sábado, 31 de enero de 2009

II Liga Galega de Debate

Estes días algún de vós tivo a sorte de escoitar, aínda que só fose en ensaio, o equipo que o noso instituto presenta para participar neste segundo ano de liga que se está a celebrar en Santigo de Compostela durante a fin de semana.

O tema da primeira volta de eliminatorias foi: "Axuda ao desenvolvemento: o peixe ou a cana?"
Pois ben, hoxe tocoulles aos nosos demostrar a súa boa oratoria en tres debates e, dos tres, saíron gañadores os capitaneados por Dores.

Entre o público estaban para animalos algúns dos seus compañeiros, familiares, Miguel, o director do noso centro e, como non, unha representación desta biblioteca que desde hai uns días para aquí recibía a visita máis que habitual de Cristina, Sonia, Adrián e Samuel na procura de información e material que lles puidese axudar na defensa das dúas posturas do tema.

Sorte para mañá, a eses máis de corenta equipos de institutos de toda Galiza que estades en Compostela.

E sortiña en especial para o noso, e mais para o equipo do IES Vilar Ponte de Viveiro, a quen lle temos un especial cariño.

viernes, 30 de enero de 2009

jueves, 29 de enero de 2009

De moitas cores


"Benvid@ ao noso museo! Aquí poderás coñecer os grandes xenios da pintura universal e facer moitas actividades sobre o mundo da arte"

Para os que saben de pintura e para os que non.
Para as que lle gusta pintar e para as que non.
Para os que gozan visitando museos e para os que non.
Para as que teñen un tempiño libre e para as que non.

Para tod@s. Entrade na páxina clicando na imaxe e veredes un mundo de cores.

martes, 27 de enero de 2009

As alumnas de Arte fan de guías do Museo del Prado

Desde hai uns días Google Earth dános a oportunidade de contemplar polo miúdo 14 obras mestras do Museo del Prado.

Emilia, profesora de Historia da Arte que xa está empregando para as súas clases o programa, animou as súas alumnas para que publiquen neste blogue os traballos que fan sobre os cadros que aquí vedes.

Queredes lelos? Moi sinxelo: Picade aquí

Agradecémoslles a todas elas que nos fagan de guías do museo para poder así coñecelo máis a fondo .

Se queredes ver os cadros a través do Google Earth tedes que ter descargado o programa.

domingo, 25 de enero de 2009

Érase unha vez unha nena que quería ir á escola…

Esa nena chámase Baktay e vive baixo a estatua de Buda que destruíron os talibáns. Entre as dificultades que se vai atopar Baktay para poder conseguir o seu obxectivo está a de enfrontarse a nenos da súa mesma idade que, afeitos á guerra, xogan a ela.

Nesta semana que celebraremos o Día da Paz e a Non Violencia, Buda explotó por vergüenza é unha boa proposta para reflexionarmos, entre outras moitas cousas, sobre as consecuencias que calquera acto de violencia ten sobre os máis vulnerables.

Máis cine en A nosa carteleira

lunes, 19 de enero de 2009

Matrimonio sen home

O libro "Elisa e Marcela" escrito por Narciso de Gabriel reconstrúe a historia do primeiro matrimonio homosexual que se celebrou en España.

O curioso do feito é que esta voda data do ano 1901 e que tivo lugar moi preto de nós, na igrexa de San Xurxo da Coruña.

Elisa e Marcela, mestras na escola de Dumbría, coñecíanse desde había tempo xa que as dúas estudaran na Escola Normal da Coruña. Elisa adoptou a aparencia dun home e fixose chamar Mario e, desa guisa, presentouse na igrexia onde convenceu o cura da súa nova identitade.

Cando xa en Dumbría se descubriu o engano, tiveron que fuxir primeiro a Portugal e despois á Arxentina.

Narciso de Gabriel cóntanos a historia polo miúdo na primeira parte do libro, así como a repercusión pública do caso. Na segunda parte fai una lectura da aventura de Elisa e Marcela desde o hermafroditismo, o lesbianismo, o travestismo e o feminismo.

Elisa e Marcela. Alén dos homes, xa na biblioteca.

viernes, 16 de enero de 2009

Once upon a time...!

Érase unha vez unha muller chamada Charo Pita e un home chamado Tim Bowley que chegaron á biblioteca do IES As Mariñas. A muller falaba galego e o home falaba en inglés.

Charo e Tim agardaron polos alumnos e alumnas e empezaron a contarlles, en perfecta compenetración de idomas e de movementos, a historia do home que buscaba a súa sorte, a da muller esquelete, a da moza que debía escoller entre os seus tres amantes, a de Barba Azul, reveláronlles "What the woman desire the most of all", e deixáronos coa intriga de se matar unha lagartixa ou non.

Pasados as dúas sesións, Charo e Tim cativaron non só os rapaces e rapazas, involucrándoos nas súas historias (eran os corvos que respostaban); non só engaiolaron o profesorado que alí había, senón tamén algunha nai que fora por un libro e que os quixo escoitar, pois sabía da súa sona como contacontos.

E desde ese día, narracións orais nas dúas linguas ficaron no recordo do noso alumnado.

E desde ese día, a biblioteca ficou prendada da arte destes contacontos / storytellers.

Agradecémoslles aos departamentos de Inglés e de Lingua Galega que nos fixesen partícipes desta actividade.

miércoles, 14 de enero de 2009

Boa nota para a biblioteca na 1ª Avaliación

Como toda empresa que se precie, a biblioteca quere renderlles contas aos seus socios e socias, xente amiga dos libros, do bo cine e da mellor música.

Se o final do curso pasado resultou moi satisfactorio ver os datos dos préstamos da biblioteca e o seu continuo medre ano tras ano, o primeiro trimestre deste curso non se queda, nin moito menos, atrás. É máis, supéraos !

E , como ao fin e o cabo sodes vós os responsables deste trafego, aí vos queda o balance trimestral:

As cifras non enganan: 1.416 préstamos!

Tamén vos podedes preguntar, e que libros foron os máis lidos? Velaí a resposta:


BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

O Universo aberto


  • Aristóteles, no século IV antes de Cristo, consideraba o universo como unha esfera pechada, na cal, as estrelas eran o lume que ardía fóra.


  • No século II despois de Cristo, Claudio Tolomeo, nacido en Alexandría, descubre o Sistema Solar e a súa rotación; presentandonos un universo dinámico e máis amplo que o de Aristóteles.


  • Quince séculos máis tarde, Giordano Bruno xa fala dun universo aberto, sen uns límites coñecidos, unha tese que lle supuxo morrer no lume da Inquisición.


  • No século XX Edwin Hubble descubre un universo en expansión. Hubble observa que as galaxias teñen un corremento cara ao vermello no espectro electromagnético, o que supón que esas galaxias se están alonxando entre si. A teoría de Hubble, cos últimos datos coñecidos, cifra o diámetro do universo "coñecido" en 15.000 millóns de anos luz.

O telescopio Hubble móstranos, hoxe en día, as marabillas dun universo infinito que podes contemplar nas páxinas:




Manuel Mira é profesor de filosofía neste centro e grande afeccionado á Astronomía.

lunes, 12 de enero de 2009

El lector


A actriz británica Kate Winslet recibiu onte un Globo de Ouro polo seu papel na película "El lector".


O filme dirixido por Stephen Daldry ,que xa dirixiu películas como Billy Elliot ou Las horas, está baseado na novela do mesmo título escrita polo alemán Bernhard Schlink.


Desde este blogue queremos animarvos, como xa fixemos fai uns meses, a ler esta historia de amor e contradicións, mentres esperamos o estreo da película para o próximo mes de febreiro.


domingo, 11 de enero de 2009

Para non deixar de ler

“Los hombres que no amaban a las mujeres” e La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina” son dúas das novidades deste mes na biblioteca. Os dous libros, escritos polo sueco Stieg Larsson, forman parte da triloxía Milennium, aínda que teremos que esperar uns meses para ler o terceiro xa que non se editará en España ata o próximo mes de xuño.

Stieg Larsson, activista e defensor dos dereitos humanos, non puido gozar do grande éxito que os seus libros están tendo xa que faleceu dun ataque cardíaco días antes da publicación da primeira entrega.


E falando de Suecia, de novela negra e de dereitos humanos, non podemos deixar de facer referencia a Henning Mankell, tamén na nosa biblioteca.


Se as intrigas nas que se ven envoltos o xornalista Michael Blomkvist e a inadaptada Lisbeth Salander nos impiden deixar de lado o libro, o mesmo ocorre cos asasinatos que ten que resolver o inspector Kurt Wallander.

sábado, 10 de enero de 2009

AIA-IYA2009

Como xa saberedes moitos de vós, o 2009 declarouse Ano Internacional da Astronomía. Cadra, deste xeito, co 400 aniversario das primeiras observacións astronómicas que Galileo Galilei realizou a través dun telescopio.

Este ano, pois, falaremos de estrelas, de galaxias, de cometas, de satélites, de planetas,… e de todo o Universo.

Para poñernos ao día, nada mellor que buscar no andel de Astronomía (52) da biblioteca ou visitar os seguintes enderezos:

O Universo para que o descubras

Explora o Universo!

Xogos astronómicos para nenos e nenas

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Eu para Nadal pido...

Aínda non mercastes os agasallos?
Anotastes xa na listaxe dese libro que vos interesaba?
Non sabedes moi ben que libro pedir?
Se queredes unha axuda, preguntádelles aos vosos pais, de seguro que eles vos botarán unha man á hora de elixir algún título interesante.


Ademais, xa tedes na vosa casa o boletín de recomendacións desta biblioteca.
Como? Que aínda non vos chegou? Que non sabedes onde se meteu? Non hai problema! Clica aquí e, ademais dun agasallo para ti, atoparás algo para os teus.

Boas lecturas de Nadal!

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Non quedou outra!



Ante a listaxe de espera que se estaba formando para poder levar á casa este libro, a biblioteca decidiu aumentar o número de exemplares de Crepúsculo.


Descoñecemos se o que funcionou foi o boca a boca, a estrea da película (o pasado día 5) ou ambas as cousas á vez. Pero o que é ben certo é que o libro engancha, e se non, que llo pregunten a todas e todos aqueles que xa o leron.


Avisados quedades: 4 novos exemplares de Crepúsculo á vosa disposición na biblioteca.

martes, 9 de diciembre de 2008

Xogando cos libros


Ler ten premio é unha iniciativa promovida por CEDRO, o Plan de Fomento da Lectura, o Servizo de Orientación á Lectura e a Federación de Gremios de Editores de España, unha proposta máis para incentivar a lectura: un xogo online sobre literatura.
Hai que situar 20 personaxes que fuxiron dos seus libros a través das pistas que proporcionan. A primeira tarefa é deter o personaxe que corre e se agocha entre os libros; cantas máis pistas, menos puntos; os personaxes secundarios dan máis puntos cós protagonistas.
Poderedes xogar durante todo o mes de decembro.

Os premios son:

: Un smartphone modelo HTC ou similar.
y : Un GPS G350, deseño slim, con pantalla táctil e navegación por voz.
al 10º: Un marco dixital modelo Vision Middle, con pantalla TFT LCD de 5,6 pulgadas.

Premede na imaxe e... a xogar!!!

Facilitounos esta información Trafegando ronseis

lunes, 1 de diciembre de 2008

1 de Decembro: Loita contra a SIDA

Ravi, o protagonista de "El secreto mejor guardado" é un dos 14 millóns de menores no mundo que son orfos a causa da SIDA.

A curtametraxe forma parte do documental "En el mundo a cada rato" onde 5 directores a través de 5 historias denuncian a falta de dereitos básicos de nenos e nenas en distintas partes do mundo.


jueves, 27 de noviembre de 2008

A natureza en imaxes

Yann Arthus-Bertrand é un fotógrafo francés famoso polas súas fotografías aéreas da Terra. Un dos seus traballos máis coñecido é "A terra vista desde o ceo" con fotos dos cinco continentes.


Ten publicados máis de 60 libros con fotos tomadas desde helicópteros e globos aerostáticos. Algúns deles telos á túa disposición na biblioteca e con eles gozarás coas súas imaxes mentres te achegas á natureza.

La Tierra vista desde el cielo

El futuro de la tierra

La tierra explicada a los niños

martes, 25 de noviembre de 2008

As crónicas de Narnia

"Las crónicas de Narnia" é unha saga de libros xuvenís escrita por C.S.Lewis entre os anos 1949 e 1954. Narnia é unha terra de fantasía e maxia onde hai animais que falan e criaturas mitolóxicas.

Na nosa biblioteca podes atopar os cinco primeiros libros:

  • El sobrino del mago Narnia..., un lugar polo que deambulan bestas parlantes..., onde agarda unha bruxa..., onde un novo mundo está a piques de nacer.

  • El león, la bruja y el armario Narnia..., un mundo conxelado..., unha terra agarda a súa liberación.

  • El caballo y el muchacho Narnia..., un lugar onde os cabalos falan..., onde se maquina unha traición..., onde o destino agarda o seu momento.

  • El príncipe Caspián Narnia..., un lugar onde os animais falan..., onde as árbores andan..., onde se está a piques de librar unha gran batalla.

  • La travesía del caballero del Alba Narnia..., onde un dragón esperta..., onde as estrelas deambulan pola terra..., onde calquera cousa pode suceder.




E despois de lelos, lembra, na nosa carteleira atoparás as dúas películas que se fixeron baseadas nestes libros: "El león, la bruja y el armario" e " El príncipe Caspián".

Non as perdas!

lunes, 24 de noviembre de 2008

Violencia machista

La prisión provincial de Granada tiene un programa de prevención de la violencia contra la mujer que, en mi opinión, es más efectivo que mil campañas: hombres encarcelados por agredir a sus parejas dejan durante unas horas las celdas para narrar a grupos de escolares cómo se convirtieron en verdugos. En esas sesiones los reclusos exorcizan sus demonios. Es una experiencia muy instructiva para el que habla y para el que escucha.

Una de las principales enseñanzas que se extrae de esas charlas es que la semilla del machismo germina pronto. "No me gusta que te pongas esa falda tan corta". "¿De qué hablaste con ese chico durante una hora?". " No te pintes tanto". " No quiero que vayas sola a la discoteca". No, no, no... Es la convivencia de lo negativo. O el negativo de la convivencia. Son frases que pronuncian chavales de quince o dieciséis años, según sondeos realizados entre alumnas de instituto. La llamada violencia de género también se da entre parejas conformadas por menores.

El fenómeno de maltrato no entiende de edades. Según un estudio de la Universidad de Sevilla, el 6 por ciento de las mujeres son agredidas por sus parejas ya en la adolescencia. El problema se da más frecuentemente entre los catorce y dieciséis años, y la mayoría de las chicas - el 70 por ciento - mantiene su amistad con el maltratador. Muchas de las víctimas creen que los abusos de que son objeto son normales.


Tampoco en esos se diferencian de los adultos.

"Mis sentencias ejemplares", Emilio Calatayud ( Xuíz de menores de Granada)

Related Posts with Thumbnails