Mañá celébrase o Día Internacional do Libro Infatil, e desde esta biblioteca querémosvos facer unha proposta de lectura para esa data: En tiempos de Azur y Asmar.
Un libro, con fermosas ilustracións e unha variada información sobre a forma de vida e a cultura árabe, que nos achega a unha etapa moi tolerante da nosa historia, onde convivían musulmáns, xudeos e cristiáns.
Ademais, o libro, é o mellor complemento para coñecer o ambiente en que se desenvolve a película que tamén atoparás á túa disposición nesta biblioteca.
O 2 de abril é tamén o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen. A que vos soa O parruliño feo, A Sereiña, ou O soldadiño de chumbo?
Pois son contos escritos por el e se queredes relelos só tedes que picar aquí.
martes, 31 de marzo de 2009
lunes, 30 de marzo de 2009
Bubisher

As Mariñas Lectoras sacan o seu lado máis solidario e queren colaborar no proxecto Bubisher coa venta dunhas postais.
O curso pasado, o clube de lectura dedicou parte das súas lecturas a achegarse á problemática dos campamentos saharauís, e foi tal o impacto que nos provocou, que cando soupemos do proxecto Bubisher tamén quixemos implicarnos nel. Pero…
- Como podemos colaborar?
- Xa o teño! Faremos unhas postais e co diñeiro recaudado axudaremos a levar libros ao Sahara.
- Boa idea! Pero necesitaremos unhas boas fotos para ilustralas.
- Eu coñezo unha persona que pode cedernos algunha das que fixo cando visita os campamentos.
- Está ben, pero as fotos soas… Non será mellor acompañalas dun texto?
- E se falamos con Gonzalo Moure? Mandámoslle as fotos, e que sexa el quen lles dea voz ás imaxes. Que vos parece?
- Adiante!
E, meu dito, meu feito. As mariñas lectoras sacan o seu lado máis solidario para colaborar co Bubisher. Así que, se alguén do clube se vos achega para vendervos unhas postais, xa sabedes, contaxiádevos da súa xenerosidade e amosádelles a vosa faceta máis solidaria. Así todas e todos os d'As Mariñas poñeremos o noso graíño de area nun deserto que precisa libros.
Grazas a Gonzalo Moure e a Sabela Lorenzo por darnos a oportunidade de colaborar neste proxecto.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.
O curso pasado, o clube de lectura dedicou parte das súas lecturas a achegarse á problemática dos campamentos saharauís, e foi tal o impacto que nos provocou, que cando soupemos do proxecto Bubisher tamén quixemos implicarnos nel. Pero…
- Como podemos colaborar?
- Xa o teño! Faremos unhas postais e co diñeiro recaudado axudaremos a levar libros ao Sahara.
- Boa idea! Pero necesitaremos unhas boas fotos para ilustralas.
- Eu coñezo unha persona que pode cedernos algunha das que fixo cando visita os campamentos.
- Está ben, pero as fotos soas… Non será mellor acompañalas dun texto?
- E se falamos con Gonzalo Moure? Mandámoslle as fotos, e que sexa el quen lles dea voz ás imaxes. Que vos parece?
- Adiante!
E, meu dito, meu feito. As mariñas lectoras sacan o seu lado máis solidario para colaborar co Bubisher. Así que, se alguén do clube se vos achega para vendervos unhas postais, xa sabedes, contaxiádevos da súa xenerosidade e amosádelles a vosa faceta máis solidaria. Así todas e todos os d'As Mariñas poñeremos o noso graíño de area nun deserto que precisa libros.
Grazas a Gonzalo Moure e a Sabela Lorenzo por darnos a oportunidade de colaborar neste proxecto.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.
jueves, 26 de marzo de 2009
E tirando do fío...
…El libro de Jaume Sanllorente "El viaje que cambió mi destinto" sería mi opción, ¿Por qué?, por ser un relato personal basado en una realidad existente que vemos muy lejos y sin embargo tenemos muy cerca. Por mi admiración hacia Jaume, periodista catalán que abandonó todo su mundo en pro de los más desfavorecidos, de los más pobres de la tierra… a cambio de nada…
El amor de Jaume hacia estos seres humanos es absolutamente incondicional… y esa es la auténtica esencia del bien.
E o libro chegou á biblioteca, e foi recomendado neste mesmo blogue cando se falou da India, e entre as súas páxinas deixounos descubrir ao fotógrafo Olivier Follmi.
Se queredes compartir connosco as fotografías de Olivier Follmi, o fotógrafo da Humanidade, clicade na imaxe.
Etiquetas:
Exposicións,
Fotografía,
Libros
miércoles, 25 de marzo de 2009
O diario do grumete James

Xaneiro, 1832
Hoxe fixéronme un agasallo. Non parece algo moi sorprendente, pero quen mo deu é un home rico, e eu só son un grumete voluntario de dez anos. O nome do meu benfeitor é Charles Darwin, e é de Shrewsbury, Inglaterra. Vouche contar por que me fixo o agasallo, o caderno en que escribo este diario.
Quen ía dicir que no pedido do Departamento de Galego a Biblos chegaría, cun bocadiño de retraso, este libro de Alan Gibbons, deliciosamente ilustrado por Leo Brown?
Nunca tivestes a curiosidade de ler o diario dalguén?
Que nos poderá engadir James a todo o que aprendimos sobre Darwin no mes de febreiro?
Que curiosidades nos contará desa viaxe do Beagle?
martes, 24 de marzo de 2009
Continente e contido

O seu prezo, que pode chegar aos 400 euros, non se debe a ningún compoñente máxico senón ao seu recipiente. As botellas, en distintas cores e de 750 ml, están adornadas con cristais Swarovski e o seu tapón ten un deseño moi especial.
Pero he aquí que apareció el bidón de plástico. ¡Un milagro! ¡Una revolución!. En primer lugar, es relativamente barato. Pero lo más importante es que ¡es ligero! Como también lo es el que se fabrique en varios tamaños, de modo que incluso un niño muy pequeño puede transportar unos litros de agua.
Pero eso no es todo. El bidón de plástico tiene un número de virtudes ilimitado. Una de las más importantes radica en que sustituye a la persona en una cola.
... los niños acaban llenando sus cubos. Luego, los transportan sobre la cabeza de tal manera que no se pierda ni una gota. Para ello, concentrados y atentos, tienen que caminar intentando mantener el equilibrio de sus menudos cuerpos infantiles.
Al viajar por África, se ven muchas de esas kilométricas y multicolores filas de bidones esperando a que aparezca el agua...."
Vivimos todos no mesmo planeta?
O Día Mundial da Auga celebrouse o pasado luns, 22 de marzo.
Na web de Intermón podemos encontrar unha proposta educativa, con actividades para todas as idades, recursos e enlaces.
Na biblioteca atoparás a Ryszard Kapuscinski en Ébano, Viajes de Heródoto, Encuentro con el Otro e Un día más con vida.
Etiquetas:
Dereitos humanos,
Libros
lunes, 23 de marzo de 2009
Historia de case todo, breve e moi breve

E ti, non tes curiosidade por saber como pasamos da nada ao que agora somos?

Ademais dispós de dúas versións do seu libro: Una breve historia de casi todo, para os maiores e Una muy breve historia de casi todo, con ilustracións para os máis novos.
Non perdas esta oportunidade!
miércoles, 18 de marzo de 2009
Lendo contra o acoso escolar

O acoso escolar ten moitas caras. Coidado!
Ana Alcolea. Montserrat del Amo. Elia Barceló. Lola Beccaria. Martín Casariego. Ana Isabel Conejo. Carlo Frabetti. Espido Freire. Carlos Giménez. Alfredo Gómez Cerdá. Ricardo Gómez. César Mallorquí. Andreu Martín. Gustavo Martín Garzo. Gonzalo Moure. Elena O´Callaghan i Duch. Rosa Regás. Marta Rivera de la Cruz. Care Santos. Jordi Sierra i Fabra. Lorenzo Silva.
21 relatos. 21 acosos. 21 escritores/as en 21 relatos contra o acoso escolar
Sé amable cos chapóns da clase, porque existen moitas posibilidades de que termines traballando para un deles (Bill Gates)
martes, 17 de marzo de 2009
Un cadro, un libro, unha película
Só se pode agardar a desgraza cando un ciego guía outro cego. Esta parábola da Biblia é a que ilustra Brueghel neste cadro. Unha ringleira de cegos, grotescos, ridículos, séguense uns aos outros, cos ollos secos e as cabezas en alto. O primeiro, o xefe, xa caeu no río, mentres o segundo está a piques de seguilo. A cegueira humana á que se refire Brueghel é de natureza moral e non agarda nada bo dos demais. (Artehistoria)

Ensayo sobre la ceguera (1995)
Un home parado ante un semáforo en vermello queda cego de súpeto. É o primeiro caso dunha "cegueira branca" que se expande de xeito fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de máis primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.
José Saramago obríganos a parar, pechar os ollos e ver. Recuperar a lucidez e rescatar o afecto son dúas propostas fundamentais dunha novela que é, tamén, unha reflexión sobre a ética do amor e a solidariedade.
Dirixida por Fernando Meirelles (El jardinero fiel) e baseada no libro Ensayo sobre la ceguera.
A rodaxe comenzou en xullo de 2007. Fieis ao desexo de Saramago de que a película, igual que a novela, estivese ambientada nunha cidade non identificada que achegue unha universalidade atemporal, foi rodada en tres países diferentes, sen que sexan identificables. A meirande parte dos exteriores do principio foron rodados en São Paulo, a cidade natal de Meirelles. A parte central da película, ambientada no psiquiátrico convertido en campo de corentena, rodouse no antigo cárcere de Guelph (Canadá); e o clímax, que se desenvolve na paisaxe arrasada dunha metrópole dominada polo caos, foi rodado en São Paulo e Montevideo. (Zinema)
Etiquetas:
Cine,
Cine e literatura,
Libros,
Pintura
lunes, 16 de marzo de 2009
sábado, 14 de marzo de 2009
Mulleres e Arte
E para rematar esta semana dedicada á muller propoñémosvos este precioso vídeo que recolle imaxes de retratos de muller ao longo da Historia da Arte.
Gozádeo!
viernes, 13 de marzo de 2009
Mulleres e música.
Velaquí algunha das voces femeninas que atoparedes na discoteca da nosa biblioteca.
jueves, 12 de marzo de 2009
Mulleres e Cine



miércoles, 11 de marzo de 2009
Emma, Luisa e mais Ana, tres adúlteras na nosa biblioteca

Madame Bovary, protagonizada por Emma e recibida con gran polémica, considerouse un atentado contra a moral e o seu autor, Gustave Flaubert, foi procesado.
Ao cabo duns anos (1875) en Lisboa, Luisa, unha muller casada vítima da ociosidade, namórase do cínico e perverso Basilio. O autor desta historia é o portugués Eça de Queirós e o título da novela, El primo Basilio.
Ao cabo duns anos (1875) en Lisboa, Luisa, unha muller casada vítima da ociosidade, namórase do cínico e perverso Basilio. O autor desta historia é o portugués Eça de Queirós e o título da novela, El primo Basilio.
La Regenta, de Leopoldo Alas "Clarín", é a novela de adulterio española. Publícase en 1884 e é tal o escándalo, sobre todo en Oviedo que é onde sucede a acción, que a novela só pode ser publicada en Barcelona. A súa protagonista, Ana, unha muller fustrada, sofre o acoso dun clérigo e un conquistador.
Tres mulleres: Emma, Luisa e Ana. Tres historias.
martes, 10 de marzo de 2009
Rosalía no Día da muller traballadora
Este domingo 8 de marzo foi o Día Internacional da muller, e o día 24 de febreiro foi o Día de Rosalía. Pareceunos moi oportuno integrar as dúas datas polo que teñen de común: a nosa escritora foi pioneira na loita da muller, unha rebelde ante unha inxusta e abafante realidade, unha transgresora que se valeu da ironía nuns casos, ou da palabra directa noutros, para denunciar a situación que tiña que sufrir como muller.
Foi muller, e escritora, e como ela ben dixo en Las Literatas, non era doado, e como moitas outras mulleres, ergueu bandeiras nunha loita que continúa.
Por cuarto ano consecutivo tivemos, na biblioteca, a ocasión de escoitar a biografía da nosa autora. Desta volta, foron catro as voces, catro Rosalías, catro mulleres representando a unha e a todas.
Textos (que atoparedes no boletín confeccionado por Dores Cao) nas voces de: Amanda González (Rosalía nena-moza), Belén Rojas (Rosalía xove) Estefanía Ferreiro Alejandro Cortés Rocío García Pablo Aguiar Paula López Jessica Maroño Triana Martín Alba Míguez Alejandro Rodríguez Naveira Desirée Rodríguez Alejandro Rodríguez Trujillo Ada Meritxell Álvarez Noelia Diéguez Yuli Andrea González Nerea Maroño Sonia Martínez Estela Moscoso Violeta Rivas Alba Ríos Brais Vázquez
Acto organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración coa biblioteca.
Foi muller, e escritora, e como ela ben dixo en Las Literatas, non era doado, e como moitas outras mulleres, ergueu bandeiras nunha loita que continúa.
Por cuarto ano consecutivo tivemos, na biblioteca, a ocasión de escoitar a biografía da nosa autora. Desta volta, foron catro as voces, catro Rosalías, catro mulleres representando a unha e a todas.
Textos (que atoparedes no boletín confeccionado por Dores Cao) nas voces de: Amanda González (Rosalía nena-moza), Belén Rojas (Rosalía xove) Estefanía Ferreiro Alejandro Cortés Rocío García Pablo Aguiar Paula López Jessica Maroño Triana Martín Alba Míguez Alejandro Rodríguez Naveira Desirée Rodríguez Alejandro Rodríguez Trujillo Ada Meritxell Álvarez Noelia Diéguez Yuli Andrea González Nerea Maroño Sonia Martínez Estela Moscoso Violeta Rivas Alba Ríos Brais Vázquez
Acto organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración coa biblioteca.
Etiquetas:
Días especiais,
Lingua e Literatura Galega,
Mulleres
lunes, 9 de marzo de 2009
A muller innovadora na ciencia
Con ela quérese demostrar que non é verdade que non existisen mulleres dedicadas á ciencia senón que ficaron ocultas. Por iso, preténdese reescribir a historia cun ollar novo para rescatalas do esquecemento e ver que a contribución feminina no ámbito científico-tecnolóxico foi importante.
Na biblioteca tés a túa disposición unha guía para facilitar o seu percorrido.
Para sacar á luz a ocultación da que foron obxecto as mulleres matemáticas
Para poñer de relevo os logros científicos no seu contexto histórico
Para estimular vocacións entre as rapazas
Porque a coeducación é labor de todas e todos
Etiquetas:
Astronomía,
Ciencia,
Exposicións,
Matemáticas,
Mulleres
domingo, 8 de marzo de 2009
Viñetas reivindicativas
Debuxos de Diana Raznovich para a exposición Non ten nome! , iniciativa, entre outras, da campaña Linguaxe para a Igualdade na Comunicación da Universidade de Alicante
Campaña que ten como obxectivo favorecer o uso da linguaxe non sexista para lograr unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, acorde coa realidade que vivimos.
Campaña que ten como obxectivo favorecer o uso da linguaxe non sexista para lograr unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, acorde coa realidade que vivimos.
Etiquetas:
Días especiais,
Mulleres,
Plástica
sábado, 7 de marzo de 2009
As presas do franquismo

Mulleres que xogaron un importante papel nuns anos decisivos na historia de España.
Mulleres recluídas na prisión de Las Ventas que, construída para 400 mulleres, chegou a ter a 4.500 presas vivindo nas peores condicións.
En palabras da súa autora, Dulce Chacón:

"La mujer perdió dos veces. Perdió la guerra civil y perdió los derechos civiles que había logrado durante la República. En el primer caso, perdieron las mujeres republicanas, en el segundo, las dos, tanto republicanas como nacionales, porque fueron relegadas al ámbito doméstico. Hubo un organismo oficial que se llamaba la Sección Femenina, y que ensañaba a la mujer a ser ama de casa, descanso del guerrero y ángel del hogar.Esa pérdida la hemos arrastrado hasta hoy. La mujer tiene que mostrar su valía doblemente en cualquier campo, porque nuestra sociedad, la sociedad española, sigue siendo muy machista."
Etiquetas:
Dereitos humanos,
Historia,
Libros,
Mulleres
viernes, 6 de marzo de 2009
Pippi Calzaslargas

Vive en Suecia, e comparte a súa casa unicamente coas súas mascotas: un cabalo de lunares chamado "Pequeno tío" e un mono tití, o "Señor Nillson".
Pippi non é unha moza corrente: é independente economicamente, sabe navegar por todos os mares do mundo e ten tanta forza que é capaz de levantar un cabalo. Ademais, Pippi, sempre está ao carón dos máis febles.
Pippi, que te agarda no andeil da biblioteca para contarche as súas aventuras, é unha personaxe creada pola escritora Astrid Lindgren.
miércoles, 4 de marzo de 2009
El Jardín de las Delicias
Silvia e Katya, alumnas de 2º de Bacharelato de Humanidades, fannos unha nova entrega do que van aprendendo na súa clase de Arte utilizando como ferramenta o Google Earth.
Hieronymus van Aeken naceu en Hertogenbosch, cidade holandesa á que lle debe o seu sobrenome, O Bosco. A súa obra, que gozou de gran difusión mesmo en vida do pintor, foi admirada polo propio Filipe o Fermoso quen, coa súa irmá Margarida, se converteu nun dos seus principais clientes. Se queres saber máis do autor, deberás ir aquí.
Este cadro data do século XVI. A técnica utilizada polo pintor foi o óleo, técnica que permite retocar as figuras e acadar a máxima perfección. O cadro divídese en tres partes, o que se chama tríptico. A parte esquerda do cadro trata sobre a creación de Eva, a parte central é o propio xardín das delicias e a parte dereita é o inferno.
Na parte esquerda predominan as cores verde e amarelo, que suxiren pureza e renovación. Se o comezamos a analizar dende abaixo o primeiro que atopamos é ... Ler máis
Etiquetas:
O alumnado fala de Arte
martes, 3 de marzo de 2009
Vals con Bashir, a Historia debuxada

"Ari Folman estremece con la pesadilla de Sabra y Chatila" (Público)
"As últimas e conmovedoras imaxes catapultan a animación ao drama real, arrincándolle bágoas ao espectador" ( Elle)
"Unha decisión artística que permite que os pesadelos dos exsoldados sexan aínda máis aterradores, ademais de achegar unha dimensión apocalíptica e surrealista a esta película orixinal, universal e turbadora" ( Le journal du Dimanche)
Vals con Bashir é un documental que recolle testemuños e sucesos reais sobre a matanza indiscriminada en Sabra y Chatila (1982) coa particularidade de utilizar a animación para presentalos.

Persépolis que nos achega á revolución iraní a través dos ollos de Marjane Satrapi

Vals con Bashir: Nominada a mellor película en fala non inglesa
Etiquetas:
Animación,
Cine e literatura,
Historia,
Oscars 2009
lunes, 2 de marzo de 2009
Wall-E

Esta é a trama de Wall-E, película animada de ciencia ficción, que atoparás nos andeis de Dvds da biblioteca.
Gustache a ciencia ficción?, entón achégate ata a narrativa e alí atoparás "o mellorciño" deste xénero:
Crónicas marcianas de Ray Bradbury
La guerra de los mundos de H.G. Wells
Robots e Imperio de Isaac Asimov
Veinte mil leguas de viaje submarino / Vinte mil leguas baixo dos mares de Jules Verne
Wall-E: Mellor película de animación
Etiquetas:
Animación,
Ciencia ficción,
Cine e literatura,
Oscars 2009
domingo, 1 de marzo de 2009
Como non foi xenial, non tivo inimigos (Oscar Wilde)

No film, onde Sean Penn fai o papel de Milk, vemos o cambio dun home que pasa de estar “agochado no armario” a un home que reivindica, apoia, loita e defende o dereito das persoas a elexir a súa propia sexualidade sen que isto poida mermar o respecto do resto da sociedade.
Na biblioteca atoparemos as historias, reais ou ficiticias, de homes e mulleres que loitaron pola defensa dos dereitos humanos e libros que na súa temática tratan situacións onde eses mesmos dereitos son transgredidos, pero tamén atoparemos a Oscar Wilde, escritor irlándes que sufriu cadea durante dous anos ao ser denunciado por ter relacións con outro home.
Entre os libros da nosa biblioteca escritos por Wilde destacamos dous directamente relacionados coa súa experiencia na prisión, da que saíu arruinado material e espiritualmente: De profundis, carta escrita pouco antes de sair do cárcere e dirixida ao seu íntimo amigo, e A balada do cárcere de Reading, poema onde describe os seus sentimentos sobre o mundo carcerario.
Mi nombre es Harvey Milk (Milk): Mellor actor
Etiquetas:
Cine e literatura,
Dereitos humanos,
Oscars 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)