miércoles, 6 de mayo de 2009

Novo servizo da biblioteca

Desde hoxe a biblioteca ofrece un novo servizo: un tratamento,totalmente de balde, para todas aquelas persoas que o precisen.

A terapia, baseada nos libros e no cine, estará dirixida por Silvia Adela Kohan, autora do libro Biblioterapia y cineterapia, e será tratada previa consulta no libro que vedes na imaxe.

Así que, se tedes mal de amores,
ou estades enamoradas/os,
ou en crise coas vosas parellas,
ou tedes problemas familiares,
ou estades a piques de tomar algunha decisión importante,
ou gústavos mirar a vida en positivo,
ou queredes desconectar,
ou facer un cambio nas vosas vidas,
ou...,
achegádevos á biblioteca:

temos unha solución para vós!

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails