miércoles, 14 de enero de 2009

O Universo aberto


  • Aristóteles, no século IV antes de Cristo, consideraba o universo como unha esfera pechada, na cal, as estrelas eran o lume que ardía fóra.


  • No século II despois de Cristo, Claudio Tolomeo, nacido en Alexandría, descubre o Sistema Solar e a súa rotación; presentandonos un universo dinámico e máis amplo que o de Aristóteles.


  • Quince séculos máis tarde, Giordano Bruno xa fala dun universo aberto, sen uns límites coñecidos, unha tese que lle supuxo morrer no lume da Inquisición.


  • No século XX Edwin Hubble descubre un universo en expansión. Hubble observa que as galaxias teñen un corremento cara ao vermello no espectro electromagnético, o que supón que esas galaxias se están alonxando entre si. A teoría de Hubble, cos últimos datos coñecidos, cifra o diámetro do universo "coñecido" en 15.000 millóns de anos luz.

O telescopio Hubble móstranos, hoxe en día, as marabillas dun universo infinito que podes contemplar nas páxinas:




Manuel Mira é profesor de filosofía neste centro e grande afeccionado á Astronomía.

lunes, 12 de enero de 2009

El lector


A actriz británica Kate Winslet recibiu onte un Globo de Ouro polo seu papel na película "El lector".


O filme dirixido por Stephen Daldry ,que xa dirixiu películas como Billy Elliot ou Las horas, está baseado na novela do mesmo título escrita polo alemán Bernhard Schlink.


Desde este blogue queremos animarvos, como xa fixemos fai uns meses, a ler esta historia de amor e contradicións, mentres esperamos o estreo da película para o próximo mes de febreiro.


domingo, 11 de enero de 2009

Para non deixar de ler

“Los hombres que no amaban a las mujeres” e La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina” son dúas das novidades deste mes na biblioteca. Os dous libros, escritos polo sueco Stieg Larsson, forman parte da triloxía Milennium, aínda que teremos que esperar uns meses para ler o terceiro xa que non se editará en España ata o próximo mes de xuño.

Stieg Larsson, activista e defensor dos dereitos humanos, non puido gozar do grande éxito que os seus libros están tendo xa que faleceu dun ataque cardíaco días antes da publicación da primeira entrega.


E falando de Suecia, de novela negra e de dereitos humanos, non podemos deixar de facer referencia a Henning Mankell, tamén na nosa biblioteca.


Se as intrigas nas que se ven envoltos o xornalista Michael Blomkvist e a inadaptada Lisbeth Salander nos impiden deixar de lado o libro, o mesmo ocorre cos asasinatos que ten que resolver o inspector Kurt Wallander.

sábado, 10 de enero de 2009

AIA-IYA2009

Como xa saberedes moitos de vós, o 2009 declarouse Ano Internacional da Astronomía. Cadra, deste xeito, co 400 aniversario das primeiras observacións astronómicas que Galileo Galilei realizou a través dun telescopio.

Este ano, pois, falaremos de estrelas, de galaxias, de cometas, de satélites, de planetas,… e de todo o Universo.

Para poñernos ao día, nada mellor que buscar no andel de Astronomía (52) da biblioteca ou visitar os seguintes enderezos:

O Universo para que o descubras

Explora o Universo!

Xogos astronómicos para nenos e nenas

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Eu para Nadal pido...

Aínda non mercastes os agasallos?
Anotastes xa na listaxe dese libro que vos interesaba?
Non sabedes moi ben que libro pedir?
Se queredes unha axuda, preguntádelles aos vosos pais, de seguro que eles vos botarán unha man á hora de elixir algún título interesante.


Ademais, xa tedes na vosa casa o boletín de recomendacións desta biblioteca.
Como? Que aínda non vos chegou? Que non sabedes onde se meteu? Non hai problema! Clica aquí e, ademais dun agasallo para ti, atoparás algo para os teus.

Boas lecturas de Nadal!

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Non quedou outra!



Ante a listaxe de espera que se estaba formando para poder levar á casa este libro, a biblioteca decidiu aumentar o número de exemplares de Crepúsculo.


Descoñecemos se o que funcionou foi o boca a boca, a estrea da película (o pasado día 5) ou ambas as cousas á vez. Pero o que é ben certo é que o libro engancha, e se non, que llo pregunten a todas e todos aqueles que xa o leron.


Avisados quedades: 4 novos exemplares de Crepúsculo á vosa disposición na biblioteca.

martes, 9 de diciembre de 2008

Xogando cos libros


Ler ten premio é unha iniciativa promovida por CEDRO, o Plan de Fomento da Lectura, o Servizo de Orientación á Lectura e a Federación de Gremios de Editores de España, unha proposta máis para incentivar a lectura: un xogo online sobre literatura.
Hai que situar 20 personaxes que fuxiron dos seus libros a través das pistas que proporcionan. A primeira tarefa é deter o personaxe que corre e se agocha entre os libros; cantas máis pistas, menos puntos; os personaxes secundarios dan máis puntos cós protagonistas.
Poderedes xogar durante todo o mes de decembro.

Os premios son:

: Un smartphone modelo HTC ou similar.
y : Un GPS G350, deseño slim, con pantalla táctil e navegación por voz.
al 10º: Un marco dixital modelo Vision Middle, con pantalla TFT LCD de 5,6 pulgadas.

Premede na imaxe e... a xogar!!!

Facilitounos esta información Trafegando ronseis

lunes, 1 de diciembre de 2008

1 de Decembro: Loita contra a SIDA

Ravi, o protagonista de "El secreto mejor guardado" é un dos 14 millóns de menores no mundo que son orfos a causa da SIDA.

A curtametraxe forma parte do documental "En el mundo a cada rato" onde 5 directores a través de 5 historias denuncian a falta de dereitos básicos de nenos e nenas en distintas partes do mundo.


jueves, 27 de noviembre de 2008

A natureza en imaxes

Yann Arthus-Bertrand é un fotógrafo francés famoso polas súas fotografías aéreas da Terra. Un dos seus traballos máis coñecido é "A terra vista desde o ceo" con fotos dos cinco continentes.


Ten publicados máis de 60 libros con fotos tomadas desde helicópteros e globos aerostáticos. Algúns deles telos á túa disposición na biblioteca e con eles gozarás coas súas imaxes mentres te achegas á natureza.

La Tierra vista desde el cielo

El futuro de la tierra

La tierra explicada a los niños

martes, 25 de noviembre de 2008

As crónicas de Narnia

"Las crónicas de Narnia" é unha saga de libros xuvenís escrita por C.S.Lewis entre os anos 1949 e 1954. Narnia é unha terra de fantasía e maxia onde hai animais que falan e criaturas mitolóxicas.

Na nosa biblioteca podes atopar os cinco primeiros libros:

  • El sobrino del mago Narnia..., un lugar polo que deambulan bestas parlantes..., onde agarda unha bruxa..., onde un novo mundo está a piques de nacer.

  • El león, la bruja y el armario Narnia..., un mundo conxelado..., unha terra agarda a súa liberación.

  • El caballo y el muchacho Narnia..., un lugar onde os cabalos falan..., onde se maquina unha traición..., onde o destino agarda o seu momento.

  • El príncipe Caspián Narnia..., un lugar onde os animais falan..., onde as árbores andan..., onde se está a piques de librar unha gran batalla.

  • La travesía del caballero del Alba Narnia..., onde un dragón esperta..., onde as estrelas deambulan pola terra..., onde calquera cousa pode suceder.




E despois de lelos, lembra, na nosa carteleira atoparás as dúas películas que se fixeron baseadas nestes libros: "El león, la bruja y el armario" e " El príncipe Caspián".

Non as perdas!

lunes, 24 de noviembre de 2008

Violencia machista

La prisión provincial de Granada tiene un programa de prevención de la violencia contra la mujer que, en mi opinión, es más efectivo que mil campañas: hombres encarcelados por agredir a sus parejas dejan durante unas horas las celdas para narrar a grupos de escolares cómo se convirtieron en verdugos. En esas sesiones los reclusos exorcizan sus demonios. Es una experiencia muy instructiva para el que habla y para el que escucha.

Una de las principales enseñanzas que se extrae de esas charlas es que la semilla del machismo germina pronto. "No me gusta que te pongas esa falda tan corta". "¿De qué hablaste con ese chico durante una hora?". " No te pintes tanto". " No quiero que vayas sola a la discoteca". No, no, no... Es la convivencia de lo negativo. O el negativo de la convivencia. Son frases que pronuncian chavales de quince o dieciséis años, según sondeos realizados entre alumnas de instituto. La llamada violencia de género también se da entre parejas conformadas por menores.

El fenómeno de maltrato no entiende de edades. Según un estudio de la Universidad de Sevilla, el 6 por ciento de las mujeres son agredidas por sus parejas ya en la adolescencia. El problema se da más frecuentemente entre los catorce y dieciséis años, y la mayoría de las chicas - el 70 por ciento - mantiene su amistad con el maltratador. Muchas de las víctimas creen que los abusos de que son objeto son normales.


Tampoco en esos se diferencian de los adultos.

"Mis sentencias ejemplares", Emilio Calatayud ( Xuíz de menores de Granada)

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Para coñecer mellor a nosa biblioteca

A nosa bibliotecaria virtual dávos a benvida non só á biblioteca senón tamén ás actividades que imos facer a partir desta semana para que todas e todos vós saibades como están dispostos os nosos fondos.


Viredes en grupos pequenos, e xuntos localizaremos libros, colocarémolos no seu sitio nos andeis, buscaremos información nos xornais e revistas, aprenderemos a sacarlle máis proveito aos dicionarios e enciclopedias, ... e ademais fuchicaremos niso que tanto vos gusta: o ordenador. Pero, iso si, para a busca de información, como está mandado. Non imos romper as normas!


Clicando na imaxe poderás coñecer mellor a biblioteca.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Póñame unha de números, por favor

-Aí a ten, recén sacada do forno:
  • 750 Préstamos desde o 15 de setembro ata o día 16 de novembro.

  • 501 Libros

  • 234 Películas

  • 15 CDs de música

Non hai dúbida: a biblioteca móvese. E como se move !

jueves, 13 de noviembre de 2008

Ciencia

Seguramente reparaches en que a ciencia nos rodea por todas partes: coches, teléfonos, armas de destrución masiva, pasta de dentes,... Sen ela, o mundo sería moi diferente.



Para saber máis da ciencia e dos seus científicos achégate á biblioteca. Temos unha pequena exposición para ti.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Cursos en Torres de Malory

Hoxe quero facer un comentario sobre Cursos en Torres de Malory.
Conta a historia dun internado de alumnas nas que sempre sucede algo.
A protagonista chámase Darrel, é unha nena con algo de xenio...
Dentro das súas amigas hainas bromistas como Alicia, algo creídas, estudosas...
pero non hai ninguén como a súa amiga da alma.

Bueno agora non vos conto máis, se queredes saber algo sobre el, lédeo.

Haino na biblioteca.

Un saúdo, Eva.

Eva é alumna de 2º da ESO

domingo, 9 de noviembre de 2008

Como, quen, cando?


Como se orixinaron os fogos artificiais?
Quen decidiu que París sería a capital de Francia?
Cando son azuis as estrelas?
Como pode un barco flotar no mar?
Quen gravou a primeira canción?
Cando se espertan os volcáns?
Como....?
Quen....?
Cando...?

jueves, 6 de noviembre de 2008

El laberinto de la rosa


Comezo decindo que o libro "El laberinto de la rosa" é apasionante, un dos mellores libros que lin.


É un pouco longo, pero asegurovos que cando o empecedes a ler non queredes parar ata chegar ao final, e saber o desenlace...


Libro de intriga, con algunhas escenas... sorprendentes, como o propio libro dí, é un laberinto, ata o final. É sorprendente.


Recomendovos este libro, como ben dixen, e moi bo. Nunca leera un libro desa escritora pero gustoume moito. E sei que a quen lle guste ler, ou incluso, aos que non lle gusten moito... que os vai enganchar, porque van querer saber o que pasa ao final.

Escrito por unha alumna de 1º de Bacharelato que prefire manterse no anonimato.

lunes, 3 de noviembre de 2008

Os difuntos falaban castelao


Os mortos regresan ás Mariñas. Desta volta veñen da man do alumnado de Literatura Galega do século XX de 2º de Bacharelato e capitaneados pola profesora Marisé. Eles foron quen lles puxeron voz ao relato de Ánxel Fole "Os difuntos falaban castelao", incluído no libro: Á lus do candil. A biblioteca encargouse de darlle animación coa presentación que vedes enriba, e o Departamento de música recomendounos a melodía para acompañalo.

Hoxe asistiron ao acto os nosos primeiros de ESO. Durante esta semana a biblioteca será a lareira onde se contarán máis historias de medo.

viernes, 31 de octubre de 2008

Calacús, caveiras e libros.

Xa os romanos dedicaban polo menos un día ao ano a lembrar os seus mortos.


Nos primeiros días de novembro, coincidindo coas festividades de defuntos, celebramos o Samaín. Tamén coñecida como das Caliveras ou dos Calacús. Na crenza do pobo, servía para protexer a casa e afastar os males. Probablemente a súa orixe proveña do costume celta e doutros pobos bárbaros de cortar as cabezas dos inimigos tras a batalla e penduralas diante das portas e das murallas, ás veces alumeándoas cunha luz.



Non só a celebramos en Galiza, senón tamén en diversas zonas de Aragón, Asturias, Cáceres, Cuenca, León, Portugal e Zamora. Por outra banda, estamos ante unha tradición moi espallada por diversos países atlánticos, exportada a América, especialmente a EE UU.



Por que entón celebrar o Hallowen?



Related Posts with Thumbnails