domingo, 11 de enero de 2009

Para non deixar de ler

“Los hombres que no amaban a las mujeres” e La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina” son dúas das novidades deste mes na biblioteca. Os dous libros, escritos polo sueco Stieg Larsson, forman parte da triloxía Milennium, aínda que teremos que esperar uns meses para ler o terceiro xa que non se editará en España ata o próximo mes de xuño.

Stieg Larsson, activista e defensor dos dereitos humanos, non puido gozar do grande éxito que os seus libros están tendo xa que faleceu dun ataque cardíaco días antes da publicación da primeira entrega.


E falando de Suecia, de novela negra e de dereitos humanos, non podemos deixar de facer referencia a Henning Mankell, tamén na nosa biblioteca.


Se as intrigas nas que se ven envoltos o xornalista Michael Blomkvist e a inadaptada Lisbeth Salander nos impiden deixar de lado o libro, o mesmo ocorre cos asasinatos que ten que resolver o inspector Kurt Wallander.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails