martes, 2 de febrero de 2010

Jan estivo alí


Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo deste cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia.

O libro, escrito por Xosé Neira Cruz, complétase cunha pequena información sobre o cadro así como doutras pinturas das que o debuxante, David Soler, botou man para ilustrar o libro.

1 comentario:

Ronsel dijo...

é un libro precioso. Dá gusto que se fagan cousas así na nosa literatura:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2010/01/jan-estivo-ali.html
Saúdos

Related Posts with Thumbnails