Con O neno do pixama de raias teriamos que facernos a mesma pregunta que no seu día nos fixemos coa saga Crepúsculo: hai alguén no instituto que aínda non o lese?
E é que John Boyne conseguiu, con esta novela, que moitos adolescentes se achegasen e opinasen sobre un feito histórico como o nazismo a través dun libro que, ademais, entusiasmoulles.
Agora, Boyne, repite a xogada con La casa del propósito especial, unha obra que se adentra na revolución bolxevique e na execución da familia Romanov.
O protagonista, Georgie Danilovich, conta a súa vida desde que, cando con dezaseis anos, abandona a súa pequena aldea para formar parte da garda persoal de Alexis Romanov, o único fillo varón do zar Nicolás II; ata que, na súa vellez, está ao coidado da súa muller, Zoya, enferma nun hospital de Londres.
Pero Georgie e Zoya gardan un segredo, un segredo que non están dispostos a revelar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario