
Por segundo ano as mochilas viaxeiras están preparadas para comezaren o seu percorrido polos vosos fogares. Como xa sabedes algúns de vós, van equipadas con libros, películas e música axeitada para toda a vosa familia.
Pasos que tedes que seguir para facervos con elas:
Paso 1: mirade nos
carteis que hai repartidos polo instituto ou no blogue desta biblioteca cal é o contido das mochilas e elixide aquela que máis vos guste.
Paso 2: acudide á biblioteca e pedídelle ao profesor ou profesora de garda a mochila que elixistes. Se xa estivese emprestada podedes pedir que vos apunten na lista de espera desa mochila ou pedir outra que estea libre.
Paso 3: Lembrade que tedes 15 días para gozar delas. Despois dese prazo é preciso devolvela na biblioteca. Hai moitos fogares que as agardan.
Ah! unha cousiña máis, agradeceriámosvos que deixásedes a
vosa opinión sobre esta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario