jueves, 30 de septiembre de 2010

Waris Dirie na nosa biblioteca

Waris Dirie é unha modelo somalí que traballou para firmas tan coñecidas como Chanel, Revlon, Levi`s ou Benetton. No ano 1997 foi nomeada embaixadora de Nacións Unidas para os dereitos da muller en África co obxectivo de denunciar a práctica da mutilación xenital feminina que ela mesma sufriu na nenez.

No ano 1998 escribiu o seu primeiro libro autobiográfico, Flor del desierto, onde narra a súa infancia no deserto de Somalia como integrante dunha familia nómada así como o trauma que lle provocou a ablación que lle practicaron sendo unha cativa. Con trece anos, o seu pai decide casala cun home moito maior ca ela, polo que Waris decide fuxir…

En 2001 publica o seu segundo libro, Amanecer en el desierto, continuación do anterior. Convertida xa nunha modelo internacional, volve ao seu país para reencontrarse coa súa familia.

Na biblioteca poderás atopar estes dous libros e tamén a película Flor del desierto baseada na novela.

Se queres achegarte máis á problemática sufrida por milleiros de nenas ás que se lles practica a mutilación xenital, tamén tes á túa disposición a película Moolaadé.



miércoles, 29 de septiembre de 2010

Alba e Andrea recomendan

Despois das vacacións comezan a chegarnos algunhas recomendacións por parte de noso alumnano. Alba e Andrea, de 2º de Bacharelato, van ser as primeiras.

Marina de Carlos Ruíz Zafón

Cuenta una historia ambientada en la Barcelona del siglo XX sobre un niño que descubre una misteriosa casa en ruinas. Gracias a su atrevida y peligrosa intromisión en esta casa, conocerá paradójicamente a dos inolvidables personas: un hombre anclado en el pasado y su bella hija. El protagonista se enamora de ella y juntos intentarán aclarar un misterio que invade toda Barcelona.

Es una novela muy entretenida y no te cansas nunca de leerla.

Alba Fernández Pato


La llave de Sarah de Tatiana de Rosnay

¿Alguién sabría decirme lo que significa el Vel` d`Hiv? Seguro que muy pocas personas me contestarían que es la gran redada del " velódromo de invierno" que acaeció el 16 de julio de 1942 en el corazón de París. Aquí comienza la historia de Sarah, una niña judía a la que deportan junto a sus padres a un campo de concentración, pero ella esconde algo, una llave, su llave...

Unos sesenta años más tarde, Julia que es una reportera con una vida bastante desordenada, irá conociendo la historia de Sarah y su propia historia a base de casualidades y coincidencias.


Andrea Rivera Deibe

Se queredes ler estes libros, pasade a buscalos á biblioteca.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Aviso urxente

Non temos tempo para ler tantos libros que nos chegan!!!!!!!

Por iso buscamos intrépidos lectores que nos boten unha man para ler e recomendarvos as seguintes novidades.
Premede nas imaxes e atoparedes información sobre elas.


jueves, 23 de septiembre de 2010

martes, 21 de septiembre de 2010

Comezamos!

Miles de libros, centos de películas e unha chea de música agardan por ti na biblioteca!!!!!

lunes, 28 de junio de 2010

domingo, 27 de junio de 2010

As contas claras

A biblioteca non quere marchar de vacacións sen facervos partícipes dos movementos dos fondos durante este último curso.

Como vedes na imaxe, o número de préstamos acadou unha moi boa cifra: 3789.

Os libros (2567), que outro ano máis seguen sendo os gañadores, supoñen un 68% sobre o total dos préstamos; seguidos das películas (1140) con un 30%. No apartado de "outros" van a música e as revistas que cos seus 82 préstamos, representan un 2%.

Outro dato a ter en conta é os préstamos acadados na campaña de verán: desde o 1 de xuño ata o día 23 foron nada máis nin nada menos que 503 préstamos, maioritarimente de libros ( 467).


Nestoutro gráfico podemos ver a evolución da utilización da biblioteca nos últimos oito cursos.

Nel podemos comprobar como ano tras ano aumenta a cantidade total de préstamos.

Seremos quen de superar esta última cifra para o vindeiro curso?


Pode que si. No IES As Mariñas temos o san costume de ler, de ver películas e de escoitar música. Tamén nas vacacións!!

martes, 22 de junio de 2010

Os libros máis lidos

A biblioteca non quere rematar este curso sen encheros seus andeis. E, que mellor que facelo coas lecturas máis prestadas neste ano? Botémoslle unha ollada, hai para todos os gustos:


Mil soles espléndidos, O neno do pixama de raias, La soledad de los números primos, A tres metros sobre el cielo, e La extraña desaparición de Esme Lennox empatan no número de préstamos e sitúanse na cabeza da lista.
La ladrona de libros séguelles de cerca acadando un merecidísimo segundo lugar.

Crepúsculo, e a súa saga (léase Eclipse, Luna Nueva e Amanecer) resístense a deixar os primeros postos de lectura e colócase no terceiro posto.

Los sangre azul, Cazadores de sombras, La reina en el palacio de las corrientes de aire, Tengo ganas de ti, Las crónicas de Narnia, La cocina del azafrán, Los ojos amarillos de los cocodrilos e A cociña de larpeiros fan pandilla para xuntarse na cuarta posición.

Atlas de una añoranza imposible quédase só no quinto lugar.

El símbolo perdido, La mujer de verde, Cometas en el cielo, Rosas blancas para Claudia, Perdona si te llamo amor, Cartas de inverno, La lluvia antes de caer e Marcas de nacimiento rematan a listaxe dos 24 libros máis lidos.

Estiveron a piques de entrar na listaxe: Todo por una chica, El olvido que seremos, Ensayo sobre la ceguera, Medianoche e Adicción, Las reinas de África, El ladrón del rayo, La casa del propósito especial, Inés del alma mía, El lector, Alas de fuego,...

A maior parte, por non dicir toda, destes libros están agora nas vosas casas agardando que os abrades para, tamén nas vacacións, adentraros noutros mundos e noutras vidas. Gozade deles!

lunes, 21 de junio de 2010

Bookcrossing Betanzos-Mugardos



Por fin chegou o día!


Marcos, Sergio, Paula, Adrián, Jessica e Iván, todos alumnos de 1º B da ESO, percorreron o Parque do Pasatempo de Betanzos buscando os mellores recunchos para deixar libros e pequenos agasallos.

E diredes, quen serán @s destinatari@s?

O alumnado do clube de lectura do IES de Mugardos, que hoxe pola tarde chegará para atopalos.

Pero, coidado! non vai ser doado, aínda que, para facilitar o traballo, hai unhas pistas a seguir.

Boa sorte e boas lecturas!

jueves, 17 de junio de 2010

A biblioteca de Sonia

Sonia, que hoxe veu moi contenta do exame da selectividade, non quere irse do instituto sen antes deixarnos a súa biblioteca particular.

Como boa lectora a súa selección é variada. Deste xeito atopamos algo de novela histórica ( La comerciante de libros, Los pilares de la tierra, Un mundo sin fin, La catedral del mar, Os libros arden mal...), lecturas xuvenís ( Rebeldes, Llamando a las puertas del cielo...), clásicos (El mercader de Venecia, El Aleph...), misterio ( Asesinos sin rostro, El código da Vinci...), imprescindibles (¿Que me queres, amor?... ) e últimas novidades na nosa biblioteca ( La lluvia antes de caer, La carretera...).

Moitas grazas, Sonia, non só polas túas recomendacións senón tamén por todo o que tes colaborado connosco nesta biblioteca, no blogue e no club de lectura. Dende aquí desexámosche moi boa sorte!

miércoles, 16 de junio de 2010

Últimas noticias!



¿Aínda non pasaches pola Biblio para elixir as túas lecturas de verán?

¿Non sabes que libros escoller?

Apresúrate, que as estanterías empezan a baleirarse. ¡ Xa levamos 364 préstamos este mes!

E, se tes dúbidas: ¡ déixate aconsellar!!!!

Lembra: Podes levar ata 10 títulos.

martes, 15 de junio de 2010

Pepa A Loba de Carlos G. Reigosa



Agora tócalle a Noemí, Carolina, Patricia, Alba e Sara o turno das recomendacións. Todas elas mulleres como a protagonista do libro.


“Esta novela gustoume porque reflexa á perfección as inxustizas ás que estaban sometidos os labregos polos caciques da época, porque me achega máis ao pasado do pobo galego e ao seu sufrimento, por facerme ver como eran condenados por “delictos” que os propios fidalgos lles “obrigaban” a cometer para poder levar un cacho de pan á boca. Porque en obras coma estas vense as dúas caras do pobo galego: por un lado, os caciques asoballadores e, polo outro, os galegos sufridores”.
Noemi Bascoy


"Este libro empeceino a ler hai anos e pareceume aburrido. Pero agora que o volvín ler, a miña opinión cambiou radicalmente. Pareceume unha boa novela pola forza e valentía que tiña a protagonista, Pepa, alcumada a Loba, despois dos duros golpes que a vida lle dera, xa dende ben nova, pois na infancia perdera a súa nai, viuse obrigada a facer traballos impropios da súa idade... e aínda así, Pepa fíxose unha muller valente, que loitou polos seus ideais ata o fin da súa vida, contra todo e contra todos, sempre á marxe da xustiza e das leis”.
Carolina Brandariz


“A lectura da novela é gratificante... gustoume porque dende un principio enganchoume, engaioloume... isto puido ser porque se trataba dunha lenda e entón iso tiroume máis ou porque o escritor fixo ben o seu labor”.
Patricia Centoira

En canto ao tema, interesoume, xa que se fai “xustiza” ás “inxustizas” da época, e non se poderían resolver doutro xeito que non fose “tomar a xustiza pola man”.
Alba Fernández

“A obra é moi interesante dende un punto de vista psicolóxico e histórico. As enormes diferenzas sociais “enxendraban” persoas como Pepa a Loba, traumadas e infelices. A obra conta o momento dunha persoa que, dende moi pequena, tivo que desenvolver o seu espírito de supervivencia, unha muller que loitou pola igualdade, aínda que dun xeito, ao meu xuízo, moi radical. A reivindicación está ben, pero sentimentos como a rabia desembocan en problemas como o de Pepa ou outras situacións atemporais e irrefreables que non obedecen a ningún tipo de raciocinio nin de sentido común”.
Sara Vales

lunes, 14 de junio de 2010

Ollos de auga de Domingo Villar

Non sabes que libro coller para ler nas vacacións?
Non hai problema, Miguel, Iván, Andrea e Tania aconséllante:

“Pareceume, realmente, unha novela moi interesante, completa e orixinal. Presenta mortes, suspense, amores paixonais, desencontros, humor (a través de Rafael Estévez) e moitas cousas máis, que fan que, cando vas lendo, te introduzas nunha historia tan rechamante como é esta”.
Miguel Roca

“É interesante e, sobre todo, o que máis te engancha é a ansia de saber quen matou a Lois... Non é un asasinato normal, o modo en que atopan a Reigosa é algo macabro e impresionante, unha morte digna dalguén cruel e con desexos de vinganza”.
Iván Mosquera

“As novelas detectivescas non son a miña preferencia; sen embargo, este libro non me disgustou...o que fixo que me gustase foron os pequenos detalles nos que eu sempre me fixo moito: as sardiñas con cachelos, o viño das parras do pai de Leo, a area da praia, o olor da herba cortada, o silencio das rúas de Vigo pola noite, as cuncas de viño do bar Elixio, a cara pálida de Iria Ledo, a maneira de ser de Arthur, a suor de Estévez, a camisa de liño que levaba, a ausencia de Alba...”
Andrea Deibe

“A través dun simple asasinato, introduce na historia múltiples críticas que, por veces, poden pasar case desapercibidas. Ao tempo, apórtanos cultura musical, gastronómica, xeográfica, ten un compilatorio de saberes, sobre todo galegos, que son asombrosos e fascinantes”
Tania Vilariño

viernes, 11 de junio de 2010

Plan, eu si que leo


Sexas como sexas, temos unha tarifa plana para ti. Pasa pola biblioteca e leva 10 libros durante todo o verán, sen recarga nin custos adicionais. Oferta válida ata o 23 de xuño o fin de existencias.



jueves, 10 de junio de 2010

Escribindo ao xeito de Séchu Sende

Algunhas alumnas de 1º Bac Tecnolóxico animáronse a escribir tomando como punto de partida un relato de Made in Galiza, libro no que o autor, dun xeito moi crítico, fai unha análise da situación da lingua galega. Este é o resultado:

EXPECTORANTE DA RABIA E CALMANTE DA FURIA

COMPOSICIÓN:
1000 gr de latín
500 gr de árabe
200 gr de xermánico
1 kg de castrapeo
1 kg de retranca
100 gr de confianza
200 gr de desconfianza
1000 gr de positivismo (“malo será...”)
3000 gr de predición (“vas caer, vai chover”)

Produto elaborado pola combinación de expertos romanos, árabes, xermanos (moi amigos entre si) e un chisco de pobreza, prexuízo, inferioridade social, vergoña e represión.


INDICACIÓNS:
Segue as indicacións da Real Academia Galega, a non ser que a túa zona lingüística o faga dun xeito diferente.
-Situacións críticas de perigosidade de “ostias”.
-Clase de Galego (e de Filosofía).
-Na montaña galega, e en Casa Pacucho (“Salvádeme siempre”), especialidade en churrasco e sobremesas variadas (flan con nata, nata con flan).

POSOLOXÍA:
Adultos: dose normal, xa que están fortes coma buxos.
Nenos: en grandes doses, sobre todo na “idade do pavo”.

CONTRAINDICACIÓNS:
Inxerido en grandes doses pode producir grandes incomunicacións co mundo exterior.
Pode producir tamén indixestión, mesturado con outras linguas.

ADVERTENCIAS:
Non se recomenda a súa utilización en contextos formais.
Cada 1000 gr desta lingua conteñen 500 gr de palabras obscenas, polo que debe usarse con moita precaución.

INCOMPATIBILIDADES:
-Feixoada ou bilingüismo.
-Pijos de La Coru.

EFECTOS SECUNDARIOS:
Non deben producirse coas doses axeitadas. En casos moi extremos, discriminación lingüística.

INTOXICACIÓN E TRATAMENTO:
En caso de sobredose pode provocar pesadez estomacal. Se é así, consultar a RAE ou o ILGA.

PRESENTACIÓN:
En lotes pequenos, dispoñibles por vía oral e/ou escrita.


DEBE MANTERSE AO ALCANCE DE TODOS E, SOBRE TODO, DOS NENOS E NENAS.


Este traballo foi realizado por: Cristina Blanco, María Naveira, Andrea Rivera e Cristina Roel.

lunes, 7 de junio de 2010

Xa temos a buxaina!

Esta fin de semana fomos a Madrid a recoller a "peonza de bronce" que nos foi concedida nos IV Premios Edublogs na categoría de Bibliotecas Escolares.
Acompañáronnos Andrea e Cristina, alumnas de 1º de bacharelato, como representantes desa parte do alumnado que colabora neste blogue. O premio é, como non podía ser menos, para tod@s el@s tamén.

A viaxe non puido comezar mellor: aloxámonos no Barrio das Letras! Xusto ao carón da casa de Cervantes e a poucos metros da de Lope de Vega!

O sábado pola mañá acudimos á entrega de premios que foi moi emotiva. Gozamos con Alfonso Alcántara que nos demostrou que "Los blogs son unos maleducados", puxémoslle cara ás compañeiras bibliotecarias premiadas (Mireu que fem a la nostra biblioteca, Ars Legendi e A Biblioteca do Colmeiro) e recollemos a nosa buxaina.

Pola tarde visitamos a Feira do Libro de Madrid que cumpría 69 anos. A de escritoras e escritores coñecidos que alí vimos! : Camilla Lëckberg, Claudia Gray, Antonio Muñoz Molina, Javier Reverte, Eduardo Mendoza, Almudena Grandes, Asa Larsson, Julia Navarro ...

O domingo foi día de comtemplación: achegámonos ao Museo Reina Sofía para ver o Guernica; en CaixaForum impresionounos a exposición de Fotopress 09 e maravillounos a de Miquel Barceló. Aproveitamos tamén para achegarnos á Estación de Atocha e visitar a homenaxe ás vítimas do 11 M.

Ademais diso paseamos, comimos, rimos moito, pasamos moita calor e gozamos non só do premio senón tamén de Madrid. Se tedes dúbidas, preguntádelle a Andrea e a Cristina, de seguro que vos animan a que colaboredes neste blogue: ten premio!



lunes, 31 de mayo de 2010

Onde está Matt?


De seguro que coñecedes o vídeo que recolle os bailes de Matt Harding por boa parte do mundo.

Pois ben, imos propoñervos un xogo: atopar no mapa os lugares onde Matt move o esqueleto. En só tres pasos poderédelo conseguir:

Paso 1: O vídeo





Paso 2: Os lugares que temos que atopar

India, Bhután, Irlanda do Norte, Tanzania, Australia, Países Baixos, Kuwait, México, Islandia, España, Madagascar, Irlanda, Arxentina, Zambia, Turquia, Fiji, Inglaterra, Suecia, Illas Salomón, Yemen, Kirguistán, Filipinas, Corea, Malí, Polonia, Texas, Xapón, Nova Guinea, Florida, Alemania, Tonga, Ilinois, Portugal, Corea do Sur, Sudafrica, Nova York, Panamá, Xordania, Nova Zelanda, Marrocos, Georgia, Bélxica, California, Taiwan, Vancouver, Washington , Brasil, Singapur, Israel, Xerusalén, Francia, Montreal e Nevada.

Paso 3: Clicar na imaxe para comezar a búsqueda




Comeza a túa viaxe !

jueves, 27 de mayo de 2010

Canciones para Paula (CPP): de internet ao papel

Paula Rey, alumna do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, foi a primeira en levar en préstamo Canciones para Paula. Un libro que naceu nun Fotolog, creou un Tuenti, publicouse en papel debido ao éxito obtido e ten un perfil en Facebook e mais en Twitter.

Paula, a protagonista da novela, é unha rapaza de 17 anos que ten unha cita con Ángel, un mozo de 22 anos ao que coñeceu chateando por internet.

A Paula, a alumna, gustoulle moito o libro e por iso animouse a facer a seguinte recomendación:

Es un libro interesante, para adolescentes y con historias para adolescentes, que a todos nos ocurren o nos ocurrieron alguna vez.
Con él descubres muchas cosas, te acuerdas de muchas otras y aprendes cada día a apreciar un poco más a quien tienes a tu lado. Porque aunque no queramos, a todos nos va a tocar pasar por esa etapa, por esa época, porque forma parte de la vida.
En este libro vemos como muchas veces podemos dudar de quien realmente siente algo por nosotros o, simplemente, que la persona que menos imaginamos es a la que realmente importamos y siente algo muy fuerte por nosotros.
Es una etapa de la vida en la que los amigos y salir de fiesta es lo primordial y lo más importante. A veces nosotros mismos no vemos que la persona nos está haciendo daño, porque muchas, se está tan enamorado, que no se ven las cosas.

¿Por qué pensáis que os digo esto? Pues porque yo también he sido adolescente como vosotros y sé que todas esas cosas pasan.

Queredes saber máis de Canciones para Paula? Pois clicade aquí ou aquí e teredes máis información de CPP.

miércoles, 26 de mayo de 2010

A biblioteca de María

María Naveira, alumna de 1º de bacharelato, non se puido resistir a facer a súa propia estantería.

Encheuna nun instante e para iso quixo facer un percorrido por todas aquelas lecturas que dun modo, ou outro, tiveron importancia para ela. Por iso quiso recordar a Nuchi e a Marisé, as profes de galego que lle recomendaron Unha estrela no vento e Ollos de auga, respectivamente. Tamén a Raúl, profe de lingua castelá, que tivo o acerto de propoñerlle a lectura de La isla del tesoro.

Pero na biblioteca de María queda espazo para outros libros como: Voy a vivir, Contra el viento, Frankestein, Diario dun xoven maniático, Mi familia y otros animales, O vixía no centeo, Memorias dun neno labrego, El perro de los Baskerville e o seu detective favorito, Flanagan ( Flanagan 007, Flanagan blues band, Alfagann es Flanagan e Flanagan Flashback).

Se algunha das recomendacións de María son do teu interese, pídeas na biblioteca. Témolas preparadas para ti.

martes, 25 de mayo de 2010

África

Hoxe, 25 de maio, é o Día de África. Nós imos celebralo da mellor maneira que coñecemos:

Co poema de Liman Boicha

"Un beso,

solamente un beso,

separa

la boca de África

de los labios de Europa"

Coa guía de lectura e cine sobre África


E c0a música de Mariem Hassan

lunes, 24 de mayo de 2010

Ponte a proba!

Queres demostrarlles aos teus amig@s que es un empedernid@ cinéfil@?

Queres deixar coa boca aberta a túa profesora de historia cos teus coñecementos de arte?

Queres impresionar a túa moza, ou o teu mozo, cos teus dotes músicais?

Queres facer unha competición de coñecementos cos teus compañeir@s de clase?

Queres demostrarlles a teu pai e a túa nai todo o que se aprende no IES As Mariñas?

Pois atrévete co Xogo das preguntas e respostas:

Normas do xogo

Xogar

Related Posts with Thumbnails