lunes, 30 de junio de 2008
A liberdade de ler
Velaquí tedes os dereitos do lector. Roubámosllos a Daniel Pennac (Como unha novela) para vós. Esixídeos e exercédeos, pero ante todo, gozade da lectura!

viernes, 27 de junio de 2008
Cilok.net

Ana, Cristina e Lucía, alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas deste centro, recollerán o vindeiro día 5 de xullo en Ribadeo o premio que conseguiron no Certame de Cooperativismo no Ensino.
O seu traballo, a creación dunha empresa desde a concepción da idea ata a posta en marcha da mesma, converteunas durante 6 meses en auténticas emprendedoras, non só polo labor levado a cabo, senón tamén polas ganas e empeño postos desde un principio.
Cilok.net, a súa empresa, é un cíber-locutorio pero tamén conta cun pequeno espazo dedicado á venda de agasallos personalizados.
Elas son o exemplo das nosas futuras empresarias. Idea, esforzo compartido, paixón.
Noraboa, mozas!

miércoles, 18 de junio de 2008
David (3º ESO). Pai e fillo falan de lectura.
- Ola papá! Importaríache contestarme a unhas preguntas relacionadas coa lectura? 
- Non, podes empezar xa.
- Soes ler libros a miúdo?
-
Non agora non leo nunca, tan só leo os xornais, a maioría deportivos.
- E entón, antes si acostumabas a ler moito?
- Aínda lía bastante pero funo deixando e deixando ata que parei de todo.
- E que lias?
- Lia un pouco de todo.
- Non había ningún tipo que che gustase en especial?
- Home si, a min o que máis me gustaba era ler novelas de vaqueiros. - Cantas levas lido?
- Bbuufff, moitas, nunca me parara a pensar niso.
- E, como facías para conseguilas?
- Eu mais os meus compañeiros cambiabámonolas.
- Todos liades o mesmo tipo de novelas?
- Si, a todos nos gustaban e, ademais era unha forma de pasar o tempo e non se aburrir.
- Ben pois, moitas grazas por contestarme as preguntas papá.
- De nada ho! Eu tamén o paso ben cando che falo das cousas da miña xuventude.

- Non, podes empezar xa.
- Soes ler libros a miúdo?
-
Non agora non leo nunca, tan só leo os xornais, a maioría deportivos.- E entón, antes si acostumabas a ler moito?
- Aínda lía bastante pero funo deixando e deixando ata que parei de todo.
- E que lias?
- Lia un pouco de todo.
- Non había ningún tipo que che gustase en especial?

- Home si, a min o que máis me gustaba era ler novelas de vaqueiros. - Cantas levas lido?
- Bbuufff, moitas, nunca me parara a pensar niso.
- E, como facías para conseguilas?
- Eu mais os meus compañeiros cambiabámonolas.

- Todos liades o mesmo tipo de novelas?
- Si, a todos nos gustaban e, ademais era unha forma de pasar o tempo e non se aburrir.
- Ben pois, moitas grazas por contestarme as preguntas papá.
- De nada ho! Eu tamén o paso ben cando che falo das cousas da miña xuventude.
Escrito polo reporteiro David Gómez García.
Etiquetas:
Cine,
Entrevistas,
Libros,
Reporteiras/-os
martes, 17 de junio de 2008
Miguel (3º ESO) entrevista unha lectora novel: súa irmá.
É nova, ten 8 anos; pero isto non lle impide ser una afeccionada á lectura; non le libros grosos nin libros q a xente di que están moi ben, non, le libros pequenos e curtos adaptados á súa idade e o que é máis importante, que lle gustan a ela.
Xa sei que é una persoa nova, pero a que idade comezou a ler libros de historias?
Non o sei seguramente, pero arredor dós 4 ou 5 anos.
Cando adoita ler?
Adoito ler sobretodo pola noite, antes de me acostar, aínda que tamén leo de vez en cando pola tarde.
Canto tempo lle adica á lectura?
Pois depende do libro, se me gusta ou non, pero arredor de media hora diaria, e normalmente sobre uns 4 días á semana.
Intento adiviñar a resposta á seguinte pregunta, pero, que tipo de libros acostuma ler?
Infantís, sobretodo baseados en debuxos animados.
As bandas deseñadas están a coller forza nos últimos anos, é seguidora deste tipo de literatura?
Si, poderíase decir que si, gústanme moito xa que combinan dúas das cousas que máis me gustan, debuxo e lectura.
Gustaríame que nos comentase un pouco o último libro que leu.
O último libro que estiven a ler foi o de Os Bolechas fan maxia, son una seguidora desta serie porque son libros fáciles de entender e moi diver
tidos. Nel fálase dunha familia, os Bolechas, neste caso Loli fai maxia como espectáculo para a súa familia.
Por último quería pedirlle que nos recomendase algún libro que lera e que lle gustara especialmente.
Gústanme moito mos libros de Disney basados nas películas de animación, como Cars e A Cincenta, ademais da serie de libros dos Bolechas. Divírtome moito lendo estes libros. Non vos arrepentiredes de lelos.
Xa sei que é una persoa nova, pero a que idade comezou a ler libros de historias?
Non o sei seguramente, pero arredor dós 4 ou 5 anos.
Cando adoita ler?
Adoito ler sobretodo pola noite, antes de me acostar, aínda que tamén leo de vez en cando pola tarde.
Canto tempo lle adica á lectura?
Pois depende do libro, se me gusta ou non, pero arredor de media hora diaria, e normalmente sobre uns 4 días á semana.Intento adiviñar a resposta á seguinte pregunta, pero, que tipo de libros acostuma ler?
Infantís, sobretodo baseados en debuxos animados.
As bandas deseñadas están a coller forza nos últimos anos, é seguidora deste tipo de literatura?
Si, poderíase decir que si, gústanme moito xa que combinan dúas das cousas que máis me gustan, debuxo e lectura.
Gustaríame que nos comentase un pouco o último libro que leu.
O último libro que estiven a ler foi o de Os Bolechas fan maxia, son una seguidora desta serie porque son libros fáciles de entender e moi diver
tidos. Nel fálase dunha familia, os Bolechas, neste caso Loli fai maxia como espectáculo para a súa familia.Por último quería pedirlle que nos recomendase algún libro que lera e que lle gustara especialmente.
Gústanme moito mos libros de Disney basados nas películas de animación, como Cars e A Cincenta, ademais da serie de libros dos Bolechas. Divírtome moito lendo estes libros. Non vos arrepentiredes de lelos.
Etiquetas:
Cine,
Entrevistas,
Libros,
Reporteiras/-os
viernes, 13 de junio de 2008
"54 Rúas cantan a Curros"
Entre as actividades desenvolvidas neste ano-centenario da morte do poeta celanovés, a Fundación Curros Enríquez convocou ás 54 vilas que contan cunha rúa co nome do poeta para que nelas se lesen ás 12 h. do 5 de xuño poemas do autor. Entre esas vilas está Betanzos.
O noso instituto, As Mariñas, acudiu á cita. O acto desenvolveuse na sala capitular do Concello, porque a rúa dedicada ao escritor homenaxeado e a toda a zona está en obras.
O acto comezou co son da gaita, versionando a “Cántiga” e seguiron as voces mozas das nosas alumnas: Estefanía Ferreiro, Rocío Fidalgo, Patricia Badía, Rocío Pedreira e Sonia Martínez e do alumno Ezequiel López, todos de 4º de ESO. Deron vida e voz aos poemas: “Nouturnio”, “O vento”, “Ós mozos”, “Ai”, “A Rosalía”, “Na chegada a Ourense da ...” e finalizaron coa famosa “Cántiga”. E chegou a fin da homenaxe betanceira ao poeta no son do gaiteiro.

Actividades,
Poesía
miércoles, 11 de junio de 2008
Alba (3º ESO). Entrevista a un lector: seu pai.
Cando meu pai entra entra na miña habitación para decirme se quería ir con el a dar un paseo por Sada eu dígolle que máis tarde xa que lle quería facer unha entrevista sobre a lectura , e el acepta encantado. E mentres se acomodaba sobre a miña cama ,comezan as preguntas:
- Que é para ti un libro?
- Para min un libro é unha guía para descubrir e interpretar o mundo.
- Gústache ler?
- Si, moito, porque me encanta a linguaxe, as linguas , os, as, uns, unhas…
- Cal é o teu libro favorito?
- O meu libro favorito? Non teño libro favorito pero penso que os meus libros favoritos o son por etapas, son os que pasan pola miña mesiña de noite, de onde nunca caen o Evanxeo nin a Biblia .
- Estas lendo algún libro agora?
- Si
- Cal?
- El Viento de la Luna , de Antonio Muñoz Molina , regaláchesmo ti en Reis,non te acordas? Pero como estaba lendo El Nombre de la Rosa , de Umberto Eco e Las Manos del Buen Dios de Rilke ,pois non tivera tempo para empezalo .
- Acabaches de ler El Nombre de la Rosa?
- Non, non fun quen de terminalo.
- Por que?
- Porque era moi denso; as descricións eran demasiado extensas .E unha cousa é que me guste ler e outra que teña tempo para facelo. Hai momentos pola semana en que non teño tempo ou pouco tempo para dedicarme a lectura dun libro.
- A que idade empezaches a ler?
- Sobre os 4 ou os 5 anos.
- Cando te empezaches a interesar pola lectura de libros?
- Tiven uns amigos que eran moi bos lectores, era estudantes de filosofía, e a min me impresionaba o caudal expresivo e de relación que eles tiñan grazas a lectura, así que sobre os 20 anos. Pero agora que me lembro, tamén cando tiña 15 anos e estaba na escola, empecei a pensar que o mundo necesitaba ser interpretado e que escodía misterios e que un libro é como aquela visión que desexases pusuír e da que tes que contentarte; mirar todo polo burato dunha porta .
- Soes ler en galego?
- Bueno, non moito xa que me costa bastante pero encántame o galego.
- Soes comprar xornais?
- Si, os sábados e os domingos ; El País, El Mundo, La Voz de Galicia e non me soen pasar desapercividos os suplementos literarios e semana
is destes xornais . Mais ben , son lector de suplementos que de libros (risas) .
- Regalaches algunha vez un libro teu?
- Si, agora mesmo venme a memoria un libro que boto de menos na miña biblioteca chamado, Industrias y Andanzas de Alfanhuí , de Rafael Sánchez Ferlosio, estou interesado en seguir lendo este autor .
- De que trata?
- Trata dun neno pequeno que non sabe ler nin escribir e que se inventa un idioma.
- Do que estou convencido é de que un libro hai que lelo “sen soltalo da man” demasiado tempo.
- Ben, moitas grazas, e deséxoche que poidas encher o tempo libre con boas lecturas .
Escrito pola nosa reporteira: Alba Fernández Pato.

is destes xornais . Mais ben , son lector de suplementos que de libros (risas) .- Regalaches algunha vez un libro teu?
- Si, agora mesmo venme a memoria un libro que boto de menos na miña biblioteca chamado, Industrias y Andanzas de Alfanhuí , de Rafael Sánchez Ferlosio, estou interesado en seguir lendo este autor .
- De que trata?
- Trata dun neno pequeno que non sabe ler nin escribir e que se inventa un idioma.
- Do que estou convencido é de que un libro hai que lelo “sen soltalo da man” demasiado tempo.
- Ben, moitas grazas, e deséxoche que poidas encher o tempo libre con boas lecturas .
Escrito pola nosa reporteira: Alba Fernández Pato.
Etiquetas:
Entrevistas,
Libros
martes, 10 de junio de 2008
El esnobismo de las golondrinas
"As mulleres teñen unha sensibilidade especial para os libros. Por iso son tan boas bibliotecarias e libreiras. Saben que os libros non só teñen contido senón que crean -como os animais de compañía- un vínculo afectivo coas persoas que os teñen nas súas mans.O seu instinto failles comprender que nun lugar onde non poden vivir os libros non poden vivir os fillos. Probablemente iso é o que levou a Christina Fogle, filla dos fundadores da famosa librería de Charing Cros, a escribirlle unha carta a Hitler pedíndolle que non queimase libros, porque ela estaba disposta a "compralos todos" prescindindo de se eran bos ou malos."El esnobismo de las golondrinas
Mauricio Wiesenthal
jueves, 5 de junio de 2008
De librarías pola Coruña
Que día tan esgotador! Coller o bus, ir ao insti e outra vez en bus, rumbo á Coruña. Os clubs de lectura ían de visita cultural.
Pero... que día para lembrar!
Begoña, da libraría Nova Colón fíxonos viaxar pola historia do libro. Sabedes o que son as "gardas" dos libros? E as camisas? Logo veu a primeira sorpresa do día: Álvaro, do Teatro do Andamio dramatizounos na Nova Colón un relato inédito precioso que falaba de xente que se reúne puntualmente para meterse na pel doutra xente e vivir outra realidade... Segunda sorpresa: os propios integrantes das "Mariñas lectoras" tiveron que mercar libros para a biblioteca. Elixir, saber se lles gustará aos seus compañeiros e compañeiras, mirar que non sexan moi caros para que todos poidan mercan un... E lelo durante o verán para despois recomendalo... Vaia responsabilidade!
Que rico ese chocolate con churros! Sóubonos a ghloria bendita! A continuación o Fnac, pero antes... a "sorpresa" non programada da gaivota. Mercamos cómics, fixemos fotos... Xantamos no Palexco. Alí xantamos, alimentamos o corpo para a continuación, alimentar o espírito coas Cousas da vida de Castelao.
De volta para Betanzos quixeron examinar a súa compra coma se fose o último "pantaca" mercado.
15 minutos antes de coller o transporte escolar de volta á casa, foron abondos para cuñar as novas adquisicións.
Uf! Isto de ser do club de lectura..., vaia trafego!

Club de Lectura
"La tierra herida": unha lectura para o Día mundial do medioambiente.

Que futuro lle agarda ao noso planeta? Que mundo herdarán os nosos fillos? Ata que punto é o ser humano o responsable de todos estes inquedantes cambios? E sobre todo, ata que punto estamos a tempo de evitalos ou de paliar os seus efectos?
A estas e outras moitas preguntas responden no seu iluminador diálogo Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro: un pai escritor de enorme prestixio, que se define a si mesmo como cidadán preocupado por estes temas pero profano na materia; un fillo científico que leva anos traballando sobre o terreo os problemas ecolóxicos.
E se queredes coñecer opinións sobre este libro, que mellor que ler as que deixaron no seus comentarios os do club de lectura do IES Auga de Laxe de Gondomar.
La tierra herida, na nosa biblioteca, no andel de Ecoloxía e Biodiversidade (574)
sábado, 31 de mayo de 2008
Mozart compúxonos un valse.
Non é ningún farol. Velaí tedes a partitura. Con notas do propio Mozart. E todo grazas ás matemáticas, á Feira Matemática á que acudiron 17 rapaces e rapazas do noso instituto capitaneados por Zacarías e os seus colaboradores, Emilia e Martín.
Esta festa, á que asistiron 16 institutos da Coruña e Lugo, tivo lugar o pasado sábado 25 na Coruña, no Pazo da Ópera.
O IES As Mariñas, asiduo concertista, fíxose "notar":
- pola colosal actividade da medición da Torre de Hércules: levamos unha de máis de 3 metros debuxada en papel;
- polo saber comportarse do alumnado: o seu trato cos visitantes dos nosos postos foi exemplar, parabéns para DJ Zaca (ft Geogebra), rouco de tanto aleccionalos durante estes días;
- polo incansable labor de relacións públicas cos membros da organización: Emilia conseguiunos camisetas para todos;
- pola batuta do mestre Martín, do Departamento de Música, que colaborou coa actividade de Mozart e cuxo froito é o valse que vedes e co que podedes deleitar o oído.
Se queredes saber algo máis da orixe desta partitura, e do enxeño que ideou o xenio Mozart, clicade aquí.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas,
Música
miércoles, 28 de mayo de 2008
Van Gogh

"Cuatro tíos y un hermano estaban dedicados al comercio de obras de arte, pero él consiguió vender un cuadro, sólo uno, en toda su vida. Por admiración o por lástima, la hermana de un amigo le pagó cuatrocientos francos por un óleo. El viñedo rojo, pintado en Arles.
Más de un siglo después, sus obras son noticia en las páginas financieras de diarios que jamás leyó,
son las pinturas más cotizadas en galerías de arte donde nunca entró,
las más vistas en museos que ignoraron su existencia
y las más admiradas en academias que le aconsejaron que se dedicara a otra cosa.
Ahora Van Gogh decora restoranes que le negarían comida,
consultorios de médicos que lo encerrarían en el manicomio
y estudios de abogados que lo meterían preso."
Espejos/Eduardo Galeano
lunes, 26 de mayo de 2008
Persépolis

Persépolis é a historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi, a historia de como medrou nun réxime fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandoar o seu país. O cómic empeza a partir do ano 1979, cando Marji ten nove anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do sha de Persia en Irán e dá paso a unha república islámica.
Podes atopar este libro na sección de banda deseñada.
Tamén atoparás na sección de cine a película baseada no libro e dirixida pola propia Marjane Satrapi. O filme obtivo o Premio do Xurado no Festival de Cannes 2007.
viernes, 23 de mayo de 2008
A orixe da vida
Periquitos namorados, arañas coquetas, cabaliños de mar galantes, sapos caníbales, iguanas mariñas que recordan o poderío dos extintos dinosauros e cangrexos iracundos son protagonistas do filme “Génesis” elaborado pacientemente durante seis anos e dirixido polos biólogos Claude Nuridsany e Marie Pérennou.
O documental, rodado en Islandia, as illas Galápagos, Madagascar e o sur de Francia, reflexa a loita pola supervivencia- o grande come sen reparos o pequeño- pero os autores pon énfases noutros aspectos menos virulentos aclaran: “Aínda que a violencia existe no mundo animal, non pensamos que o seu sexa un universo violento, senon sereno. Puidémolo comprobar nos anos que levamos dedicándonos á bioloxía. Por exemplo, os animais non practican a guerra e a tortura”
A túa disposición na biblioteca

martes, 20 de mayo de 2008
Debate dialéctico entre institutos.
Equipo do IES Vilar Ponte de Viveiro: Anselmo,Vanesa, Sara, Samuel e Diego, Vs. equipo do IES As Mariñas de Betanzos: Dores, Samuel, Adriana, Mónica e Adrián.
Data: 9 de maio.
Pasadas as dez da mañá chegaban ao noso instituto os amigos de Viveiro e, logo de ver un pouco o centro, na Biblioteca foron entrevistados por unha locutora de Radio Betanzos. Despois todo estaba preparado no salón de actos para o enfrontamento dialéctico, para defenderen con enerxía as posicións a favor e en contra do tema debatido na 1ª Liga de Debate en Compostela: “Debe primar a seguridade pública sobre as liberdades individuais?”. O acto presentárono: Iolanda, compañeira das Mariñas, quen despois dunha brillante intervención, cedeulle a palabra a Santiago Martínez o noso presentador de honra, organizador e director do torneo dialéctico en Santiago.
O debate caracterizouse pola complicidade e a deportividade. No remarte, o xurado (Iolanda, Santiago e Bran, o noso director) logo do silencio teatral do portavoz (Santiago), considerou que o resultado fora un claro empate. Como non: gañaron ambos equipos coñecéndose e facéndose amigos.
Nesta ocasión o equipo de Betanzos converteuse en cicerone para os invitados e leváronos ao Pasatempo, ao casco histórico e a Chelo. En fin, unha xornada memorable que se repetirá en breve no Instituto Vilar Ponte de Viveiro. E todo grazas á 1ª Liga de Debate e ás amizades que alí xurdiron.
Parabéns aos que a fixeron posible, e a este grupo de rapaces e rapazas que souberon rendibilizar á estadía en Compostela.
Escrito por Dores, capitá do noso equipo de debate.
lunes, 19 de mayo de 2008
19 de maio, día das Letras.
E 22 de maio, e 13 de xuño, e 9 de xullo e 28 de setembro... Celebrámolas decote. O que si devén pasaxeiro é a conmemoración do persoeiro homenaxeado.
Esta biblioteca caracterízase pola súa xenerosidade e manterá a exposición de libros un tempiño máis. De igual xeito, gozaredes durante uns días máis dos caligramas que os alumnos de 4º de Técnicas de expresión escrita confeccionaron a partir dos versos de Xosé María Álvarez Blázquez.
jueves, 15 de mayo de 2008
Boletín de maio. Protagonista: Xosé María Álvarez Blázquez.
Nas librarías, nos xornais, na radio, na televisión... Todos son a falar deste autor homenaxeado no Día das Letras. Na nosa biblioteca ofrecémovolo en primeira persoa no boletín de maio que xa está á vosa disposición; e de balde, eh! Non precisades mercar nada para levardes á casa información de Xosé María Álvarez Blazquez.Para a confección do boletín, como en anos anteriores, contamos coa axuda do Departamento de Lingua Galega e co de Normalización Lingüística. Os bos e xenerosos...
Lemos, na autobiografía recreada por Dores Cao:
Fun o terceiro dos irmáns Álvarez Blázquez, fillo do Dr. Darío Álvarez Limeses "O médico dos pobres" e axiña pensamos: con ese pai debera saír algo bo. Así foi, de tal pano tal saia. Xosé María cóntanos a súa vida, os esforzos por ser mestre, as inxustizas dunha guerra fraticida, os asasinatos vividos na súa familia, as vivencias do amor, a morte dos seres queridos, a súa loita incansable pola nosa cultura... Realmente merece a conmemoración.
O boletín recolle asemade unha escolma de poemas e, na última páxina, fálasenos da saga dos Álvarez: desde os devanceiros aos últimos descendentes, ao futuro; desde o petrucio Emilio Álvarez Giménez aos fillos do homenaxeado. Toda unha familia marcada pola inquedanza cultural e comprometida co país.
Os Álvarez, produto galego de calidade.
Etiquetas:
Días especiais,
Escritoras/es,
Guías de lectura,
Lingua e Literatura Galega,
Poesía
miércoles, 14 de mayo de 2008
"Memorias dun neno labrego", imprescindible.
Pa
saron xa moitos anos, algúns máis de trinta, desde que lin as memorias de Balbino, dese rapaz da aldea. Tal vez porque me sentín un pouco coma el, xa nunca se me esvaeceu. Lembro a emoción con que lin a súa historia, a rabia contida ante as inxustizas que tan ben recreou Neira Vilas, e lembro tamén as bágoas da miña nai cando eu lle lía este libro. Recordos vivos!
De certo, Xosé Neira Vilas recreou coma ninguén o mundo do rural galego, o mundo da aldea, con moito traballo e pouca escola, con incomunicación, soños e decepcións, humillacións e ilusións. É certo que os nosos mozos e mozas non vive
n como Balbino, pero non é menos certo que a inxustiza social segue vixente. Aínda hoxe non todos teñen as mesmas oportunidades e, se Balbino chegaba canso á escola polo traballo arreo no campo, non é menos certo que algúns dos nosos alumnos e alumnas, desde ben pequenas, asumen responsabilidades de adultos.
A min foi unha novela que me levou a ler moitas outras e deume pulo para saír adiante cando me doían as costas co duro traballo. E sempre me leva a pensar que os balbinos seguen estando a
quí e en todas partes.
Porque logo de tantos anos esta historia segue comigo, animo a todos os que aínda non a leron a facelo.
“Se pelexamos entre nós, métense eles. Non se decatan de que as nosas liortas son namais que enredos. Rabuñámonos agora e daquí a un chisco estamos amigos outra vez. Fan de xuíces e zoscan a quen cadra e coma cadra, sin averiguacións. As nosas mans son pequenas e non magoan; as deles pesan, fan doer. Se deprendesen de nós non irían á guerra…”
O AUTOR:
XOSÉ NEIRA VILAS (Gres-Vila de Cruces, 1928)
De familia labrega, que compaxinou ata os catorce anos a escola cos traballos do campo. Logo traballou nun serradoiro e co desexo de vencer a miseria económica e cultural que o rodeaba emigrou a Bos Aires. En Arxentina participou na fundación das Mocidades Galeguistas e da editorial Follas Novas. Entre o 1961 e o 1994 viviu en Cuba e desde ese ano reside no noso país.
Entre as súas obras destacan tamén: Cartas a Lelo; Aqueles anos do Moncho; Xente no rodicio; A muller de ferro; Historias de emigrantes... etc.

Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.
Actualmente ten unha sección fixa en El Correo Gallego ("Arredor do mundo", columna dominical) e publica puntualmente artigos culturais e de tema literario no Galicia Hoxe.
saron xa moitos anos, algúns máis de trinta, desde que lin as memorias de Balbino, dese rapaz da aldea. Tal vez porque me sentín un pouco coma el, xa nunca se me esvaeceu. Lembro a emoción con que lin a súa historia, a rabia contida ante as inxustizas que tan ben recreou Neira Vilas, e lembro tamén as bágoas da miña nai cando eu lle lía este libro. Recordos vivos!De certo, Xosé Neira Vilas recreou coma ninguén o mundo do rural galego, o mundo da aldea, con moito traballo e pouca escola, con incomunicación, soños e decepcións, humillacións e ilusións. É certo que os nosos mozos e mozas non vive
n como Balbino, pero non é menos certo que a inxustiza social segue vixente. Aínda hoxe non todos teñen as mesmas oportunidades e, se Balbino chegaba canso á escola polo traballo arreo no campo, non é menos certo que algúns dos nosos alumnos e alumnas, desde ben pequenas, asumen responsabilidades de adultos.A min foi unha novela que me levou a ler moitas outras e deume pulo para saír adiante cando me doían as costas co duro traballo. E sempre me leva a pensar que os balbinos seguen estando a
quí e en todas partes.Porque logo de tantos anos esta historia segue comigo, animo a todos os que aínda non a leron a facelo.
“Se pelexamos entre nós, métense eles. Non se decatan de que as nosas liortas son namais que enredos. Rabuñámonos agora e daquí a un chisco estamos amigos outra vez. Fan de xuíces e zoscan a quen cadra e coma cadra, sin averiguacións. As nosas mans son pequenas e non magoan; as deles pesan, fan doer. Se deprendesen de nós non irían á guerra…”
O AUTOR:
XOSÉ NEIRA VILAS (Gres-Vila de Cruces, 1928)

De familia labrega, que compaxinou ata os catorce anos a escola cos traballos do campo. Logo traballou nun serradoiro e co desexo de vencer a miseria económica e cultural que o rodeaba emigrou a Bos Aires. En Arxentina participou na fundación das Mocidades Galeguistas e da editorial Follas Novas. Entre o 1961 e o 1994 viviu en Cuba e desde ese ano reside no noso país.
Entre as súas obras destacan tamén: Cartas a Lelo; Aqueles anos do Moncho; Xente no rodicio; A muller de ferro; Historias de emigrantes... etc.

Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.
Actualmente ten unha sección fixa en El Correo Gallego ("Arredor do mundo", columna dominical) e publica puntualmente artigos culturais e de tema literario no Galicia Hoxe.
Imprescindible para Dores Cao. Departamento de Lingua e Literatura Galegas.
Etiquetas:
Escritores,
Imprescindibles,
Libros
lunes, 12 de mayo de 2008
Facendo números
O paso do tempo séntalle bárbaro á nosa biblioteca. Cada ano máis remozada, máis chea de vida.Esta é a evolución dos préstamos durante os cinco últimos cursos, collendo como referencia o período que vai desde o 1 de outubro ata o 8 de maio. Hai que ver o que medrou!
O curso 06/07 foi o noso primeiro ano no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. Tomamos o Plan en serio, puxémonos en forma e, como se pode comprobar na gráfica, coincide cunha suba moi importante (151,12% con respecto ao curso anterior) no número de fondos emprestados. Tendencia que se consolida e aumenta no presente curso. Non deixaremos de adestrar para mellorar as nosas marcas!
Esta gráfica amosa o desglose dos préstamos durante este curso (tamén desde o 1 de outubro ata o 8 de maio): os libros (54%) gáñanlle a partida ás películas (43%) e mais á música (4%).
O noso alumnado prefire o Oliver Twist de Charles Dickens ao de Roman Polanski, El nombre de la rosa de Umberto Eco ao de Jean-Jacques Annaud. As mil palabras dinlles máis que a imaxe aos nosos lectores e lectoras.
Facemos números e os díxitos alíanse ás letras. Ata onde chegaremos para o remate do curso?
viernes, 9 de mayo de 2008
todosconelsahara
Onte falláronse os premios do I Concurso Bir Lehlu de fotografía solidaria co pobo saharauí.
Sobran as palabras. As imaxes falan por se soas.

Etiquetas:
Fotografía,
Sahara
jueves, 8 de mayo de 2008
I Liga de Debate
“Convén que combatan as ideas para que non teñan que combater as persoas” (Karl Poppe).Esta máxima introduciu algún dos debates aos que tivemos a sorte de acudir en Santiago á I Liga de Debate, e en verdade afirmo, en calidade de espectadora, que os nosos rapaces e rapazas galegas ofreceron un combate de ideas exemplar.
A pregunta desta primeira liga foi: “Debe primar a seguridade pública fronte á liberdade individual?” Bo tema, non si?
E ti, que opinas? Tes claro o teu posicionamento?
Pois ben, os equipos estaban preparados para defender ambas posturas: a favor ou en contra, coma se fose a única na que crían. Expoñían a súa tese, logo viñan dúas quendas de refutación á postura do contrincante e remataban con cadansúa conclusión. E fixérono. Defendían a súa opción con razoamentos sopesados, con exemplos documentados, con argumentos de autor, con forza, con convicción. Tiñamos ante nós verdadeiros oradores, coa arte de gañar a nosa vontade coa palabra.
Tres días intensos onde prevaleceu a dialéctica, a solidariedade,... os nervios, a tensión, a incomodidade duns traxes aos que non estaban afeitos, duns tacóns que á fin do día encarceraban os pés...
Parabéns non só para o IES Zalaeta da Coruña que gañou esta I liga de debate; non só para o noso equipo: Adriana, Samuel, Dores, Mónica e Adrián que nos seus debates engaiolaron o público coas súas argumentacións e a súa forza na defensa da postura que defendían nese momento; parabéns tamén para os oradores e os investigadores dos 22 equipos restantes, que agoiraron un futuro onde a loita coa palabra pode prevalecer sobre a loita coa violencia.
Mañá venres, teremos a sorte de ver en acción o noso equipo e mais o equipo do IES "Vilar Ponte" de Viveiro, que veñen ás Mariñas para darnos exemplo de oratoria.
Canto temos que aprender os adultos...!!!
Canto temos que aprender os adultos...!!!
martes, 6 de mayo de 2008
¡Viva la Ciencia!

O catedrático José Manuel Sánchez Ron e o debuxante Antonio Mingote, ambos membros da Real Academia Española, escribiron este libro para "ofrecer una visión científica del mundo de la manera más sencilla posible".
En palabras dos propios autores recollidas no xornal "El país": " Se trata de una historia de aventuras, de las aventuras científicas, de éxitos, fracasos, peripecias y rivalidades. Estoy fascinado con las biografías de los sabios que hemos elegido para el libro porque, en realidad, son exploradores de la ciencia" (Antonio Mingote).
"La ciencia es una pasión que exige curiosidad por conocer el origen de las cosas, por descubrir las razones que mueven la vida y el mundo. Lo que ocurre es que las disciplinas científicas aparecen como algo complicado y distante. Para aquellos que yo llamo los beatos de las letras, un investigador o un físico no pueden equipararse a un pintor, un escritor o un músico. Faltaría más. Me parece un grave error ese menosprecio por los científicos" (José M. Sánchez Ron).
Á túa disposición na biblioteca
Suscribirse a:
Entradas (Atom)