Neste trimestre 1.687 préstamos: 1.196 libros, 48 cds de música e 443 películas
miércoles, 22 de diciembre de 2010
lunes, 20 de diciembre de 2010
Non quedes coas ganas!
Que aínda non sabes que libro recomendar?
Achégate á biblioteca e botarémosche unha man.
Lembra que tes ata o día 22 para facer un agasallo á persoa elexida.
Que non sabes de que estamos a falar?
Que estás alucinad@ pola chea de agasallos ás portas da biblioteca?
Aquí tes toda a información.
miércoles, 15 de diciembre de 2010
Tuya

Novela negra? Humor? Crítica social? Unha mestura de todo iso é a novela de Claudia Piñeiro, Tuya.
A autora narra, cunha axilidade que impide deixar de ler, como Inés nai dunha rapaza adolescente, descobre que o seu marido, Ernesto, lle é infiel.
A partir de este feito, os acontecementos entre a parella vanse sucedendo de forma vertixinosa mentres a filla vive, de xeito illado, o seu propio problema.
A novela ten, ademais, un desenlace totalmente inesperado.
Pero escoitemos a propia escritora falar do seu libro:
Etiquetas:
Humor,
Novela negra,
Recomendacións de lectura
lunes, 13 de diciembre de 2010
Tempo de agasallos
Paso 1: Busca unha lectura apropiada para a persoa que ti queiras (alumn@ ou profesor@).
Paso 2: fai o préstamo do libro escollido ao teu nome.
Paso 3: Pide a felicitación para cubrir os datos.
Paso 4: Na biblioteca encargarémonos de empaquetar o libro e poñerlle a túa tarxeta de regalo.
@s destinatari@s poderán recoller as súas “lecturas-agasallo” a partir do día 20 deste mes.
Animádevos!
O agasallo dun libro, ademais dun obsequio, é un delicado eloxio
Etiquetas:
Biblioteca,
Días especiais
sábado, 11 de diciembre de 2010
viernes, 10 de diciembre de 2010
Hoxe é o seu día
Non é ciencia ficción, son os dereitos humanos:
Etiquetas:
Dereitos humanos,
Días especiais
jueves, 9 de diciembre de 2010
No Nadal, un libro
Pode que estes días xa chegara ás vosas casas...
Ao mellor xa lle botastes unha ollada...
Se cadra xa teñades elixido algún dos libros...
Pero lembrade: No Nadal, un libro (como agasallo ou como préstamo, tanto ten)
Etiquetas:
Guías de lectura
miércoles, 1 de diciembre de 2010
De faraóns e momias
Grazas a Patricia, e a súa nai, a Rocío, Verónica, Borja, Andrea e Cristina por facer máis vistosa a exposición de libros sobre Exipto:
Etiquetas:
Exposicións,
Historia
lunes, 29 de noviembre de 2010
A traxedia do caucho
El sueño del celta, último libro de Mario Vargas Llosa, recrea a vida de Roger Casement, diplómatico inglés que tivo a misión de elaborar dous informes para o seu goberno: o primeiro sobre as barbaridades que se estaban a cometer no Congo e, o segundo, sobre as cometidas no Perú. En ambos casos, a obtención do caucho para as grandes compañías era o motivo para a violación dos máis esenciais dereitos humanos.O auténtico informe de Casement podémolo atopar no libro La tragedia del Congo xunto con outros escritos sobre o tema de G. W. Williams, Conan Doyle ou Mark Twain.
E, se queremos adentrarnos na vergoñenta historia da colonización do Congo ao cargo do rei Leopoldo de Bélxica, que mellor que ler o libro de Adam Hochschild, El fantasma del rey Leopoldo.Con Sete casas en Francia de Bernardo Atxaga e O corazón do negror de Joseph Conrad, podemos achegarnos tamén a triste realidade deste país africano sometido pola man colonizadora dos belgas.
E pechando o círculo, Alberto Vázquez Figueroa na súa novela Manaos sitúanos nas plantacións do caucho na Amazonia e, baseándose en feitos reais, conta as terribles circunstancias que concurrían nestas explotacións.
Todos eles, na nosa biblioteca.
Neste mesmo blogue, "Estamos no Congo belga"
Etiquetas:
África,
Dereitos humanos,
Historia,
Novela histórica
viernes, 26 de noviembre de 2010
Achegándonos a Ana María Matute, premio Cervantes 2010
A escritora fala da lectura, do amor, da guerra, da súa vida...
Logo de escoitala, nos vos gustaría ler algún dos seus libros?
Etiquetas:
Escritoras/es,
Premios
jueves, 25 de noviembre de 2010
Te doy mis ojos
Unha noite de inverno, unha muller, Pilar, sae fuxindo da súa casa. Leva consigo apenas catro cousas e ao seu fillo, Juan. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seu sol, di, e ademais, "deulle os seus ollos"... Ao longo da película, os personaxes irán reescribindo ese libro de familia no que está escrito quen é quen e que espérase que faga pero no que todos os conceptos están equivocados e onde di fogar lese inferno, onde di amor hai dor e quen promete protección produce terror.
Premios Goya 2004: Mellor película, mellor dirección, mellor guión orixinal, mellor interpretación masculina protagonista, mellor interpretación femenina protagonista, mellor interpretación femenina de reparto e mellor sonido.
Te doy mis ojos e máis cine na nosa carteleira
Etiquetas:
Cine,
Días especiais,
Mulleres
martes, 23 de noviembre de 2010
Camiñan descalzas polas rochas
Os relatos e as ilustracións foron creados polas autoras para contribuir coa campaña de Amnistía Internacional "Non máis violencia contra as mulleres", lanzada co obxetivo de poñer de relevo a gravidade e a dimensión do problema, e conseguir que os Estados asuman a súa responsabilidade ante esta violación dos dereitos humanos que é a máis estendida e que permanece oculta e impune.
A violencia contra as mulleres está presente en todas as sociedades do mundo, sexa cal sexa o seu sistema político ou económico. Non sabe de culturas, clases sociais nin etnias. Este escándalo cotiá maniféstase de diferentes maneiras e ten lugar en múltiples espazos, pero cunha raíz única: a discriminación universal que sofren as mulleres polo mero feito de selo.

Unha de cada tres mulleres no planeta sufriu abusos nalgún momento da súa vida a mans de axentes do Estado, membros da súa propia familia ou coñecidos. A violencia no ámbito familiar é a principal causa de morte e discapacidade entre as mulleres de 16 a 44 anos de idade.
A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflictos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos de Camiñan descalzas polas rochas.
Etiquetas:
Dereitos humanos,
Días especiais,
Mulleres
viernes, 19 de noviembre de 2010
Exipto
Unha selección de libros e películas que nos achegan a unha das civilizacións máis interesantes da historia:
Etiquetas:
África,
Guías de lectura,
Historia
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Proyecto Amanda
Leti, estudante do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, fainos un resumo deste libro, primeiro dunha nova saga, e recomenda a súa lectura ao alumnado da ESO.El libro trata de una niña que se llama Amanda y tiene tres amigos que van al mismo instituto que ella.
Un día, Amanda, hizo una gamberrada en el instituto y desapareció. El director del colegio llama a sus tres amigos para que le expliquen qué pasó y dónde está. Ellos no tienen ni idea de lo que pasa.
Los tres tienen un totem tatuado en el brazo y Amanda, antes de desaparecer, los dibujó en sus taquillas.
Todos los días Amanda les deja pistas para que la encuentren porque está en apuros y necesita su ayuda.
Antes de desaparecer a cada uno les dió un objeto para encontrarla pero ellos no lo saben; poco a poco lo irán descubriendo y se darán cuenta de que en el colegio pasan muchas cosas extrañas.
Una de las chicas se da cuenta de que su madre desaparecida tiene algo que ver con asuntos sucios. El director lo sabe y poco a poco ella lo irá averiguando. Crean una página web para encontrarla.
Si queréis saber más pistas para descubrir el misterio, meteos en la página http://www.proyectoamanda/. com. Hay que ir eliminando pistas con lo que vais averiguando en el libro.
¡Es muy interesante!
Etiquetas:
O alumnado fala de libros
lunes, 15 de noviembre de 2010
Rastro
Tan axiña como o veu na libraría, non se puido resistir: achegouse á biblioteca para solicitar a súa compra. Estamos a falar de Rastro de Maggie Stiefvater, continuación do tan emprestado libro Temblor, e de Malú, estudante do segundo curso de Administración e Finanzas quen nos amosa a súa opinión da citada saga: Entre las lecturas de este verano, descubrí por casualidad el libro Temblor. Una historia diferente, de lobos, magia, sentimientos, amor... donde Grace y Sam luchan por unir sus dos mundos. Para mí la autora ha sabido transmitir al cien por cien todas las inquietudes y vivencias de sus protagonistas, aumentando la tensión y el misterio según pasan las hojas.
Y ha sabido plasmar mucho más, en el segundo libro de la saga, Rastro, que estoy segura, no defraudará. Se suman nuevos personajes y nuevas tramas, todas con un único fin. Atrapará a cualquiera que se anime a emprender esta aventura y, sin duda, será difícil dejar de leer hasta el final.
Etiquetas:
O alumnado fala de libros
miércoles, 10 de noviembre de 2010
Preparadas, listas, xa!
martes, 9 de noviembre de 2010
domingo, 7 de noviembre de 2010
El hombre del lago
Aterrou na nosa biblioteca con La mujer de verde, consolidouse como un dos escritores de novela negra máis lidos en As Mariñas con La voz, e agora Arnaldur Indridason, volve a sorprendernos con El hombre del lago.A novela vai máis alá da investigación do achádego dun esquelete no fondo dun lago, para converterse no relato do abafante ambiente vivido nos anos sesenta por un grupo de estudantes islandeses en Leipzig, cidade de Alemaña do Leste. Alí sufrirán o paso do entusiasmo cara a unha nova sociedade á decepción por mor dos métodos utilizados por esta.
Ao mesmo tempo que devoramos as páxinas do libro para descubrir o final da historia iremos coñecendo, como nos outros libros, novos datos da complicada vida do inspector Erlendur Sveinsson.
Etiquetas:
Novela negra,
Novidades,
Recomendacións de lectura
miércoles, 3 de noviembre de 2010
viernes, 29 de octubre de 2010
Ata o martes!
Mirade o contenta que se puxo a bruxa cando viu os debuxos que os rapaces e rapazas de 1º da Eso fixeron para poñer xunto á súa fotografía. A vindeira semana daremos conta deles.
Feliz Samaín! Terrorifícas lecturas!
miércoles, 27 de octubre de 2010
Entrevista a miña nai
P: A que anos empezaches a ler?R: Con dez anos xa empecei a ler e empecei a collerlle afección á lectura.
P: Cal foi o primeiro libro que liches?
R: O primeiro libro que lin foi Las mellizas O`Sullivan de Enid Blyton
P: Cal é o teu autor favorito?
R: Gústanme moitos, pero o meu autor favorito é Gabriel García Márquez.
P: Cal é o xénero literario que máis che gusta?
R: Todos, pero sobre todo a narrativa.
P: Dos libros que levas lido, cal foi o que menos che gustou?
R: El pintor de batallas de Arturo Pérez Reverte. Non o puiden acabar de tanto que me aburría.

P: Que outros libros recomendarías?
P: Que libro andas lendo agora?
R: Trece rosas. Moi lindo, por certo.
P: Cal é o teu libro favorito?
P: Aproximadamente, cantos libros les cada ano?
R: Sobre quince ou vinte.
P: Que significa para ti a lectura?
R: Significa evasión
Ana e Andrea son nai e filla, as dúas boas lectoras e asiduas desta biblioteca.
Etiquetas:
Reporteiras/-os
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
A nosa mascota
" O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina. Do mesmo xeito que ninguén nos pode obrigar a namorarnos, ninguén nos pode obrigar a amar un libro. Son cousas que ocorren por razóns misteriosas. Pero do que si estou convencido é de que hai un libro que agarda por cada un de nós. Nalgún lugar da biblioteca hai unha páxina que se escribiu para nós"
Alberto Manguel
Alberto Manguel
Correo
Como atopar o que busco
Outros enlaces
Ferramentas de traballo
Busca na web ou no blogue
Guías de lectura
Máis libros, máis libres
Curso 2011-12
Curso 2010-11
Curso 2009-10
Curso 2008-09
Curso 2007-08
Curso 2006-07
Feito polo alumnado
Mochilas viaxeiras
Pide a túa mochila na biblioteca!
Bótalle un ollo a isto!
Información de interese para o alumnado
Visitamos outros blogs
O recuncho solidario
"A caridade é humillante porque se exerce verticalmente e desde arriba; a solidariedade é horizontal e implica respecto mutuo."
Eduardo Galeano, escritor uruguaio.
Eduardo Galeano, escritor uruguaio.
Arquivo do blog
-
►
2012
(33)
- ► septiembre (1)
-
►
2011
(70)
- ► septiembre (1)
-
►
2010
(100)
- ► septiembre (5)
-
►
2009
(150)
- ► septiembre (9)
Etiquetas
Actividades
(55)
Adolescencia
(1)
África
(11)
Alumnado
(25)
Amor
(10)
Ampa
(2)
Animación
(5)
Antártida
(1)
Arte
(4)
Asia
(1)
Astronomía
(7)
Aventuras
(3)
Biblioteca
(63)
Biografías
(3)
Bioloxía
(1)
Ciencia
(8)
Ciencia ficción
(1)
Cine
(39)
Cine e literatura
(20)
Club de Lectura
(6)
Cociña
(5)
Cómic
(3)
Concursos
(20)
Contacontos
(3)
Convivencia
(2)
Curiosidades
(16)
Darwin
(22)
Departamento de Griego
(1)
Dereitos humanos
(26)
Día do Libro
(5)
Días especiais
(54)
Discapacidade
(4)
Educación
(2)
Entrevistas
(4)
Escritoras/es
(27)
Escritores
(5)
Exposicións
(21)
Fantasía
(2)
Filosofía
(1)
Fotografía
(6)
Francés
(1)
Grego
(1)
Guías de lectura
(27)
Historia
(18)
Humor
(3)
Imprescindibles
(8)
Inglés
(3)
Inventos
(1)
Letras Galegas
(11)
Libros
(101)
Libros que falan de libros
(7)
Lingua e Literatura castelá
(1)
Lingua e Literatura Galega
(20)
Literatura xuvenil
(3)
Matemáticas
(11)
Mecánica
(1)
Misterio
(3)
Mitoloxía
(2)
Mulleres
(18)
Multiculturalidade
(4)
Museos
(1)
Música
(11)
NADAL18
(1)
Natureza
(12)
Novela epistolar
(2)
Novela histórica
(9)
Novela negra
(9)
Novidades
(26)
O alumnado fala de Arte
(4)
O alumnado fala de libros
(41)
O profesorado fala de libros
(4)
Oscars 2009
(7)
Pintura
(8)
Plan Lector
(4)
Plástica
(5)
Poesía
(9)
Premios
(15)
Recomendacións de lectura
(36)
Relatos
(1)
Reporteiras/-os
(8)
Revistas
(1)
Sabías que...?
(6)
Sahara
(10)
Samaín
(1)
Shackleton
(1)
Solidaridade
(8)
Teatro
(4)
Tecnoloxía
(1)
Terror
(5)
Vampiros
(8)
Viaxes
(9)
Xeografía
(2)
Xogos
(13)
Zooloxía
(1)

