No ano 1998 escribiu o seu primeiro libro autobiográfico, Flor del desierto, onde narra a súa infancia no deserto de Somalia como integrante dunha familia nómada así como o trauma que lle provocou a ablación que lle practicaron sendo unha cativa. Con trece anos, o seu pai decide casala cun home moito maior ca ela, polo que Waris decide fuxir…
En 2001 publica o seu segundo libro, Amanecer en el desierto, continuación do anterior. Convertida xa nunha modelo internacional, volve ao seu país para reencontrarse coa súa familia.Na biblioteca poderás atopar estes dous libros e tamén a película Flor del desierto baseada na novela.
Se queres achegarte máis á problemática sufrida por milleiros de nenas ás que se lles practica a mutilación xenital, tamén tes á túa disposición a película Moolaadé.


No hay comentarios:
Publicar un comentario