jueves, 4 de marzo de 2010

Algo máis que asasinatos

La modelo descalza de Jordi Sierra i Fabra
Alejandra é unha moza que da noite á mañá se converteu nunha top model. Jon é periodista dunha prestixiosa revista que hai tempo mantivo unha relación coa modelo.
Cando Alejandra se ve envolta nunha acusación de asasinato, Jon acudirá na súa axuda.

Esta é a trama da última novela de Jordi Sierra i Fabra, unha historia de misterio que se achega ao lado escuro da moda: a fama rápida, o éxito mal dixerido, a soidade, as drogas,...

La voz de Arnaldur Indridason
No soto dun hotel de Reykjavik aparece acoitelado o corpo de Gulli, un home maior que leva máis de vinte anos traballando como porteiro no hotel.
O inspector Erlendur Sveinsson leva o caso ao tempo que ten que conciliar a convivencia coa súa filla Eva, que ten problemas coas drogas.

Unha historia que fala da soidade das personas "distintas", das relacións familiares e dos conflitos sen resolver. Unha historia onde non hai "malos", hai situacións difíciles.

La princesa de hielo de Camille Läckberg

Erica é unha xove escritora que volve a Fjällbacka, unha localidade de Suecia, tras a morte de seus pais. Alí atópase con que a súa amiga da infancia, Alex, acaba de suicidarse. Pero..., é un suicidio ou é un asasinato?

Unha novela que amosa a crueldade da violencia de xénero, así como as nefastas consecuencias que pode ter ocultar determinados problemas pensando nas comeniencias sociais.

Máis novela negra na guía de lectura do pasado mes de outubro:

A letra con sangue entra

2 comentarios:

Ronsel dijo...

A min Camille Läckberg paréceme do peor da novela negra nórdica. Axiña lerei "La voz", xa que ese autor é unha garantía, verdade?
Atención ao qeu estou lendo... en breve sairá no blogue. Vaiche encantar!

biblioteca dijo...

Persoalmente creo que se comparas a Camille Läckberg con Arlandur Indridason sae gañando este último por goleada. "La voz" é un magnífico libro, polo menos tanto como "La mujer de verde", do mesmo autor, que tamén me parece máis que recomendable.
Pero paréceme que a autora de “La princesa del hielo” fai unha lectura entretida onde destapa outras realidades. A min enganchoume.
Pero aínda que adoitamos coincidir nos gustos, as diferenzas tamén enriquecen.
Saúdos. Marga

Related Posts with Thumbnails