- Aristóteles, no século IV antes de Cristo, consideraba o universo como unha esfera pechada, na cal, as estrelas eran o lume que ardía fóra.
- No século II despois de Cristo, Claudio Tolomeo, nacido en Alexandría, descubre o Sistema Solar e a súa rotación; presentandonos un universo dinámico e máis amplo que o de Aristóteles.
- Quince séculos máis tarde, Giordano Bruno xa fala dun universo aberto, sen uns límites coñecidos, unha tese que lle supuxo morrer no lume da Inquisición.
- No século XX Edwin Hubble descubre un universo en expansión. Hubble observa que as galaxias teñen un corremento cara ao vermello no espectro electromagnético, o que supón que esas galaxias se están alonxando entre si. A teoría de Hubble, cos últimos datos coñecidos, cifra o diámetro do universo "coñecido" en 15.000 millóns de anos luz.
O telescopio Hubble móstranos, hoxe en día, as marabillas dun universo infinito que podes contemplar nas páxinas:
Manuel Mira é profesor de filosofía neste centro e grande afeccionado á Astronomía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario