jueves, 28 de mayo de 2009

Loitando contra a natureza

En agosto de 1914, días antes do estalido da primeira guerra mundial, o famoso explorador Ernest Shackleton e unha tripulación de 27 homes partiron cara ao Atlántico, en busca dun obxectivo nunca antes acadado: realizar a primeira viaxe a pé pola Antártida. Tras cinco meses de travesía, chegaron ao xélido mar de Weddell, onde o seu barco, o Endurance, quedou atrapado no xeo e a tripulación, abandonada á súa sorte. A súa terrible experiencia durou 20 meses, nos que realizaron dous intentos case fatais de escapar antes do rescate final.

Na biblioteca hai un fascinante relato desta expedición, unha das maiores epopeas na loita do home fronte á Natureza. O libro preséntanos, ademais, fotos e ilustracións que recrean a impresionante beleza do océano Austral, a terrible destrución do barco e a heroica loita diaria da tripulación para sobrevivir, un miragre que se logrou, en boa medida, grazas ao liderado de Shackleton.
E ademais, tamén podes vivir máis de cerca esta impresionante aventura coa película-documental do mesmo título que tes á túa disposición na biblioteca. Aquí podedes ver un pequeno avance:


Atrapados en el hielo na biblioteca

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails