Patricia, estudante do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, acaba de descubrir unha saga de cómic que a ten realmente enganchada. Por iso quere recomendarvos o que tanto lle gusta a ela.
Fullmetal alchemist de Hiromu Arakawa ( debuxante e escritor)Trátase dunha serie de cómics manga xaponeses, publicados no mesmo sentido de lectura que nas edicións xaponesas ( lense de dereita a esquerda).
Son dous irmáns que buscan a fórmula para recuperar o que perderon cando eran pequenos. Ao longo de cada libro cóntanse as súas anécdotas e como van aprendendo pouco a pouco os segredos da alquimia.
A min recomendoume empezar a lelo un amigo. Chamoume a atención que se leran ao revés, así comencei a engancharme.
É unha forma e estilo diferentes do que se pode atopar nunha biblioteca, polo que eu recomendo que probedes a lelo: son entretidos.
Patricia Silva Orois
Aínda que estes cómics non forman parte dos fondos da biblioteca, lembrade que tedes unha folla de suxestións de lecturas, e así o mundo de manga depende de vós que estea na nosa biblioteca...
No hay comentarios:
Publicar un comentario