Se o final do curso pasado resultou moi satisfactorio ver os datos dos préstamos da biblioteca e o seu continuo medre ano tras ano, o primeiro trimestre deste curso non se queda, nin moito menos, atrás. É máis, supéraos !
E , como ao fin e o cabo sodes vós os responsables deste trafego, aí vos queda o balance trimestral:
As cifras non enganan: 1.416 préstamos!
Tamén vos podedes preguntar, e que libros foron os máis lidos? Velaí a resposta:
1 comentario:
Parabéns!! Eses datos veñen demostrar unha vez máis que os rapaces, as rapazas, cando teñen profesores, mediadores que os acompañan polos camiños da lectura, len e len moito... non hai que ver eses números... e eses títulos, que non son calquera cousa, non son "novelitas" que dicía despectivamente un profes que eu sei... O dito, noraboa polo traballo que detrás deses resultados estatísticos.
Publicar un comentario