Nada de Janne Teller, acábase de publicar en España precedida dunha grande polémica: escrita pola autora para un público adolescente e con varios premios no seu haber, foi prohibida nalgunhas escolas europeas e recomendada noutras.
Pierre Anthon deixa o colexio ao descubrir que a vida non ten sentido. Subido a unha árbore bérralles aos seus compañeiros que nada importa. Estes deciden reunir cousas que teñan significado para demostrarlle a Pierre que está equivocado.
Ata onde pode chegar a "misión" dese grupo de rapaces?
Un libro con moitas lecturas, moitas preguntas, moitas cuestións para debater. Un libro que non deixara indiferente a quen o lea.
1 comentario:
Xa o lin. é completamente estarrecedor, a verdade. Non é un gran libro, deses que dis que "tes que lelos" pero é interesante:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/03/nada.html
Grazas por recomendarmo
Publicar un comentario