lunes, 1 de marzo de 2010
El ladrón del rayo
jueves, 25 de febrero de 2010
martes, 23 de febrero de 2010
Hmmm!
A cociña de Larpeiros deu o pistoletazo de saída; as 150 receitas do popular cociñeiro e o seu percorrido pola cociña tradicional galega é un dos libros máis demandados polas familias do noso alumnado e, como o boca a boca, nunca mellor dito, é a mellor publicidade, a pregunta que comezou a rular foi: tedes libros de cociña?
Logo chegou Una cocina tan grande como el mundo coa que temos a oportunidade de darlle a volta ao mundo, descubrindo países e culturas a través de 60 receitas, todas cunha preparación tan sinxela que non é preciso ser un expert@ entre os fogóns.
Pero a pregunta seguiu sendo a mesma, só que trocou o matiz : tedes máis libros de cociña?
E por iso agora decidimos ampliar a oferta con dous títulos que nos amosan como cociñar de máis de 100 xeitos diferentes dous alimentos moi cotidiáns na nosa dieta: as patacas e a pasta. Apetece, non si? Pois xa sabedes: dicídeo nas vosas casas e achegádevos á biblioteca para levalos en préstamo: Patatas, más de 100 irresistibles recetas e Buen provecho, pasta.
lunes, 22 de febrero de 2010
Agora ímonos a Rusia
Con O neno do pixama de raias teriamos que facernos a mesma pregunta que no seu día nos fixemos coa saga Crepúsculo: hai alguén no instituto que aínda non o lese? viernes, 19 de febrero de 2010
A biblioteca de Andrea
Andrea é toda unha especialista na II Guerra Mundial. Encántalle este tema e cando imos de compras e vemos algún libro sobre este acontecemento, sempre pensamos nela.
Por todo isto é normal que na súa biblioteca aparezan títulos como: Paradero desconocido, Reencuentro, La ladrona de libros, El diario de Ana Frank, Cuando Hitler robó el conejo rosa, Maus, Una vez, Entonces e El niño con el pijama de rayas.
Tamén quixo poñer nos seus andeis películas da mesma temática. Para ela as imprescindibles son: El gran dictador, La vida es bella e El pianista.
Se tamén sodes "adict@s" a este tema, xa sabedes: atoparedes estes libros e películas na biblioteca.
martes, 16 de febrero de 2010
Un Entroido de corazón
jueves, 11 de febrero de 2010
Unha historia de amor
Dito e feito. Aquí o tedes:
martes, 9 de febrero de 2010
Premios Edublogs 2010

Este blogue, que é un pouco de todas e todos aqueles que facemos da biblioteca do instituto un lugar especial, preséntase aos Premios Edublogs 2010.
lunes, 8 de febrero de 2010
viernes, 5 de febrero de 2010
Amor polos libros
martes, 2 de febrero de 2010
Jan estivo alí
O libro, escrito por Xosé Neira Cruz, complétase cunha pequena información sobre o cadro así como doutras pinturas das que o debuxante, David Soler, botou man para ilustrar o libro.
domingo, 31 de enero de 2010
A biblioteca de Borja
Pero, ollo!, nunca di que non a calquera proposta de colaboración: deixa o libro na mesa e aí o tes disposto a montar unha exposición de libros, facer un artigo para o blogue recomendando lecturas, ou axudar na decoración da biblioteca.
Como podedes comprobar na súas preferencias están a fantasía e as sagas. Algúns dos libros tomounos en préstamo da biblioteca (As leyendas de Otori, Alas negras e Alas de fuego, El nombre del viento, Corazón de tinta, Sangre de tinta e Muerte de tinta), pero outros son adquisicións propias como Las crónicas de Dragonlance ( El retorno de los dragones, La tumba de Huma e La reina de la oscuridad).
Outra vez, grazas Borja pola túa colaboración e ás túas propostas de lectura. De seguro que @s amantes deste tipo de literatura darán boa conta delas, sobre todo se ven o entusiasmo con que as les.
miércoles, 27 de enero de 2010
A orde de factores si altera o produto
O venres estréase a película Invictus dirixida por Clint Eastwood e baseada no libro El factor humano de John Carlin.lunes, 25 de enero de 2010
Nanas de la cebolla

Unha das celebracións deste ano será o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández polo que pode ser un bo momento para lembrar a súa vida, coñecer os seus poemas ou rebuscar parte da súa obra na biblioteca.
Hai uns anos, Joan Manuel Serrat tivo o acerto de poñerlle música:
viernes, 22 de enero de 2010
Unha crónica moi esperada
Contámosvos: o venres 15 de xaneiro de 2010 celebrouse na E.T.S. de Náutica da Coruña o torneo de debate FALAMOS convocado pola Concellalía de Normalización Lingüística e organizado pola AS-PG. O tema de debate foi: O GALEGO, UN DEREITO OU UNHA OBRIGA?, e nel participamos oito equipos de distintos Institutos da comarca da Coruña. Os debates foron sucedéndose ao longo do día, desde as 8.45 da mañá en que confrontamos ideas o equipo do noso centro, As Mariñas de Betanzos e o Zalaeta de Coruña. Os 8 equipos estabamos organizados en dous grupos e o mellor de cada un deles disputaba a final, que foi entre o noso e o Monte das Moas, gañando finalmente o certame AS MARIÑAS de Betanzos. O equipo está integrado por Cristina González, Samuel Ois, Sergio Fernández, Sonia Martínez e Dores Cao (a capitá), e premiáronos nada menos que cunha viaxe a Lisboa e tamén unha colección de libros de Biblos . O equipo finalista levou cadanseu MP4 e os lotes de libros. Ademais a nosa Sonia Martínez Rilo obtivo o 2º premio á mellor oradora (un MP4 e un lote de libros). Imos recordar algúns dos argumentos que alí expuxemos a respecto deste tema tan de actualidade e que nos preocupa especialmente:
“Meus pais ensináronme unha lingua: o galego. Foron eles os que me agarimaron en galego e pouco a pouco dende a miña gorxa saían palabras que compoñían frases e que ao final serán todas esas frases o compoñente e legado que deixarei aos que veñan despois de min. Polo tanto, tamén teño a obriga de honrar a esas persoas que co galego legáronme un dos patrimonios máis importantes que ten un individuo: O IDIOMA, por iso, grazas, e estarei para sempre obrigado con vós.”
“Nós non estamos dispostos a renunciar a eses dereitos que, por desgraza, moito tempo levou conseguir. Alá cada un coas súas incompetencias, complexos e irresponsabilidades. Pero nós temos moi clara unha cous:, somos galegos, falamos galego e defenderemos o dereito a utilizar o noso idioma porque, en realidade, estamos a defender os nosos dereitos como cidadáns e ao mesmo tempo o máximo patrimonio colectivo que temos. E a iso, non renunciaremos xamais”.
E xa para finalizar esta fermosa aventura, o equipo das Mariñas queremos agradecer aos que fixeron posible este certame, así como o do pasado ano e como non as dúas Ligas Galegas de Debate, porque todos eles foron experiencias formativas, vivencias que completaron as mochilas invisibles da nosa aprendizaxe e as nosas vivencias. Tamén lembramos con moito agarimo aos que formaron parte do equipo en anteriores edicións: a Adrián Fernández, a Mónica Loureiro e a Adriana Yáñez, así como a todas as persoas que dunha ou doutra maneira nos axudastes, como sodes moitas non imos citarvos, sobre todo porque se nos pode esquecer algún nome, pero grazas pola axuda. Con todo temos que citar uns nomes que foron decisivos, sen eles non tería sido o mesmo; con moito agarimo e gratitude o agradecemento máis especial a Xurxo Fernández, a Iolanda Méndez, a Francisco Bran, anterior director das Mariñas, e a Miguel Vilela, o noso prezado director.
martes, 19 de enero de 2010
Todo por una chica
Sam está a punto de cumplir los dieciséis años y su pasión es el skate. Vive en el norte de Londres con su madre, una joven divorciada. A pesar de los temores de la adolescencia, a Sam las cosas no le van del todo mal. Ha superado el período de la separación de sus padres y los problemas con las odiadas matemáticas. Y ha conocido a Alicia, se han enamorado, y están en los eufóricos días del primer amor y de la primera vez. Pero, a pesar de tanta excitación, el chico no se siente muy optimista. En su familia siempre tropezaron con el primer peldaño, y a veces ni siquiera encontraron la escalera, entre los suyos parece haber un gen que les impide cumplir los sueños de ascender en la escala social. Y Sam se enterará de lo que todo el mundo sabe, que lo que más secretamente tememos siempre sucede. O sea que tendrá que vérselas con una iniciación a la vida muy movida. Y unos cuantos peldaños con los que tropezar...Nick Hornby lo ha vuelto a hacer. Ha escrito una novela sólida, irónica y divertida, muy urbana, en la que los lugares nos suenan y los diálogos entre los adolescentes suenan frescos y nada impostados: una novela de adolescentes que todos debemos leer. (El placer de la lectura)
La última novela de Nick Hornby, Todo por una chica, representa la pura realidad: lo que le pasa al protagonista podría pasarle a cualquier adolescente; de ahí surge parte del gran éxito que está teniendo esta novela.
Me pregunté al acabarlo por qué este libro estaba gustando tanto a jóvenes y a adultos por igual, y me di cuenta de que es así porque Nick retrata muy bien a los adolescentes y estos se sienten totalmente identificados, no sólo con sus personajes jóvenes, sino con la relación paterno-filial, con las descripciones que hace sobre el amor y el deseo y con la amistad. (Dosdoce)
lunes, 18 de enero de 2010
As Mariñas faise co torneo Falamos
Que non os recoñecedes? Clicade na foto e veredes as súas caras e os seus nomes.
O equipo prometeunos unha crónica detallada para estes días. Esperamos por ela.

