martes, 23 de febrero de 2010

Hmmm!

A cociña de Larpeiros deu o pistoletazo de saída; as 150 receitas do popular cociñeiro e o seu percorrido pola cociña tradicional galega é un dos libros máis demandados polas familias do noso alumnado e, como o boca a boca, nunca mellor dito, é a mellor publicidade, a pregunta que comezou a rular foi: tedes libros de cociña?

Logo chegou Una cocina tan grande como el mundo coa que temos a oportunidade de darlle a volta ao mundo, descubrindo países e culturas a través de 60 receitas, todas cunha preparación tan sinxela que non é preciso ser un expert@ entre os fogóns.

Pero a pregunta seguiu sendo a mesma, só que trocou o matiz : tedes máis libros de cociña?

E por iso agora decidimos ampliar a oferta con dous títulos que nos amosan como cociñar de máis de 100 xeitos diferentes dous alimentos moi cotidiáns na nosa dieta: as patacas e a pasta. Apetece, non si? Pois xa sabedes: dicídeo nas vosas casas e achegádevos á biblioteca para levalos en préstamo: Patatas, más de 100 irresistibles recetas e Buen provecho, pasta.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails