- desde a Rede que nos une
- e, como non, desde Compostela, manifestándonos pola nosa cultura, polo noso idioma que nos une, a nosa columna vertebral.
Ora, o home é un ser social. A súa individualidade realízase mesmamente na convivencia con outros homes. O "pobo" é a unidade natural de convivencia, a "cultura" é a súa forma i a "língoa" é o seu vehículo. A Humanidade realízase a través dos pobos, a través das culturas, a través das língoas. Ou seña, a través da pluralidade.
Nós, os galegos -e xustamente como galegos-, somos unha desas unidades naturales en que a Humanidade se realiza. Porque somos un pobo dotado dunha língoa e, polo mesmo, dunha cultura. A nosa misión consiste en facer que esa realidade orixinal acade a súa plenitude.
Somos os responsables de que prospere ou fracase unha creación que a vida humá expresa a través de nós.
Fragmentos do discurso de ingreso na Real Academia Galega de Ramón Piñeiro, lido o día 25 de novembro de 1967 .
No hay comentarios:
Publicar un comentario