Irène Némirovsky naceu en Kiev o 11 de febreiro de 1903. Seu pai, León, era un dos banqueiros máis ricos de Rusia e súa nai, Faïga, era unha muller máis preocupada pola súa vida social que da atención da súa filla.
Cando estoupou a Revolución bolchevique (1917) toda a familia estivo escondida durante un ano, ata que en 1919 conseguiron chegar a Francia.
Irène licenciouse na Sorbona e a partir dos 18 anos comezou a escribir.
En 1926 casou con Michael Epstein, con quen tivo dúas fillas: Denise e Elisabeth.
En 1940 e debido á súa orixe xudía, impedíuselle seguir publicando, aínda que ela seguiu escribindo relatos e novelas. Mais o 13 de xullo de 1942 foi detida e internada nun campo de concentración, levándoa aos poucos días a Auschwitz onde morreu de tifo o 17 de agosto dese mesmo ano.
Michael, seu home, tamén foi detido ao poco tempo e asasinado na cámara de gas.
As súas fillas, escondidas durante a guerra e protexidas por amigos da familia, gardaron nunha maleta todos os escritos da súa nai que foron publicados e coñecidos hai uns pocos anos.
Algúns deles gardámolos para vós na nosa biblioteca:
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario