protagonista do noso libro,  e o seu can Palleiro a unha Fraga máxica? Como que non existen eses animais? Denis M. dinnos como son:


Poderíase dicir que parecía un xabaril anano con ás de morcego e... Non, pensándoo mellor era máis ben un cruzamento entre hámster e piraña cun certo aire a bubela. Tampouco. Para ser máis exactos parecía un corvo con fociño de roedor e unha crista branca na cabeza semellante á dun hippy-frauta... En fin, para que enganarnos? O certo é que o condenado non se lle parecía a ningún becho coñecido.

Pero, ollo!

Se algún día queredes abrir as portas dunha Fraga máxica, pensádeo ben... Porque no seu interior non só ides atopar animais falantes, fadas e trasnos.

Tamén hai monstros!
Related Posts with Thumbnails