miércoles, 25 de marzo de 2009
O diario do grumete James
Xaneiro, 1832
Hoxe fixéronme un agasallo. Non parece algo moi sorprendente, pero quen mo deu é un home rico, e eu só son un grumete voluntario de dez anos. O nome do meu benfeitor é Charles Darwin, e é de Shrewsbury, Inglaterra. Vouche contar por que me fixo o agasallo, o caderno en que escribo este diario.
Quen ía dicir que no pedido do Departamento de Galego a Biblos chegaría, cun bocadiño de retraso, este libro de Alan Gibbons, deliciosamente ilustrado por Leo Brown?
Nunca tivestes a curiosidade de ler o diario dalguén?
Que nos poderá engadir James a todo o que aprendimos sobre Darwin no mes de febreiro?
Que curiosidades nos contará desa viaxe do Beagle?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Grazas a que vós no lo déchedes a coñecer, esta semana chegou á nosa biblio. ¡Unha xoia!
Publicar un comentario