martes, 19 de mayo de 2009

Cando ler resulta perigoso

La comerciante de libros é unha novela histórica que, cunha mestura de personaxes reais e ficticios, fai un percorrido desde Praga ata Inglaterra para amosar o poder e a intolerancia da Igrexa que, ante a posibilidade de perder unha mínima parte dos seus privilexios, é quen de acusar a calquera persoa de herexe, coa inmediata resposta que isto supón na Europa do século XV: a condea a morte nas condicións máis terribles.

Os libros son tamén protagonistas nesta novela: para uns representan a sabedoría, para outros, unha ameaza; para uns representan o poder, para outros, a morte.

Non perdas o "especial flash" ao clicar no libro!

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails