Van cargadas de... libros, como non. Pero non son só para vós, alumnas e alumnos do IES As Mariñas, senón tamén para a vosa familia:
Que tal un libro de filosofía para a irmá rebelde?
E un de historia para a avoa contabatallas?
E por que non?, un de poesía para o papá romántico?
E un de aventuras para a mamá superheroína...?
Quen sabe os gustos dos familiares do noso alumnado (xa nolos sopraredes). As mochilas viaxeiras pretenden achegar a biblioteca escolar á vosa casa, achegar a vosa casa á biblioteca.
Só teñen permiso de estancia de 15 días. Son moitas as paradas por Betanzos e arredores. Será unha longa viaxe, pero van tan cheas de ilusión...!
Boa viaxe lectora!
1 comentario:
E crece a "lista de espera" para levar a mochila a casa.
Tranquilos, haberá para todos aqueles que a queirades levar.
Publicar un comentario