Sen dúbida, unha novela que non deixa indiferente, que conmove, emociona e non permite pechala ata acabar a lectura.
Unha confluencia da literatura e a realidade, unha tenra historia dunha humanidade que nos engaiola e nos fai sufrir coa dor dos protagonistas ou soñar con tanto amor como senten.
Unha etapa decisiva na vida de Xulia que a marca para sempre: a droga, o amor, a caracterización dunha época, a abstinencia, a superación, o VIH e a SIDA, a maternidade e o apoio dos amigos; en fin, eses anos vividos por Xulia e os seus que xenerosamente comparte cos lectores.
Grazas Xulia, pola túa valentía, pola túa presenza nas Mariñas e porque despertaches en min a admiración pola túa enerxía.
Dores Cao (profesora de lingua e literatura galega)
1 comentario:
Pareceunos unha historia fantastica :) a visita da autora foi xenial a ver se organizan mais actividades ;)
Sergio e Araceli
Publicar un comentario