miércoles, 16 de diciembre de 2009

Os 12 principais.

Esta estantería de propostas de lectura está feita con aqueles libros que teñen moita demanda na nosa biblioteca.
Así que, se queres levar para as vacacións algún deles, xa sabes: hai que estar "ao loro" para pillalos.

Por se non ves ben os títulos pasámovos a listaxe:

Cazadores de sombras, Crazy, La vergüenza del mastín, O único que queda é o amor, Made in Galiza, La ladrona de libros, La comerciante de libros, El cuento número trece, Ollos de auga, La mecánica del corazón, A tres metros sobre el cielo e La lluvia antes de caer.

lunes, 14 de diciembre de 2009

Un agasallo? Un libro




De seguro que xa lle botaches unha ollada, ou non?

Se ti es de 1º ou 2º da ESO, esta guía con recomendacións de agasallo de libros xa debeu chegar á túa casa.


Dende a biblioteca queremos animarte a que busques as lecturas que che resulten máis apetecibles, ben na nosa guía, ben nas librarías, para incluílas dentro das túas propostas de agasallos.


Un último consello: unha vez co libro nas mans, dedicálle un pequeno tempo das túas vacacións para adentrarte na súa lectura e á volta, cóntanos se che gustou ou non.











A guía en pdf

viernes, 11 de diciembre de 2009

Ulysses Moore


Novos personaxes, novos misterios e máis aventuras están agardando por ti no novo libro da saga de Ulysses Moore, La ciudad escondida.

E mentres esperas o luns para collelo en préstamo, podes ir botándolle unha ollada ás primeiras páxinas do libro.

Ana Bloom tiene 12 años y vive en una antigua casa en el centro de Venecia. Un día, mientras busca a su gato Mioli, que ha desaparecido misteriosamente, encuentra un cuaderno escrito en una caligrafía incomprensible. Mientras lo hojea, Anita experimenta una sensación extraña, como si alguien le estuviera observando desde el otro lado de las páginas del libro... Pocos días después, gracias a la ayuda de un amigo, la chica descubre que, en realidad, el libro es una guía para llegar a una misteriosa ciudad, la Ciudad Escondida, y que todas las referencias que se mencionan tienen que ver con el mítico Ulysses Moore. Por ello, Ana decide viajar al Reino Unido para encontrarse con Julia, Jason y Rick...

Que non liches os outros libros da saga? Non hai problema! Tamén os tes na nosa biblioteca.

jueves, 10 de diciembre de 2009

De tod@s e para tod@s

Igualdade de todos os seres humanos Contra a discriminación Dereito á vida, á liberdade e á seguridade persoal Contra a escravitude Contra a tortura e os malos tratos Recoñocemento das persoas como suxeitos de dereitos Igualdade ante a lei Dereito a recorrer ante os tribunais Contra as detencións arbitrarias Dereito a un tribunal imparcial Dereito á presunción de inocencia Dereito á vida privada Dereito á libre circulación é á emigración Dereito de asilo Dereito a unha nacionalidade Dereito ao matrimonio Dereito á propiedade Dereito á liberdade de pensamento, conciencia e relixión Dereito á liberdade de expresión Dereito á liberdade de reunión e de asociación Dereito a participar no goberno Dereitos económicos, sociais e culturais Dereito ao traballo Dereito ao descanso Dereito a un nivel de vida digno Dereito á educación Dereito á cultura e ao progreso científico Dereito a unha orde internacional respectuosa cos dereitos humanos Deberes do individuo cara á humanidade A declaración non pode interpretarse en contra dos dereitos que proclama.
Lecturas que falan de dereitos humanos



jueves, 3 de diciembre de 2009

El mundo sobre ruedas

"Quiero contaros una historia. Es la historia de un niño que nació el 18 de julio de 1990 en Barcelona. Con el paso de los años sufrí algunos contratiempos. Uno de los que más se esforzaron para ganarse un sitio en el hall de la fama fue, seguramente, la leucemia que tuve a los cinco años y que me dejó en silla de ruedas a los ocho. Un buen día descubrí que tenía catorce años y ya no podía aguantar más las ganas de viajar, y tuve la suerte de tener unos padres que no intentaron encerrarme en un manicomio por el hecho de plantearles la idea de viajar a los catorce años.

Ya he estado en más de 25 países, entre ellos, Francia, Alemania, Bélgica, Holanda, Dinamarca, Grecia, Gran Bretaña, Italia, Bosnia, Serbia, Croacia, Hungría, Rumanía, Tailandia, Malasia, Singapur, Japón, Argentina, Chile, Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia, Panamá,... No obstante, lo que más suele sorprender a la gente no es que haya viajado a tantos lugares, sino la forma en la que me gusta hacerlo: totalmente solo. Ni familia, ni amigos, ni nada, sólo yo, mi silla de ruedas y mi mochila... y en el peor de los casos solamente gasto unos tres euros diarios, que es todo lo que me hace falta para comer. Lo mejor será explicaros la historia desde un principio."






Hoxe, Día da Discapacidade, pode ser un bo momento para comezar a viaxar con Albert Casals en "El mundo sobre ruedas"


Outras lecturas e películas coas que poderás achegarte a discapacidade

miércoles, 2 de diciembre de 2009

martes, 1 de diciembre de 2009

A mesa está servida

Cociñeiro, mesa e mantel, bandexas, menú, decoración de Nadal e... o mellor de todo: películas e libros listos para meterlle o dente. Vaste resistir?

Grazas as alumnas do Ciclo Medio de Xestión Administrativa pola súa colaboración.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Que? Canto?

Como todos os anos, gústanos ir vendo, de cando en vez, aquilo que máis se presta na nosa biblioteca así como saber a frecuencia coa que se fai. E os números, como outras veces, dannos unha alegría: no que vai de curso, pouco máis de dous meses, xa van feitos 951 préstamos.

Tamén, coma sempre, os libros son os que gañan a partida (603), seguidos a unha certa distancia polas películas (321) para quedar un pouco máis rezagados os documentos sonoros (27).

E pasando aos títulos, e falando de libros, podemos atopar cousas tan interesantes como La soledad de los números primos (non está máis de dous días seguidos no seu andel), A tres metros sobre el cielo (a lista de espera crece cada día), La ladrona de libros (xa todo un clásico na nosa biblioteca), La saga Crepúsculo ( facendo lector@s día a día), La reina en el palacio de las corrientes de aire ( aínda permanece a estela Larsson)...

Slumdog Millonaire está na cabeza la lista das películas máis prestadas. Logo van El niño de pijama de rayas, El mundo de Sofía e El curioso caso de Benjamin Button.


miércoles, 25 de noviembre de 2009

O amor non é a hostia

Aceptar o primeiro maltrato é o principio dunha longa humillación

Texto recollido da campaña de prevención de malos tratos para xoves

Lazo deseñado pola Biblioteca do CEIP de Pazos

lunes, 23 de noviembre de 2009

Dálle porta á violencia


El que una persona sea muy celosa con su pareja, le diga qué ropa puede ponerse y cuál no e intente controlar sus llamadas de teléfono puede alertar, recuerdan los expertos en este fenómeno, de que esa relación no es igualitaria y es el momento de poner límites

Una de cada cuatro mujeres asesinadas por sus parejas tienen menos de 30 años


Las "relaciones tóxicas" comienzan con "pequeños detalles" como agobiar con mensajes al móvil o humillar en público


El teléfono 016 de atención al maltrato registró este año 147.713 llamadas
Información recollida nos xornais de hoxe

viernes, 20 de noviembre de 2009

Retratos

"Este libro está dedicado a todos los niños que al ver estas fotografías se paran a pensar en las vidas que hay detrás de los rostros..."

Sebastiao Salgado

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Nancy Huston na nosa biblioteca

Nancy Huston, escritora canadense afincada en Francia desde hai máis de trinta anos, acaba de desembarcar na nosa biblioteca. E faino co libro Marcas de nacimiento, galardoado co Premio Femina no ano 2006.

A novela, dividida en catro partes, narra a historia a través dos ollos dun neno ou nena de seis anos (bisneto, neto, filla e nai). Tempos e lugares distintos que nos fan coñecer personaxes dispares pero unidos polo lazo familiar e a presenza constante dun segredo que só ao remate poderemos coñecer e que sen sabelo, influíu na vida de todos eles.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Acabo de ler...

Sonia Martínez, de 2º de Bacharelato quere compartir con todos nós as súas últimas lecturas.

La lluvia antes de caer

Lo que más me gustó de este libro es que pude ver todos los paisajes y las personas que describían. Me impactó mucho que Imogen se llevase tantas decepciones de todos sus familiares, aunque ella no llegase a enterarse. El personaje que más ternura me transmite es Bossamond.


La soledad de los números primos


Es un libro muy triste, pero que cuenta una historia preciosa. La vida de los protagonistas es muy dura, pero, dentro de su amargura, llevan una existencia de lo más normal, sin que nadie desconfíe de sus problemas del pasado. Todo el mundo se podía sentir identificado con algún trozo de la vida de los protagonistas.


La caja de música y El buen dolor de Alejandro Roura


Me gustaron mucho las poesías, porque son muy fáciles de entender. En muchas de ellas veo plasmados mis sentimientos y hay una poesía para cada estado de ánimo. Yo creo que se le debería dar más importancia a chicos como Alejandro Roura porque, aunque es muy joven, escribe muy bien.



Desde a biblioteca, de igual xeito que fixo Sonia, querémosvos animar a que compartades connosco as vosas lecturas.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Os muros que non caeron


Estes días que se conmemoran os vinte anos da caída do muro de Berlín queremos botar unha ollada a esoutros 14 muros que aínda seguen en pé.



Clicade na imaxe e achegádevos a cada un deles.

martes, 10 de noviembre de 2009

Un novembro cheo de novidades



Flavia de los extraños talentos (Alan Bradley) O lobishome de Candeán (Paula Carballeira) La historia de la escritura (Carol Donoughue) La ciudad de los libros soñadores (Walter Moers) Elegida ( 3ª parte da triloxía de La casa de la noche de P.C. e Kristin Cast) Os megatoxos e os templarios da luz (3º libro de Os megatoxos de Anxo Fariña) e Mister cuadrado ( Un recorrido por el sorprendente mundo de la geometría de Anna Cerasoli).

E as películas: Bienvenidos al norte, Vals con Bashir e Monsieur Batignole.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Que rulen!

As primeiras mochilas viaxeiras deste curso xa comezaron a súa andaina.
Van cheas de libros, películas, música e revistas para toda a familia.

E ti, a que esperas para pedir a túa?
Aínda non sabes como facelo?
Moi sinxelo: vés á biblioteca e listo.

martes, 3 de noviembre de 2009

El olvido que seremos

Emotivo e entrañable libro que nos descobre á persoa de Héctor Abad Gómez, tanto na súa faceta de defensor dos dereitos humanos como na de de pai de familia.

A obra, escrita por Héctor Abad Faciolince, fillo do protagonista, relátanos os acontecementos claves na familia Abad dunha forma natural, cercana e emotiva. A figura do pai cobra unha especial importancia pola súa personalidade.

Ademais, este libro axúdanos a entender a confusa situación de Colombia, país onde se sitúa a historia e no que "El olvido que seremos" se convertiu na novela máis lida.

En definitiva, "El olvido que seremos", é unha homenaxe a unha persoa que, sen abandonar o cariño e o coidado dos seus, comprometeuse cos máis desfavorecidos, sabendo de antemán que iso o conduciría á morte, a ser asasinado.

Esta recomendación de lectura atoparala no moble de novidades.Invitámosvos a adentrarvos nela.

domingo, 1 de noviembre de 2009

Cemiterios e escritores

Que mellor maneira de homenaxear aos grandes escritores que lembrando e lendo as súas obras?

Neste percorrido polos cemiterios onde descansan algúns dos autores máis famosos da literatura universal, queremos poñer a proba o voso coñocemento sobre eles.


Aceptas o reto? Ánimo, de seguro que acertades uns cantos.




Por que Poe ten dúas tumbas? O blogue Papel en blanco acláranolo:
El 3 de octubre de 1849 Poe, que entonces tenía 40 años, fue encontrado en las calles de Baltimore en un estado de delirio agudo. Se lo trasladó inmediatamente al Hospital Washington College, en donde murió en la madrugada del día 7. Nunca se supo cómo había llegado a esa situación, ni por qué vestía ropas ajenas; la prensa indicó como causa de la muerte una congestión o inflamación cerebral, aunque lo cierto es que los informes médicos se perdieron (hoy día se apuntan posibilidades como el delirium tremens, la epilepsia, la sífilis o el cólera).
Las circunstancias de su muerte y de su entierro provocaron que ni siquiera se pusiera una lápida sobre la tumba. Por ello y pasados unos años, varios admiradores lograron que los restos del escritor se trasladaran a una ubicación mejor y se erigiera un monumento en su memoria. De ahí que en el mismo cementerio haya dos tumbas de Poe: una, señalada por una lápida posterior (cuervo incluido), en el lugar original y otra, mucho más cuidada, en el sitio en donde supuestamente descansan ahora sus restos (“supuestamente” porque también hubo polémica sobre si el cuerpo exhumado correspondía, en efecto, a Poe).

miércoles, 28 de octubre de 2009

Moi apropiado para estes días

Queres ler os primeiros capítulos?

Neil Gaiman gañou a Medalla Newberry 2009 á mellor novela xuvenil estadounidense con este libro.

martes, 27 de octubre de 2009

Coraline


Xa podes gozar das aventuras de Coraline, personaxe creado por Neil Gaiman. Non tardes moito en pedir o libro na biblioteca xa que axiña teremos a película para ti.

E se queres ir vendo o trailer aquí o tes:



lunes, 26 de octubre de 2009

E ti, anímaste a lelo?


Alas de fuego es un excelente libro perteneciente al género fantástico. Su argumento atrapa al lector hasta el final sin defraudarle en ninguno de los aspectos principales. Este libro da comienzo a una posible saga que podría atraer a muchas personas con poco hábito de lectura.

Con un argumento interesante para cualquier tipo de lector, sin excesivos personajes y con unas descripciones que hacen imaginar las situaciones y ambientes, este es un libro apropiado y recomendado para la mayoría de los lectores.

Artígo de Borja Pérez Fernández, alumno do 1º curso de Instalacións eléctricas e automáticas.

Related Posts with Thumbnails