Gonzalo Moure veunos visitar . As Mariñas Lectoras tiveron a sorte de falar con el de libros (dos seus, dos da súa mocidade, dos dos seus amigos), do Sáhara, dos estudos, de traballos, da vivencia oceánica na escrita, de anxos que gustan das bibliotecas... E agasallounos con palabras como estas:
“Ler fainos máis libres”.
“Ler fainos sufrir”.
“O erro é pensar que as riquezas son as cousas”.
“O libro realmente importante na carreira dun autor é o inicialmente máis inútil. Pensemos no Principiño de Saint Éxupery”.
“Para escribir un libro hai que espirse”.
El dedicounos Son un cabalo, e os compoñentes do clube, agasallárono con Palabras de Caramelo e A noite d'O Risón; seus propios libros, si, pero de seguro que agora lle serán, se cadra, un bocadiño máis especiais, pois levan as propias dedicatorias do noso alumnado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Grazas por deixarme escoitar na distancia as palabras de G. Moure que eu tamén descubrin precisamente neses andeis.
A biblioteca que segue a ser tan fotoxénica como eu a lembro do meu paso por ese instituto. Gústanme os cambios de mobiliario e, sobre todo, as Mariñas Lectoras.
Agora vou pola obra "Son un cabalo" que vós me animastes a ler.
Foi todo un acerto ter a Gonzalo Moure para a nosa estrea con autores.
De "As Mariñas lectoras" só dicirche que son dos clubes estupendos, déronlle á biblioteca un aire novo.
Serafín, de seguro que che gustara coñecelos, a eles tamén a tí. Pero iso pode ter solución.
Saúdos de Joaquina, Penide, Ioli e Marga.
Fue una delicia (y una ledicia) estar con todos vosotros. ¡Ya he puesto vuestros/mis libros en la biblioteca! He llegado muy cansado a casa, pero sólo de cuerpo. Dais sentido a la vida, en general, y se lo habéis dado un poco a la mía en particular. ¿Sabéis la suerte que tenéis? Ya hablamos de ello, pero por favor: sed conscientes cada día, aprovechad la oportunidad de crecimiento que tenéis.
Y ya somos amigos, para siempre. Nos tenemos los unos a los otros, para todo.
Muchos abrazos, muchos besos y... ¡gracias!
Gonzalo.
Gonzalo Moure ,primer escritor que nos viene a visitar al club de lectura. Daba gusto oirlo hablar
espero que despuès de esta fantástica visita vengan más escritores/as.
Máis comentarios sobre a visita de Gonzalo Moure no blogue de "As Mariñas lectoras"
Rocio:
Ola a todos!pois anq tardei bastante agora vou deixar o meu comentario.
A charla de Gonzalo foi moi boa porque se achegou a nos e todos participamos.Anque contou historias que poñian on pelos de punta e!
Peo pareceume moi simpatico e consciente!Gustoume as historias da sua visita en Africa e a sua forma de falar!
Espero que veñan mais escritores asi e!
Estou encantada de participar nas mariñas lectoras!!
bks pa tos
Bueno pois...que me gustou moito a charla que tivemos con Gonzalo.
Foi moi divertido e claro que somos amigos!!!!Para sempre.
Gracias por darnos tan bos consellos e pr escribir libros tan entretidos.Cando publiques un libro serei a primeira en leelo(se e que acabas algún)jejeje
moitos bicos.
Sonia
ola son Alba!!
bueno pois decir que foi maravilloso estar con Gonzalo Moure e espero que siga escribindo durante moitos anos porque os seus libros son fantasticos!!
un bico e aperta. Alba
Publicar un comentario